ANABAM - ACTIVIDADES - ACCIONS

 

QUEN SOMOS?

EQUIPO DIRECTIVO

ASOCIARSE

LEMBRANZAS

GRUPO TRABALLO

ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

ACTIVIDADES-ACCIÓNS

CONTACTO

ACCIÓNS SOCIOS EXPOSICIÓNS CONGRESOS SIMPOSIOS ETNOGRAFÍA PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS   INFORMACIÓN PROGRAMA 30 ANIVERSARIO

 

    Actualizada o 15-03-2016

 

ACTIVIDADE DE EDUCACIÓN E SENSIBILIZACIÓN AMBIENTAL

ANABAM e A Jalleira Afea co-organizan unha limpeza da costa que se celebrará o vindeiro 20 de marzo

 

 

por Manuel A. Pombal Diego-anabam

 

 

 

 

   Este ano ANABAM co-organiza xunto coa Asociación Forestal e de Educación Ambiental A Jalleira AFEA unha limpeza da costa como actividade de divulgación e sensibilización ambiental, aberta á participación de todas aquelas persoas que queiran colaborar, tanto en grupo como de forma individual. A acción desenvolverase nos arredores de Portecelo (concello de O Rosal) o vindeiro domingo 20 de marzo a partir das 10.00 h, tendo como punto de encontro a explanada que hai en Portecelo, a carón da estrada Baiona-A Guarda (ver situación e coordenadas no mapa que se adxunta).

     Esta actividade enmárcase tamén dentro das actividades da edición número 21 do Programa “Iniciativas Oceánicas” desenvolvido pola “Surfrider Foundation Europe”, que este ano ten por lema “Ningún respiro ao lixo” (sendo lema local da nosa actuación “Por un mar de futuro”). A Surfrider Foundation é unha asociación de protección do litoral que ven organizando cada ano máis de 1.000 operacións de limpeza ao longo de toda a costa europea centradas maioritariamente na primeira fin de semana da primavera.

      Cumpre salientar que arredor de 6,6 mil millóns de quilos de residuos chegan ao medio mariño cada ano, dos cales aproximadamente o 80% son de orixe terrestre, sendo os seres humanos os únicos culpables; polo tanto, somos nós quen temos que tomar medidas. Unha delas é participar activamente neste tipo de accións de sensibilización ambiental, accións que se poden desenvolver en familia.

 

 
 

 

 

Anímate e participa!

 

     Prégase que toda persoa interesada en participar nesta acción de sensibilización ambiental se rexistre a través dos seguintes enderezos de correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com,  ajalleira@gmail.com  ou pombal@uvigo.es, indicando o número de persoas que van a participar e o seu nome completo. Nestes enderezos electrónicos tamén se pode solicitar máis información.

     Lembra traer calzado e roupa cómoda (e vella). Hai que ter en conta que haberá que andar polas rochas do supralitoral. Tamén podes traer as túas luvas para recoller o lixo, aínda que a organización terá luvas dispoñibles de dous ou tres tamaños. Tamén haberá tinóns e sacos para facilitar a recollida do lixo e o seu posterior almacenamento. Trataremos de separar o material recollido en catro categorías; plásticos, vidro, metais (latas e chatarra)  e papel; ademais tentaremos separar todo aquilo que poida ser reutilizado dentro da campaña que ven desenvolvendo ANABAM dende fai máis de 7 anos, como poden ser boias, cortizas, cordas, etc., aparte dos tapóns plásticos que serán destinados aos proxectos de Banta (banco de tapóns con sede no concello de Tomiño). Toda esta información será fornecida á Surfrider  Foundation Europe dentro do informe final da actividade.

     O programa ten como obxectivo reducir os residuos mariños desde a súa orixe, residuos que son orixinados polos humanos, que os abandona voluntaria ou involuntariamente en terra firme e no mar e que entran directa ou indirectamente no medio acuático. A maioría do lixo mariño afúndese no mar, mentres que o resto queda flotando na auga ou ben arrastrado cara ás praias e ribeiras. Cumpre sinalar que nas iniciativas oceánicas do ano 2015 participaron 48.886 persoas, das cales 19.445 eran escolares, repartidas en 1.184 recollidas realizadas en máis de 30 países. En total recolléronse 2.136,72 m3 de residuos.

  O concello de O Rosal colabora con nós encargándose de retirar as bolsas de lixo recollidas durante o desenvolvemento desta actividade nos arredores de Portecelo. Por outra banda, a confraría da Guarda tamén colabora subvencionando os carteis que anuncian esta actividade.

   Ao remate da actividade, entregarase algún agasallo a todos os participantes.

 A continuación, engadimos a nota de prensa para as Iniciativas Oceánicas 2016 da European Surfrider Foundation:

NO BREAK FOR TRASH! NINGÚN RESPIRO AO LIXO!

    Cada vez son máis as que veranean na costa. Ocupan as nosas praias e fondos mariños á vez que contaminan o entorno. É o LIXO MARIÑO. Non o deixemos gozar das súas vacacións no mar. Non lle demos ningún respiro! ¡No break for trash!

      O programa de voluntariado “Ocean  Initiatives” (Iniciativas Oceánicas) pretende dar a coñecer o alcance desta contaminación cada vez máis crecente, en particular a “plastificación” dos océanos. Segundo un estudio publicado en 2014 cerca de 270.000 toneladas de plástico flotan nos nosos océanos, é dicir, 5 billóns de anacos de plástico. O que máis nos preocupa é que o 90% do plástico mariño acaba converténdose en micropartículas (tamaño inferior a 4,75 mm), o cal facilita que estas pasen a formar parte da cadea alimentaria - fenómeno de biomagnificación-.

     Hai que recoñecer que nos últimos anos estanse dando pasos para a redución da contaminación polo lixo mariño, como reflicte a Normativa Europea sobre a Redución do Consumo de Bolsas de Plástico Lixeiras ou a Directiva Marco sobre a Estratexia Mariña. Nembargante, a realidade é que o plástico sigue ocupando demasiado espazo nas nosas vidas. De feito, en España consúmense 51 millóns de envases de bebidas dun só uso cada día e cada persoa utiliza unha media de 133 bolsas de plástico ao año.

