ANABAM - CONGRESOS SIMPOSIOS

 

QUEN SOMOS?

EQUIPO DIRECTIVO

ASOCIARSE

LEMBRANZAS

GRUPO TRABALLO

ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

ACTIVIDADES-ACCIÓNS

CONTACTO

ACCIÓNS SOCIOS EXPOSICIÓNS CONGRESOS SIMPOSIOS ETNOGRAFÍA PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS   INFORMACIÓN PROGRAMA 30 ANIVERSARIO

 

 

  Actualizada o 09-12-2015

 

ANABAM NA XORNADA SOBRE ESPECIES EXÓTICAS INVASORAS

E PARTICIPACIÓN SOCIAL ORGANIZADA POR ADEGA

 

 

Texto: Noé Ferreira Rodríguez-anabam

 

Portada da ponencia sobre custodia do territorio e participación social na erradicación de especies exóticas invasoras presentada na xornada.

 

 

      Convidados polas compañeiras de ADEGA o pasado sábado 28 de novembro participamos na xornada “Especies Exóticas Invasoras e Participación Social” que se celebrou no Museo Domus de A Coruña.

 

      Un completo programa permitiu abordar a problemática das especies exótica invasoras dende puntos de vista tan diferentes como a investigación e o voluntariado. O inicio das xornadas contou coa presenza da Directora Xeral de Conservación da Natureza (Ana Mª López), da Concelleira de Medio Ambiente do Concello de A Coruña (María García) e da Presidenta de ADEGA (Virginia Rodríguez). Tras unha primeira intervención analizando a percepción social das plantas invasoras por parte de Marisa Chas da Universidade de Santiago, a xornada estivo estruturada en tres mesas: 1) investigación e xestión con representantes das universidades de Santiago (María Inmaculada) e Vigo (Luis González), así como do Grupo de Estudo do Medio Mariño (Rafael Bañón) e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza (Jesús Santamarina); 2) divulgación con ponencias de ADEGA (Lucía Parente) e das universidades de Santiago (Miguel Serrano), Coimbra (Francisco López) e Vigo (Luis Navarro) e; 3) voluntariado ambiental e custodia do territorio coa participación de ADEGA (Ramsés Pérez), Fragas do Mandeo (Fernando Bandín), ANABAM (Noé Ferreira) e RedCambrera (SergioTejón).

 

 

 

 

 

Mesa redonda. De esquerda á dereita: Fernando Bandín, Fragas do Mandeo; SergioTejón, RedCambera; Lucía Parente, ADEGA; Ramsés Pérez, ADEGA; Noé Ferreira, ANABAM). Fonte da imaxe: ADEGA.

 

 

 

             Entre as conclusións extraídas  da xornada cabe salientar a unanimidade ao afirmar que, fronte a un problema global como son as especies exóticas invasoras só cabe unha resposta coordinada da comunidade internacional para afrontalo así como a implicación de tódolos sectores da sociedade involucrados.

 

              As especies exóticas invasoras son hoxe en día entendidas como un compoñente máis do cambio global que leva á modificación do hábitat e a perda de biodiversidade cunha homoxenización da fauna e flora. Aínda que só unha pequena parte das especies exóticas que conseguen establecerse nos ecosistemas aos que chegan (ou son levadas) desenvolve o seu potencial invasivo ocasionando danos tanto a nivel ecosistémico como económico.

 

           ANABAM focaliza parte do seu traballo no seguimento e control de especies como a Avespa asiática (Vespa velutina) a través da eliminación de niños cando os medios materiais do que dispoñemos no lo permiten. Así mesmo realizamos un intensivo seguimento do Picudo vermello (Rhynchophorus ferrugineus) e recollemos especies exóticas invasoras como o Sapoconcho de Florida (Trachemys scripta).

 

 

 

 

 

 

Resumo gráfico da ponencia presentada por Noé Ferreira-Rodríguez en representación de ANABAM.

Fonte das imaxes: Cesar Ayres/Ramsés Pérez – ADEGA/ANABAM.

 

     

 

     

Actualizada o 15-09-2012

 
         
 

 

aprobada para a súa publicación nunha revista científica do Delta do Danubio.

.

    Xa está aceptado definitivamente o artigo que os membros de ANABAM Noé Ferreira Rodríguez e Manuel A. Pombal Diego presentaran, despois das charlas impartidas, hai case un ano, na cidade de Tulcea en Romanía.

    Noraboa aos dous por este traballo e graciñas por espallar o nome de ANABAM por outras zonas máis alá das nosas fronteiras.

 

   Traballo completo premendo AQUÍ

 

 
         
 

   NOÉ FERREIRA PRESENTA UN PÓSTER NUN CONGRESO INTERNACIONAL EN BRAGANÇA

Entre os días 4 e 7 de Setembro cun póster, presentarei o traballo "Metabolism adjustment and resistance in the Asian clam Corbicula fluminea (Müller, 1774) to osmotic stress in the River Miño estuary" no congreso "International Meeting on Biology and Conservation of Freshwater Bivalves" que terá lugar en Bragança. Amosanse en él os resultados previos obtidos coa Ameixa asiática en canto ao seu potencial invasor no esteiro, as adaptacións e mecanismos que ten para soportar a salinidade xa que a pesar de tratarse dunha especie de auga doce, a podemos atopar ata a desembocadura do Tamuxe onde a salinidade con marea alta aproxímase a do mar (27 ppm) dato obtido tras analizar as mostras de auga que recollemos Ricardo Portela e eu na saída de proba efectuada coa Garzota este mes. Este traballo vai firmado por ANABAM e polo Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal da Universidade de Vigo como institucións, sendo autores do mesmo a directora da investigación Isabel Pardo e Noé Ferreira. 

