ÁRBORES E ARBUSTOS EXTRAORDINARIOS

DO BAIXO MIÑO

 

PRESENTACIÓN

 

RESPONSABLES

DESTA SECCIÓN

 

  AXENTE FORESTAL: José Miguel Escanciano Maricalva
 

AXENTE FORESTAL: Emilio Alonso Gómez

  AXENTE FORESTAL: Ricardo Da Silva Diz
COLABORADORES:  
 

FOTÓGRAFO: Luis Dorado Senra

BOTÁNICO: Xesús Ignacio Fernández Alonso

   

ÍNDICE DAS ÁRBORES

           

 

IR Á PORTADA 

 

IR A  FLORA DO BAIXO MIÑO

 

      Actualizada o 14-07-2013  
         
 

 

Amplíase o equipo que traballa en ANABAM  no inventario das árbores extraordinarias do Baixo Miño pasando dos tres

integrantes que había nun principio a cinco.

 

De esquerda á dereita: Ricardo da Silva Diz; José Miguel Escanciano Maricalva; Luis Dorado Senra (fotógrafo);

Xesús Ignacio Fernández Alonso (Botánico) e Emilio Alonso Gómez.

 
         

 

      Actualizada o 14-04-2012  
         
 

 

      José Miguel Escanciano Maricalva, Emilio Alonso Gómez e Ricardo da Silva Diz, son tres axentes do Servicio Forestal e de Conservación da Natureza que traballan no sur da provincia de Pontevedra e que viven en Tui.

 

    Coñecen, como poucos, o entorno natural da comarca do Baixo Miño, fundamentalmente por razóns de traballo, polo que sería unha mágoa que estes coñecementos non se divulgaran. Interesados dende hai tempo por esas impresionantes árbores das distintas especies que se poden atopar aquí e acolá na comarca, decidiron ir facendo un inventario das mesmas, elixindo a web de ANABAM como ventá para dalas a coñecer, cousa que lles agradecemos.

 

    Na fotografía, de esquerda á dereita: Ricardo, Emilio e Miguel.  

    

   

 

 

      Actualizada o 28-02-2012  
 

 

      Para que esta presentación o sexa en verdade bastará dicir que a varios axentes forestais pareceunos boa idea facer unha especie de catálogo de árbores senlleiras (ou polo menos sobresaíntes) na contorna do Baixo Miño, as nosas razóns poderían ser moitas pero compre resumilas porque o interesante (se chega a selo) será o que veña despois... A primeira e principal motivación que temos é dar a coñecer ao público en xeral valores que ten o entorno do Baixo Miño, que ao noso parecer son ben dignos de salientarse.

     Entendemos que podemos así deixar a nosa pequena pegada homenaxe aos forestais ilustres (como o señor Rafael Areses, a quen haberá ocasión de citar en relación coa súa obra: creación do Viveiro Central Forestal de Areas en 1906, contribución ao coñecemento da flora exótica dos nosos parques e xardíns, a repoboacións diversas etcétera), tamén aos que, como o Bispo Salvado, trouxeron ata aquí sementes de moi lonxe cos motivos que foran, a tantos outros e outras, anónimos,  profesionais ou afeccionados sen máis, que a seu modo e cos seus medios contribuíron a que teñamos o que agora é motivo de orgullo e gozo para todos e todas nós.

     Pero máis que aos profesionais, que tamén, o noso traballo vai dirixido aos afeccionados e afeccionadas, así como a quen só por curiosidade gusta de ver estas cousas. O noso será un catálogo de ‘representantes da natureza’ que por distintos motivos (o seu tamaño, a súa lonxevidade, algunha característica tal como a rareza etcétera) chaman a atención de quen os ve, sexan veciños, veciñas ou visitantes de lonxe ou de preto. En certo sentido, pensamos, coñecelos será querelos máis, ser coñecidos pode contribuír a que sexan tidos en conta e coidados se chega a ser necesario. Por outra parte, o feito de que algúns destes verdadeiros monumentos vexetais chegaran a formar parte da toponimia dos lugares (quen non escoitou falar da Costa do Piñeiro Manso?) pon ben de relevo o que aquí queremos reflectir, e algo do interese do que se revisten ás veces certos exemplares. Comprometémonos a deixar constancia nesta páxina das árbores e arbustos, autóctonos ou non, pola súa singularidade de toda índole; das formacións boscosas;  dos lugares de interese, incluídas as áreas de lecer, pola vexetación que os poboa, pola paisaxe que os rodea ou por outros motivos diversos. Hannos vir ben as achegas, informacións ou indicios de por onde seguir buscando, non nos cabe dúbida de que é moita a oferta, e como esperamos que a demanda o sexa igualmente, tamén estamos seguros de que moitos e moitas dos e das que lean isto poden ter algo que dicir que nós non saibamos, e toda achega será enriquecedora.