    Neste contexto Surfrider España, invita a participar nas Iniciativas Oceánicas a partir do 1º fin de semana de primavera para loitar contra o lixo mariño. Xa sexa na cidade como na costa, na praia, en lagos ou en ríos, animamos a todos os voluntarios a participar nunha actividade #oceaninitiatives!

     Como unirse ás Iniciativas Oceánicas? Moi sinxelo: basta con apuntarse a actividade que ANABAM e A Jalleira Afea co-organizan o vindeiro domingo 20 de marzo en Portecelo (O Rosal)

    Se queres organizar a túa propia limpeza, podes rexistrar a actividade na web ou notificar sobre a participación nalgunha das actividades xa programadas. A partir de aí, é deixarse guiar polo material educativo facilitado polo programa. Porque non só se trata de recoller residuos, senón de impulsar un cambio de hábitos no noso día a día para reducir o lixo desde a súa orixe. Ademais, as Iniciativas Oceánicas pretenden recoller datos a través da identificación e cuantificación do lixo mariño. Datos que se utilizan para establecer unha análise do estado da contaminación que recolle anualmente e que se expón no informe ambiental das Iniciativas Oceánicas, entre outros.

     Ademais, Surfrider España, aproveita o lanzamento das Iniciativas Oceánicas para impulsar a campaña “BanthePlastic Bag” (Prohibir a bolsa de plástico) que pide a prohibición das bolsas de plástico dun só uso, acompañando aos municipios españois involucrados nesta iniciativa.

Unha cousa é certa, está nas nosas mans cambiar o rumbo da situación.

Polo tanto, unídevos ao programa Iniciativas Oceánicas a partir do 17 de marzo!

 Nós pedímosvos que participedes na limpeza que organizamos o domingo 20 de marzo en Portecelo (concello de O Rosal).

 

 

     

 

    Actualizada o 24-02-2016

 

ANABAM APOIA A CAMPAÑA PARA

A DEFENSA DO LOBO IBÉRICO

 

   

 

 

 

 

                                        

 

 

ANABAM sumouse á campaña que se está levando a cabo a nivel de todo o estado en favor da DEFENSA DO LOBO IBÉRICO,

nun momento moi crítico para esta especie que volve estar no punto de mira de cazadores, administracións autonómicas, etc.

 

Máis información sobre esta campaña no seguinte enlace:

defensaloboiberico.org/en-defensa-del-lobo-iberico/

 

 

     

 

    Actualizada o 09-12-2015

 

PRÓXIMAS ACTIVIDADES ORGANIZADAS POR ANABAM

 

   

 

 

 

 

 

 

DÍA 21  .- Saída  ao campo. Recollida de información. Lugar: aínda por definir.

Nº de persoas admitidas: Ata 4. Hora de saída: 15.45

 

DÍA 24  .- Visita ornitolóxica CEIP "A Torre" (Bueu).                                                   

 

DÍA 28.    .- Censo de aves acuáticas do Esteiro do Miño                                              

Nº de persoas admitidas: Ata 6.

Primeiro turno: 10.00 horas.

Segundo turno: 15.30 horas.

 

DÍA 28.    .- Participación nas xornadas de ADEGA.  (A Coruña)                                  

                                              Especies exóticas: Erbedal creado por ANABAM                                            

 

 

 

 

 

 

DÍAS 5,  12,  19   .- Saída  ao campo. Recollida de información. Lugar: aínda por definir.   

Nº de persoas admitidas: Ata 4. Hora de saída: 15.45

 

DÍA 17.    .- Charla en Vigo. Actividade organizada pola asociación "Fontaíña".   

Asistencia do presidente de ANABAM á reunión da Xunta Consultiva do P.N. Monte Aloia.             

 

DÍA 18.    .- "As salinas da Guarda"                                                                                                   

Actividade organizada conxuntamente co Concello da Guarda e ANABAM.

 

DÍA 26.    .- Censo de aves acuáticas do Esteiro do Miño                                                           

Nº de persoas admitidas: Ata 6.

Primeiro turno: 10.00 horas.

Segundo turno: 15.30 horas.

                                            

 

 

 

Actualizada o 30-11-2015

     

 

CHARLA EN VIGO CON MOTIVO DO

X ANIVERSARIO DE CENSOS DO GRUPO "FONTAÍÑA"

 

 

 

 

       O xoves, día 17 deste mes de decembro, ANABAM estará en Vigo para dar unha charla sobre a ornitoloxía do esteiro do Miño con motivo do X aniversario de Censos da Asociación Fontaíña. A charla será ás 8,30 da tarde, no Lar do Queixa (Heraclio Botana, nº 6) aberta ao público en xeral. Esta charla forma parte das actividades que os colegas da citada asociación veñen organizando para conmemorar ese aniversario, ao que nós queremos contribuír e apoiar, desenxándolles que sigan así moitos anos máis. Parabéns amigos.

Ademais das diferentes charlas organizadas, o sábado 19 de decembro organizan un routeiro polo Esteiro do Miño, con saída dende Vigo.

 

 

      As persoas interesadas nestas actividades poden poñerse en contacto coa Asociación, a través do correo electrónico que figura á esquerda.

 

 

 

 

 

ANABAM PARTICIPOU NA XORNADA SOBRE A PÍLLARA DAS DUNAS

ORGANIZADA POR ADEGA

 

  Actualizada o12-10-2015
   

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

     

 

 

     O venres 9 de outubro, desenvolveuse en Vigo, no Centro de Visitantes do P.N. das Illas Atlánticas, unha xornada dedicada á píllara das dunas organizada por ADEGA e na que participou ANABAM a través do presidente desta asociación, Agustín Ferreira, como responsable do proxecto píllara no Baixo Miño. Na xornada interviron, durante a mañá, entre outros,  o director do Parque Nacional, José Antonio Fernández; a presidenta de ADEGA; Virginia Rodríguez; o técnico Vicente Piorno e Mª José Vidal, coredactora do Plan de protección da Píllara posto en funcionamento pola Xunta. Pola tarde foi o turno das persoas que traballamos directamente nos plans de protección. A continuación tivo lugar unha mesa redonda no que se debatiron aspectos relacionados coa práctica deportiva nas praias e como afecta á píllara; actividades humanas, entre elas a limpeza mecánica; falta de axudas económicas ás entidades conservacionistas que se dedican á protección da píllara, etc. As xornadas remataron pasadas as sete da tarde.