 

 
         

 

      Actualizada o 20-05-2012  
 

VI SIMPOSIO IBÉRICO

DA BACIA HIDROGRÁFICA DO RÍO MIÑO

     
 

      O sábado día 2 de xuño terá lugar unha nova edición do Simpósio Ibérico sobre a Bacia Hidrográfica do Rio Minho que dende o ano 1996, vén organizándose na veciña localidade portuguesa de  Vila Nova de Cerveira, no Aquamuseu do Río Miño.

    Como ven sendo habitual nas últimas edicións, ANABAM estará presente este ano cun póster realizado  conxuntamente co Laboratorio de Limnoloxía da Universidade de Vigo titulado  “Densidad, biomasa y estructura poblacional de la almeja asiática Corbicula fluminea (Müller, 1774) en el estuario del Río Miño” da autoría de Noé Ferreira, Isabel Pardo e Antonio Gavalas.

 

 
   

    Nas fotografías podemos ver dous momentos na toma de mostras da ameixa asiática, na primeria Noé Ferreira facendo unha mostraxe na beira portuguesa do Miño, a altura de Vila Nova de Cerveira e na segunda, Antonio Gavalas separa os moluscos do sedimento recollido a altura de Eiras, no Rosal.

 

A participación no Simpósio con posters e presentacións orais ten como temas os recursos naturais, a actividade humana, a xestión e a educación ambiental.  Dentro destes campos abordarase co traballo presentado, a situación actual deste bivalvo invasor no Esteiro do Miño, densidades, biomasa e estructura poboacional da ameixa asiática, son os puntos tratados e que se amosarán coa presentación do citado poster.

Máis información sobre o Simpósio:

 http://www.ciimar.up.pt/ECFF2012/symposium.html

 
         

 

Actualizado o 29-11-2010
 

 

ANABAM NO V SIMPOSIO IBÉRICO SOBRE A BACIA HIDROGRÁFICA

DO RÍO MINHO

 

     Nos días 19 e 20 de novembro, desenvoloveuse na Biblioteca Municiapl de Vila Nova de cerveira o V Simposico Ibérico sobre a bacia Hidrográfica do río Miño, un evento divulgativo e científico que se desenvolven cada dous anos organizado polo Aquamuseo do Río Minho, ubicado na citada vila. ANABAM xa participara anteriormente no primeiro e no cuarto Simposio, polo que esta é a terceira vez que estamos presentes no mesmo. Nesta ocasión facémolo a través do socio Noé Ferreira Rodríguez que presenta un poster no que se resume a situación ornitolóxica (aves acuáticas) do Esteiro do Miño cos datos obtidos dos censos realizado por ANABAM dende hai vinte anos. O póster presentado é o que segue

Aves acuáticas invernantes no Esteiro do Miño

 Noé Ferreira Rodríguez

Asociación Naturalista “Baixo Miño”

Rúa Calvario, nº 44.       36780   A Guarda - Pontevedra.

noefr_82@hotmail.com

 
         
 

Tendencia xeral do número de aves

 

RESUMO

 

Os censos comezaron hai 25 anos por parte desta asociación nun área que abarca unha superficie de 1.688 ha, que comprende os últimos 14 km do Río Miño. Os datos obtidos permitennos coñecer o estado e evolución das poboacións de aves invernantes neste espazo que forma parte da Rede Natura 2000.

 

 

 
         
 

 

MATERIAL E MÉTODOS

 

  Entre os meses de septembro e marzo, periodo de máxima afluencia de aves no Esteiro do Miño, realízase o censo de tódalas aves ligadas a zoa húmida exceptuando o xénero Larus, dende terra, a ámbalas dúas marxes do río, e a flote, percorrendo o tramo de río que comprende dende a desembocadura ata a Ponte da Amizade. No caso de especies, coma Gallinula chloropus, que viven agochadas nos carrizais, o censo limítase a sinalar a súa presencia ou ausencia. Polo xeral a óptica utilizada son prismáticos de 10x50 e telescopios de óptica 20-60x. Os resultados publícanse periódicamente no Carrizal, boletín mensual  da asociación, e na páxina web da mesma, www.anabam.org.

 

RESULTADOS

 

     Durante estes 25 anos contabilizárose un total de 84 especies de aves acuáticas no Baixo Miño galego portugués. As gráficas amosan a tendencia xeral no número total de aves invernantes, e o caso de cinco delas representativas deste espazo.

 
         
 

 

CONCLUSIÓNS

 

     O número de aves invernantes no Esteiro do Miño sofre unha progresiva tendencia á baixa nos últimos anos, pasando dos máis de 5.000 individuos a situarse entorno ós 2.000 na actualidade. Algúns casos son especialmente representativos desta tendencia, Aythya fuligula contaba neste espazo cunha das principais áreas de invernada na Península con máis de 600 efectivos desaparecendo por completo nos últimos anos. Fulica atra, Anas plathyrhynchos e outras especies habituais amosan tamén unha clara tendencia á baixa nos censos, pasando dos máis de 2000 individuos nalgunhas ocasións,  A. Plathyrhynchos, a unha media de 400 . Outras especies, coma Podiceps nigricollis ou Platalea leucorodia invertiron esta tendencia pasando de ser especies ocasionais a habituais durante a tempada de outono inverno. Por último, mantense a visita ocasional de especies coma Melanita nigra da que se contabilizan ata cen individuos, así coma a cita de especies raras nestas latitudes, caso de Bubulcus ibis  ou Alopoches aegyntiacus.