 

     Felicitamos dende aquí aos colegas de ADEGA pola organización desta xornada que permitiu poñer en contacto ás persoas e entidades que levamos tempo traballando con esta especie en galicia.

 

 

 

 

PRESENTAMOS O PROXECTO BORRELHO

EN MOLEDO

 

  Actualizada o 07-06-2015
   

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

     Organizado pola Cámara Municipal de Caminha, presentouse en Moledo o Proxecto Borrelho que promove ANABAM dende hai cinco anos nas praias do norte portugués.

     O acto desenvolveuse a partir das 10 da mañá (hora portuguesa) contando coa presenza do Vicepresidente da citada Cámara e resposable de Medio Ambiente, Sr. Guilherme Cesário Lagido Domingos, así como varios membros do Grupo de Traballo de ANABAM.

   No acto aproveitouse que xa tiñamos protexido dous niños na praia para que os asistentes puidesen velos, explicándolles as características da protección, resultados acadados, sensibilización conseguida polos usuarios da praia e a difusión que está tendo este proxecto ideado por ANABAM que xa se extende a diversas praias galegas e portuguesas.

 

 

 

 

BALANCE DA LIMPEZA ORGANIZADA POR ANABAM

NA COSTA DE OIA

 

  Actualizada o 25-03-2015
   

 

Texto: Manuel A. Pombal Diego

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo

Manuel A, Pombal Diego

 

 

 

 

   

     O pasado domingo 22 de marzo ANABAM, en colaboración coa edición número 20 das “Iniciativas Oceánicas” desenvolvidas pola “Surfrider Foundation Europe”, organizou unha limpeza pola costa que se iniciou no Porto de Oia. O traballo desenvolvido polos voluntarios participantes na actividade foi excelente, a pesares de que o éxito da convocatoria foi relativamente escaso. Participaron un total de 20 persoas (13 homes e 7 mulleres -3 en idade escolar-), incluídos varios membros de ANABAM. Entre os voluntarios había 5 de Oia, 4 de Tui e outros tantos de A Guarda, 3 de O Rosal, 2 de Tomiño, 1 de Vigo e outro de Cangas. A todos eles lles queremos dar, de novo, as grazas por ter participado (e traballado) nesta actividade de educación e divulgación ambiental. Un dos obxectivos era sensibilizar sobre a importancia de reducir a produción de residuos, salientando o impacto visual e ecolóxico que producen nas nosas costas.

 

     

  Despois de darlle a benvida aos participantes e dunha breve introdución inicial na que se destacou o que se pretendía coa acción a desenvolver, a actividade transcorreu con total normalidade durante máis de 3 horas. Partiuse dende o Porto de Oia e pasando por Condomínguez, chegouse ata Xilias. Recolléronse máis de 55 sacos de lixo, correspondéndose a maioría con plásticos e derivados. Tamén se retirou unha roda de coche, un bidón de ferro, un somier, restos dunha mesa de cámping, e abundantes restos de aparellos de pesca. Asemade, fíxose unha recollida selectiva de tapóns (para o proxecto solidario desenvolvido por Banta), vidro (para reciclar), e de utensilios de pesca (para reutilizar), tales como boias, cortizas, carpetas, palillos de batea, fichas e xiratorios de plástico, etc.

     Na zona de Xilias atopábanse os restos dun golfiño común varado hai unhas semanas e aproveitamos para falar das súas características, de como identificalo, sexo e a especie, así como do rexistro de varamentos que ANABAM ven desenvolvendo no Baixo Miño dende hai máis de 20 anos.

   Finalmente, despois de facer a “foto de familia” e de agradecer a participación, procedeuse a repartir unha serie de agasallos a todos os participantes: un caderno didáctico sobre o lixo nas nosas costas producido e editado pola nosa asociación, “pegatinas”, camisetas, gorras, un caderno e un bolígrafo, foron algúns dos agasallos entregados.

     

 

       Ata aquí todo foi “de cara” xa que o tempo acompañou durante toda a mañá, a pesar de que o vento sopraba con certa intensidade de cando en vez. Nembargante, o peor estaba por chegar. Ao día seguinte puidemos comprobar ata onde pode chegar a miseria dalgunha xente, xa que uns cantos sacos dos deixados en Xilias foran baleirados para, aparentemente, seren roubados. Parece ser que hai xente que goza destruíndo o que fan os demais para, neste caso, roubar uns sacos de rafia. A cousa non quedou aí, xa que o martes “desapareceron” 3 ou 4 sacos máis, mentres que onte tan só quedaban 3 dos 13 sacos que deixáramos o domingo nesa zona. Unha mágoa que exista xente tan ruín que por roubar uns sacos bote a perder o traballo desenvolvido por 20 voluntarios.

 

     

 

 

LIMPEZA  COSTEIRA  O

DOMINGO 22 DE MARZO

 

  Actualizada o 03-02-2015
   

 

 

 

 

     Este ano ANABAM organiza unha limpeza pola costa que se iniciará no Porto de Oia o vindeiro domingo 22 de marzo a partir das 10.00 h, tendo como punto de encontro a zona de aparcamento que hai por debaixo do mosteiro, a carón da desembocadura do regato Lavandeira (ver situación e coordenadas no mapa que se adxunta).

    Esta actividade enmárcase tamén dentro da edición número 20 das “Iniciativas Oceánicas” que ven desenvolvendo por todo o mundo con gran éxito dende o ano 1996 a “Surfrider Foundation Europe”. Este ano ten como obxectivo fomentar un cambio de comportamento por parte da veciñanza para reducir a produción de residuos, baixo o lema “Cada vez que realizamos unha compra, é o mar o que paga.Cambiemos os nosos hábitos de consumo. De feito, arredor de 6,6 mil millóns de quilos de residuos chegan ao medio mariño cada ano, dos cales aproximadamente o 80% son de orixe terrestre, sendo os seres humanos os únicos culpables; polo tanto, somos nós quen temos que tomar medidas. Unha delas é participar activamente neste tipo de accións de sensibilización ambiental, accións que se poden desenvolver en familia.

 

 

Anímate e participa!

 

      Prégase que toda persoa interesada en participar nesta acción de sensibilización ambiental se rexistre a través dos seguintes enderezos de correo electrónico: anabam.anabam@gmail.con ou pombal@uvigo.es,

indicando o número de persoas que van a participar e o seu nome completo. Nestes enderezos electrónicos tamén se pode solicitar máis información.

 

 

 

 

     
 

 

     Lembrade de traer calzado e roupa cómoda (e vella). Hai que ter en conta que fora da praia do porto de Oia, haberá que andar polas rochas do supralitoral. Tamén podes traer as túas luvas para recoller o lixo, aínda que a organización terá luvas dispoñibles de dous ou tres tamaños. Tamén haberá tinóns e sacos para facilitar a recollida do lixo e o seu posterior almacenamento. Trataremos de separar o material recollido en plásticos, vidro, metais (latas e chatarra)  e papel; ademais tentaremos separar todo aquilo que poida ser reutilizado dentro da campaña que ven desenvolvendo ANABAM dende hai máis de 6 anos, como poden ser boias, cortizas, cordas, etc., aparte dos tapóns plásticos que serán destinados aos proxectos de Banta (banco de tapóns con sede no concello de Tomiño). Toda esta información será fornecida á Surfrider Foundation Europe dentro do informe final da actividade.O programa ten como obxectivo reducir os residuos mariños desde a súa orixe, residuos que son orixinados polos humanos, que os abandona voluntaria ou involuntariamente en terra firme e no mar e que entran directa ou indirectamente no medio acuático. A maioría do lixo mariño afúndese no mar, mentres que o resto queda flotando na auga ou ben arrastrado cara ás praias e ribeiras. As recollidas de residuos en praias, lagos, ríos, litoral e fondos mariños forman parte das actividades educativas para concienciar á sociedade en xeral. A información recadada durante as actividades permiten realizar un balance xeral coa finalidade de mellorar o marco lexislativo europeo. Compre sinalar que nas iniciativas oceánicas participan cada ano unhas 60.000 persoas, das cales uns 30.000 son escolares, repartidas nunhas 1.250 recollidas realizadas en 17 países europeos.

     O concello deOia colabora encargándose de retirar as bolsas de lixo recollidas durante o desenvolvemento desta actividade dende o Porto de Oia ata a zona de Xilias, un fermoso recuncho do litoral baixomiñoto.

     Ao remate da actividade, entregarase algún agasallo a todos os participantes.

 

     

 

 

REALIZADA A RUTA ORNITOLÓXICA

POLA DESEMBOCADURA DO MIÑO

 

  Actualizada o 10-02-2015
   

 

 

 

 

      O domingo 8 de febreiro desenvolvemos a primeira das actividades que integran a conmemoración do 30 aniversario de ANABAM. Foi un percorrido pola ruta ornitolóxica da desembocadura do Miño, un tramo dus cinco quilómetros onde os participantes achegáronse ás aves acuáticas que ao longo deste percorrido poden verse, entre elas, continuaban con nós o grupo de 10 gansos cabecinegros que dende inicios de xaneiro nos visitan.

     Noso agradecemnto ás persoas que participaron nesta primeira actividade.

 

 

 

RUTA ORNITOLÓXICA GUIADA POLA

SEMBOCADURA DO MIÑO

 

  Actualizada o 20-01-2015
   

 

 

 

PRIMEIRA ACTIVIDADE DO 30 ANIVERSARIO DE ANABAM

      O segundo domingo de febreiro, día 8, teremos a primeira actividade do ano para conmemorar o 30 ANIVERSARIO de ANABAM. Será cunha saída ornitolóxica pola ruta que bordea a desembocadura do Miño, dende os Observatorios da marisma de Salcidos ata a praia do Puntal.

    O punto de partida, ás 10.30 da mañá, terá lugar dende a Estación Ornitolóxica. A duración estimada, contando as paradas de observación de aves, estímase nas dúas horas e media a tres horas. O percorrido, doado, é duns cinco quilómetros.

    A actividade, aberta ao público, é gratuita, pero agradecemos inscripción previa (anabam.anabam@gmail.com) por se houbera que comunicar algún detalle de última hora, así como para saber con que participantes contamos.

    Esta é unha magnífica oportunidade para achegarse ás aves do esteiro do Miño.

 

 

    Actualizada o 20-11-2014

O GT-ANABAM

   

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

     Son ducias as actividades que se desenvolven no seo de ANABAM relacionadas todas elas, ou na súa maioría, directamente co patrimonio natural, coa educación ambiental, con traballos de observación, con proxectos de conservación e protección, coa divulgación e, mesmo, coa investigación.

 

 

(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

      Todos eses traballos teñen un denominador común: o labor desinteresada dun grupo de persoas que dedican gran parte do seu tempo libre, así como dos seus esforzos e mesmo dos seus cartos a traballar por unha natureza baixomiñota moito que, ao igual que sucede noutras partes, está asempre na corda frouxa, nun segundo plano (no mellor dos casos) e á que soamente interesa aos que toman decisións, por regla xeral, cando hai por medio subvencións, premios ou destaque nos medios de comunicación.

 

(Foto: Luis Dorado Senra-anabam)

 

    Por iso en ANABAM movémonos en diferentes planos tan variados como os citados ao principio. Facemos o posible e o imposible para saír adiante, cousa que non é doado por moitas razóns, pero dúas delas son a falta de medios económicos, non esquezamos que todo o que se fae custa cartos e a falla de tempo, posto que, como tamén expomos máis arriba, soamente podemos dedicarnos a isto nos nosos ratos libres.

 

   Por momentos, unhas veces máis que outras, tamén bótase de menos a falta de medios humanos, de voluntariado e, por suposto, de medios materiais.

 

(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

    A incomprensión, o estar en boca de moitos, as críticas negativas,  tamén ás veces supoñen un hándicap, aínda que nestes casos, adoitamos facer "oídos xordos", porque se non, sería imposible estar neste campo do conservacionismo.

 

 

(Foto: Antón Ferreira Lorenzo-anabam)

 

   E así, levamos xa case que 30 anos nos que o Grupo de Traballo de ANABAM  (GT_anabam), formado por unha media de 11 persoas, vimos interesándonos pola natureza baixomiñota a pesar de tódolos pesares, onde hai malos momentos, que tratamos de esquecer, e bos momentos que nunca olvidamos, como os da fotografía, logo dunha das nosas habituais saídas de campo.

 

(Foto: Mª Consuelo González de Dios-anabam)

 

         

Actualizada o 22-09-2014

 
 

 

NOVE PROXECTOS QUE DESENVOLVE ANABAM

 

   

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM

 
 

     A actividade de ANABAM vése, cada vez máis, incrementada con numerosas actividades que desenvolven, principalmente, os membros que forman parte do denominado GRUPO TRABALLO

 (GT-ANABAM). Así, entre estas actividades podemos salientar os varios proxectos que se levan a cabo na actualidadde e que nos permiten coñecer moito mellor a biodiversidade da nosa comarca. Estes proxectos son os seguintes:

 

PROXECTO FOTOTRAMPEO

PROXECTO LARUS

PROXECTO EURYNEBRIA

PROXECTO PÍLLARA

PROXECTO BORRELHO

PROXECTO BEMBIX

PROXECTO COREMA

PROXECTO SCARABEIDA

PROXECTO FENTOS ARBÓREOS

 

     Premendo en cada un deles, accédese á máis información.

 

   

 
           
   
 

 

Catro dos 11 membros que forman na actualidade o GT-ANABAM

na última das saídas efectuadas á Serra da Grova.

(Foto: Luis Dorado Senra-anabam)

 
           

 

         

Actualizada o 16-07-2014

 
 

 

DIVULGANDO O PROJETO BORRELHO EN ÂNCORA

 

   

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM

 
 

     O sábado 28 de xuño tres membros de  ANABAM, xunto cun colega de NUCEARTES estivemos en Âncora nunha actividade de divulgación do Projeto Borrelho, organizada pola Cámara Municipal de Caminha, con motivo do izado da Bandeira Azul.

 

 

 

De esquerda á dereita, de pe, Ricardo da Silva (ANABAM), Domingos Vasconcellos (NUCEARTES), Noé Ferreira (ANABAM), agachado, Agustín Ferreira (ANABAM)..

   

 

      Agustín Ferreira explicando aos asistentes en que consiste o Projeto Borrelho que desenvolvemos nas praias do norte portugués, dita explicación estivo apoiado por láminas nas que se daba a coñecer as principais característcas do borrelho, os ovos, os polos e o material empregado para a protección.

             
 

         Posteriormente pasamos á praia onde se desenvolveu un traballo práctico de protección de dous niños de borrelho que foran atopados o día anterior.

 

 

Domingos Vasconcellos explicando aos asistentes a colocación da gaiola, mentre Noé Ferreira procedía á instalación da mesma.

   

 
             
 

      A continuación foron os propios asistentes os que instalaron a gaiola e rodearon o perímeytro de seguridade coa cinta que delimita o espazo vital de nidificación. Rematamos cunha foto de grupo cos últimos asistentes que aínda quedaban con nós.

   

 
           
 

 

 

         

 

 

 
           

 

         

Actualizada o 16-06-2014

 
 

 

ANABAM ESTIVO PRESENTE NO EVENTO: "OIA EXISTE"

 

   

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

 
 

     Como entidade ambientalista que traballa na comarca do Baixo Miño en xeral, e polo tanto tamén en Oia, aceptamos a invitación da organización do evento Oia Existe, e estivemos, o sábado 14, a carón do Mosteiro desa vila cun stand no que ofrecemos varias actividades relacionadas co medio ambiente e algúns paneis con diverso material, ademais de poñer á venda algunhas das nosas publicacións.

   

 

      O día foi moi caluroso e, tal vez por isto, a afluencia de visitantes cara ao recinto non foi, que digamos, moi positivo a pesar de que había numerosos e variados stands. Nós, como sempre facemos, pensamos tamén nos cativos e, para eles, montamos varias actividades como as de colorear figuras feitas con pasta de papel, "pesca" de botellas plásticas para limpar o océano de lixo; construcción de figuras con pezas de tangram, etc

             

 

         

Actualizada o 27-05-2014

 
 

 

 

 
 

 

ANABAM ASESOROU A VOLUNTARIOS DO CMIA DE VIANA

 

   

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

Fotos: Luis Dorado Senra

 
 

     O sábado 17 de maio, durante a mañá, varios membros do Grupo de Traballo de ANABAM, desprazáronse ata as praias de Paçô e Arda, no litoral norte portugués, para explicar in situ  a un grupo de 14 voluntarios do CMIA  (Centro de Monitorização e Interpretação Ambiental) de Viana do Castelo, o protocolo de protección dos niños de borrelho (píllara) ademais de explicar os pasos que debemos seguir para detectar os niños destas aves.

   

 

      A actividade comezou ás 10 da mañá (9:00, hora portuguesa) na praia de Arda, onde os voluntarios observaron un dos niños protexido por ANABAM días atrás.

 

      De seguido fomos percorrendo esta praia para tratar de atopar algún niño novo. Neste percorrido, foron observados tres pitiños de píllara.

 

     Pasamos a continuación á praia de Afife e alí foi onde tivemos a sesión práctica ao atopar un niño. 

             
 

Logo de ter localizado o niño, dúas voluntarias, convenientemente asesoradas, procederon á colocación da gaiola antidepredadores.

   

 
             
 

       Rematamos o proceso coa delimitación do perímetro de seguridade, que foi bordeado cunha cinta de balizamento, cousa que tamén fixeron varios dos voluntarios.

 

       O CMIA quer comezar coa protección das píllaras nas praias de Viana e ANABAM pretende espallar este método polo litoral portugués, polo que a colaboración entre as dúas entidades é un paso importante para conseguir o obxectivo que uns e outros pretendemos.

 

     Temos que agradecer a Leonor , responsable do CMIA, o interese que está a poñer para que o proxecto sexa unha realidade e, por suposto, ás voluntarios e voluntarios que acudiron a esta sesión práctica porque deles pode depender que moitas píllaras poidan sacar adiante ás crías.

   

 
             

 

         

Actualizada o 27-3-2014

 
   
 

 

ÉXITO RELATIVO DA CONVOCATORIA

EFECTUADA POR ANABAM PARA A

LIMPEZA DA SENDA LITORAL (A GUARDA)

 

   

Texto: Manuel A. Pombal Diego

Fotos: Agustín Ferreira Lorenzo,

Manuel A. Pombal Diego

Ricardo Portela Vilas,

Ricardo da Silva Diz

 
 

 

      O pasado domingo 23 de marzo de 2014 ANABAM organizou una limpeza de lixo na Senda Litoral (concello de A Guarda), acción enmarcada dentro da edición número 19 das “Iniciativas Oceánicas” que desenvolve por todo o mundo a “Surfrider Foundation Europe”. O lema para a edición deste ano é: “se o tiras ao chan, tíralo ao mar”, tratando de loitar contra os residuos acuáticos.

 

   

 

 

    A mañá comezou algo desapacible, polo que é posible que algunhas persoas se botaran atrás por mor da chuvia. En total participamos 16 persoas, tres delas nenos. Aínda así, se fixo un moi bo traballo e se limparon uns 1125 m de Senda Litoral, partindo da zona do Puntal, ata a zona do Seixal. O lixo recollido foi almacenado en

5 sacos grandes (aproximadamente de 1 metro cúbico) cedidos polo concello e noutros 12 sacos de rafia aportados por ANABAM.

 

             
 

 

Así mesmo, tentamos separar o material recollido en plásticos, vidro, metais (latas e chatarra)  e papel, aparte de separar todo aquel material que poida ser reutilizado. En total foron máis de 6,5 metros cúbicos de material retirados e almacenados, correspondéndose os plásticos e derivados con máis do 95% de todo o volume retirado. Boa parte deste material quedou almacenado nos sacos xa comentados para ser retirados polos operarios do concello de A Guarda.

 

   

 
             
 

 

     Entre o material para reciclar, cabe salientar un gran marouco de corda dun palangre (de varios centos de metros), 2 boias “tipo bala”, 4 boias grandes de poliespán, 1 boia plástica de dúas asas, 12 carpetas de carnada para nasas, 12 palillos de batea, 8 boias fusiformes, 11 cortizas vermellas e brancas, 25 cortizas plásticas, 3 fichas plásticas, 1 xiratorio plástico, 1 rapala, 1 flotador de trol e 4 cordas. Ademais, recollemos medio saco de tapóns de plástico que doaremos a BANTA (banco de tapóns de Tomiño).

 

   

 
             
 

  

 

    Por outra banda, durante a limpeza tamén se atoparon os cadáveres dun mascato (Morus bassanus), tres araos papagaio (Fratercula arctica) e varias carabelas portuguesas (Physalia physalis).

 

   Queremos agradecer, unha vez máis, a todas as persoas que participaron na limpeza e que colaboraron con ANABAM nesta actividade de sensibilización ambiental. Unha vez rematada a limpeza, todos os participantes foron agasallados cunha camiseta, unha bandoleira, un caderno para notas e un bolígrafo.

 

   

 
             
 

A limpeza nos medios de comunicación:

 

Estes son os rexistros que temos relacionados coa difusión da nova despois da súa publicación na nosa web o pasado (10/03/2014): http://www.anabam.org/ANABAM.%20

ACTIVIDADES.ACCIONS.html

 

Páxina web do concello de A Guarda: http://www.aguarda.es/index.php?option=

com_

content&task=view&id=1744&Itemid=214

 

Blog Camposino (19/03/2014):

 http://camposino1.blogspot.com.es/

2014/03/limpeza-na-senda-litoral.html#.UzXHC01OU54

 

Atlántico Diario (20/03/2014):

http://www.atlantico.net/articulo/

area-metropolitana/anabam-limpiara-

litoral-guarda

/20140320111601409069.html

 

Páxina web Galicia Suroeste (20/03/2014 y 22/03/2014): http://www.galiciasuroeste.info/local.htm

 

Páxina web Caminha 2000 (22/03/2014): http://www.caminha2000.com/jornal/

n677/galiza.html

 

Páxina web Infomiño (22/03/2014): http://www.infominho.com/index.php/

id/51/

objeto/21198

 

Faro de Vigo (22/03/2014):

http://www.farodevigo.es/comarcas/

2014/03/22/

anabam-busca-ayuda-ciudadana-limpiar

/990834.html

 

   

 
             

 

       

Actualizada o 10-03-2014

   
 

 

LIMPEZA COSTEIRA ORGANIZADA POR ANABAM

 

 

Texto: Manuel A. Pombal Diego

 

   
             
 

     

       Despois das fortes marusías deste inverno, boa parte da costa baixomiñota está chea de lixo, predominando sobre todo os plásticos. ANABAM organiza unha limpeza pola Senda Litoral (Camposancos, concello da Guarda) o vindeiro 23 de marzo a partir das 10.00 h, tendo como punto de encontro a zona de aparcamento no Puntal (ver situación e coordenadas no mapa que se adxunta). Prégase que toda persoa interesada en participar nesta acción de sensibilización ambiental se rexistre a través dos seguintes enderezos de correo electrónico: anabam.anabam@gmail.con ou pombal@uvigo.es, indicando o número de persoas que van a participar e o seu nome completo. Nestes enderezos electrónicos tamén se pode solicitar máis información.

 

     Esta actividade enmárcase tamén dentro da edición número 19 das “Iniciativas Oceánicas” que ven desenvolvendo por todo o mundo con gran éxito dende hai anos a “Surfrider Foundation Europe”, tendo por lema a edición deste ano: “se o tiras ao chan, tíralo ao mar”, nun intento de loitar contra os residuos acuáticos. De feito, dos arredor de 6,6 mil millóns de quilos de residuos que chegan ao medio mariño cada ano, aproximadamente o 80% son de orixe terrestre, sendo os seres humanos os únicos culpables; polo tanto, somos nós quen temos que tomar medidas. Unha delas é participar activamente neste tipo de accións de sensibilización ambiental, accións que se poden desenvolver en familia. Anímate e participa!

 

 

 
 

      Lembra traer calzado e roupa cómoda (e vella). Nalgunhas zonas haberá que andar polas rochas que bordean á tarima de madeira da propia Senda Litoral. Tamén podes traer as túas luvas para recoller o lixo, aínda que a organización terá luvas dispoñibles de dous ou tres tamaños. Tamén haberá tinóns e sacos para facilitar a recollida do lixo e o seu posterior almacenamento. Trataremos de separar o material recollido en plásticos, vidro, metais (latas e chatarra)  e papel; ademais tentaremos separar todo aquilo que poida ser reutilizado dentro da campaña que ven desenvolvendo ANABAM dende fai máis de 5 anos, como poden ser boias, cortizas, cordas, etc., aparte dos tapóns plásticos que serán destinados aos proxectos de Banta (banco de tapóns con sede no concello de Tomiño). Toda esta información será fornecida á Surfrider Foundation Europe dentro do informe final da actividade.

     O concello da Guarda colabora encargándose de retirar as bolsas de lixo recollidas durante o desenvolvemento desta actividade pola Senda Litoral, unha senda utilizada cada vez máis tanto polos guardeses como polos turistas que nos visitan.

      Ao remate da actividade, entregaranse algúns agasallos a todos os participantes.

 

 

 

 

       

Actualizada o 10-03-2014

   
 

 

61 VISITAS GUIADAS NO ANO 2013

 

 

Texto: Manuel A. Pombal Diego

   
             
 

 

     A actividade foi bastante intensa durante o pasado ano 2013, no cal se realizaron un total de 61 visitas guiadas, todas elas no marco do proxecto TEAM-Miño liderado pola Universidade de Vigo e que ven de rematar o pasado 31 de decembro. Unha boa parte das visitas correspóndense coas que habitualmente oferta a nosa asociación (máis información en www.anabam.org) e que inclúen visitas ornitolóxicas, á Praia, aos muíños do Folón-Picón, ao Castro de Santa Trega ou á costa guardesa, entre outras. Nelas soen participar centros educativos, pero tamén outro tipo de colectivos e organizacións.

 

      Outra parte importante das visitas guiadas foron realizadas con diferentes cursos e centros de ensino á exposición EXPONATUR que estivo presente dende o 2 ata o 23 de marzo na Área Panorámica de Tui, e dende o 27 de marzo ata o 27 de abril na Casa dos Alonsos da Guarda. Ambas exposicións contaron tamén coa colaboración do proxecto TEAM-Miño.

 

     No 2013, participaron máis de 11 cursos diferentes de 18 centros e 2 grupos, pertencentes a máis de 12 localidades diferentes. En total foron 1.423 persoas (maioritariamente alumnos) e 98 profesores, o cal se pode considerar un novo éxito para ANABAM e para a divulgación medioambiental do Baixo Miño.

 

 

 

Un dos monitores de ANABAM xunto a varios escolares pertencentes ao

colexio de Sobrada (Tomiño) nunha visita realizada á desembocadura do Miño para observar aves.

 
 

 

 

 

       

Actualizada o 30-1-2014

   
 

REALIZADO O CENSO DO MES DE XANEIRO

 

     O sábado 25 de xaneiro levamos a cabo o censo de aves acuáticas correspondente a este mes no que participaron un total de 13 persoas, entre membros de ANABAM e colaboradores. Os datos deste e dos pasados censos serán publicados na vindeira actualización da páxina,

 

     Os censos, que se levan a cabo os últimos sábados de cada mes, forman parte das actividades abertas á  colaboración de cantas persoas desexen participar nos mesmos, para iso soamente teñen que poñerse en contacto con esta asociación.

 

     O vindeiro censo terá lugar o sábado 22 de febreiro.

 

 

 

 

         

Actualizada o 15-1-20143

 
 

 

AVANCE DAS PRINCIPAIS ACTIVIDADES PREVISTAS PARA O ANO 2014

 

       
 

-Censos (de setembro a marzo)

-Atlas de réptiles e anfibios (novembro 2013-novembro 2015)

-Estudo e medidas de protección entorno a Eurynebria complanata

-Ruta das fervenzas

-Conservación-protección: sapo de esporóns, camariña, wodwardia, dicksonia, honckenya; andoriña de cu branco; árbores centenarias de Tebra

-Estudo e protección píllara papuda Camposancos

-Estudo e protección borrelho de coleira interrompida Portugal

-Atlas especies exóticas

-Listado especies ameazadas

-Fauna e flora do Baixo Miño

-Varamento de cetáceos, tartarugas e focas

-Estudo da avespa Bembix  no piñeiral de Camposancos

-Estudo e seguimento da biodiversidade costeira en cinco pozas mariñas

-Estudo de escarabeidos do Baixo Miño

-Estudo e seguimento da nidificación da gaivota patiamarela na Guarda

-Recollida información e estudo de rastros, pegadas e sinais dos animais

-Datos fenolóxicos do Baixo Miño

-Recollida información dos regatos e ríos do Baixo Miño

-Recollida información das principais áreas naturais do Baixo Miño

-Recollida información penereiro cincento na Veiga de Ancéis

-Visitas guiadas: ornitoloxía, praia, costa, muíños Folón, monte Trega.

   

 

-Recollida material mariñeiro reutilizable 

-Recollida información Marcas mariñeiras

-Preparación exposicións, local, etc

-Páxina web

-Atlas dos impactos ambientais no Baixo Miño

-Mapa distribución scolymus, flavum, Honckenya

-Campaña de turismo ornitolóxico no Esteiro do Miño

-As illas do Esteiro do Miño

-Bosque bolboretas

-Aula aberta de Natureza (desembocadura do Miño)

-Útiles e aparellos do mar

-As salinas

 -As pesqueiras da desembocadura do Miño

 -Os muíños de vento

 -A Camboa de Oia

 -ACTIVIDADES VARIAS: ruta ornitolóxica guiada, día ornitolóxico do Baixo Miño

 -FOTOTRAMPEO: Falta por definir un plan de actuación e obxectivos do mesmo para que non sexa algo anecdótico.

 -RECOLLIDA DE ANIMAIS SILVESTRES FERIDOS

 

      Actualizada o 30-12-2013  

O SÁBADO, 28 DE DECEMBO FIXEMOS

A ÚLTIMA ACTIVIDADE DO ANO 2013

 

 

 

Grupo de traballo de ANABAM que participou na última actividade do ano 2013, na tarde do sábado 28 de decembro: o censo de aves acuáticas no

Esteiro do Miño.  Aínda que o número de aves está moi lonxe das que había ata a década dos oitenta, a xornada deste sábado foi bastante positiva, sobre todo

pola mañá. O vindeiro censo terá lugar o último sábado do próximo mes de xaneiro. Foto: Luis Dorado Senra-anabam.

 

 

 

Foto: Luis Dorado Senra-anabam.

 

      Actualizada o 17-11-2013  

 

ANABAM SE MOBILIZA TRALOS INCENDIOS

 

Recollida de sementes

Aínda que este non foi un ano especialmente bo para as landras, nas saídas de campo efectuadas puidemos recoller un bo número delas, ademais de castañas e algúns perillotes, froitos da pereira brava (Pyrus cordata).

Estas sementes, entorno ás 700, irán destinadas ás zonas queimadas durante a vaga de lumes deste verán e a zonas nas que vimos realizando tarefas de repoboación dende o ano 2006 como as marxes do regato Vilar. 

Sementeira: “Vida para os nosos montes”

Nun mundo cada vez máis apurado é difícil que as convocatorias se adapten aos horarios de tódolos interesados en colaborar coa recuperación dos nosos montes, é por iso que lanzamos esta campaña para que cada quen, libre de horarios adapte  en función da súa dispoñibilidade  a tarefa de devolverlle ao monte un pouco do verdor perdido.

         
 

 

 

 

Onde sementar pode ser a primeira das dúbidas que nos xorden. Por experiencias anteriores, terreos particulares, vales de elevada pendente e marxes de regatos soen quedar ausentes das tarefas de reforestación levadas a cabo polas comunidades de montes.

Son por outra banda estes terreos, especialmente os vales cun elevado grao de pendente, onde máis acusadas é a erosión, levando os sedimentos ata os regatos dende onde se perden definitivamente.

Por mor disto e dende fai xa varios anos, as tarefas de reforestación lévanse a cabo dende ANABAM principalmente  nas marxes dos regatos da comarca co fin de recuperar o ecosistema perdido e establecer un pantalla vexetal fronte a chegada de aluvións.       

 
         
 

 

 

 

 

Os outros grandes prexudicados: Os nosos ríos e regatos

Conscientes do que se aveciñaba coa chegada das chuvias, a comezos do pasado mes de setembro puxemos en marcha un novo proxecto encamiñado a monitorizar os efectos que o lume terá sobre os cursos de auga da comarca e, en concreto, sobre o Río Tamuxe. A canle deste río será a receptora a medida que aumenten as precipitacións de toneladas de cinzas que baixarán polas ladeiras afectando tanto á flora como á fauna do regato.   

O estudo posto en marcha terá unha duración dun ano e, a partir do establecemento de tres estacións de mostraxe permanentes, recolleremos os cambios que acontezan no regato tanto mensualmente como estacionalmente en función dos parámetros analizados: poboación de invertebrados, sedimento e calidade da auga.  

 
         
 

 

Un exemplo a seguir: O regato Vilar

Daquel verán do 2006 perduran os efectos sobre montes e cursos de auga. A ausencia de vexetación ocasionou un desequilibrio na hidroloxía da rexión que aínda hoxe de deixa notar con crecidas cando as chuvias son abundantes ou coa seca dos regatos durante o verán.

Máis de 100 árbores foron plantados nas marxes do Vilar, moitos deles sucumbiron a forza da auga e a seca dos veráns pero outros atoparon a forza necesaria para crecer e hoxe superan os 2 metros de altura devolvendo á canle parte da beleza que posuía.

A tarefas de reforestación das comunidades de montes sobre as ladeira comezan a dar os seus froitos e por vez primeira, 7 anos despois, o Vilar conservou un pequeno fío de auga durante este verán.

Pero as tarefas non remataron e, a medida que o curso do regato acada o equilibrio, nas zonas que parecen estabilizadas continuamos coa sementeira e plantación de novas árbores en cada visita.      

 

 
         

 

      Actualizada o 27-09-2013  

PRIMEIRO CENSO DA TEMPADA 2013-2014

 

 

 

         Este sábado, último do mes de setembro, ANABAM realizará o primeiro censo ornitolóxico na desembocadura do Miño correspondente á tempada 2013-2014. Os censos lévanse a cabo tódolos últimos sábados de mes, dende setembro ata marzo. Os puntos de observación se sitúan tanto na marxe galega como portuguesa.

 

     Grazas a estes censos que se veñen efectuando dende que esta asociación iniciou a súa andaina, hai máis dun cuarto de século, sabemos que o número de aves sufriu un alarmante descenso neste enclave natural. Especies que ata a década dos oitenta tiñan no Esteiro do Miño o seu número máis alto de exemplares, practicamente de toda a Península, como era o parrulo cristado, agora a súa presenza é practicamente inexistente. Outros exemplares que resultaban esporádicos e podían verse de cando en vez, agora están presentes toa a tempada de invernada, como sucede, por exemplo, coa aguia peixeira. Nesta actividade poden participar tódalas persoas que o desexen.

 
         

 

      Actualizada o 16-06-2013  
 

EDUCACIÓN AMBIENTAL: MÁIS DE CINCUENTA ACTIVIDADES

ORGANIZADAS POR ANABAM NO QUE VAI DE ANO

     
 

 

 

     Dende o 29 de xaneiro ata o 4 de xuño, levamos realizado en ANABAM 55 visitas de carácter ambiental na que interviron un total de 1260 persoas, maiormente escolares, que se sumaron ás actividades de educación ambiental desenvolvidas por esta asociación no primeiro medio ano deste 2013. A este número habería que sumarlle as case que 2 000 visitas efectuadas a EXPONATUR na Guarda e as máis de 500 en Tui, polo que o número de partiicpantes totais nas actividades de ANABAM na primeira metades do ano, superan con moto as 3.500 persoas.

 

    Ademais da exposición citada anteriormente, o resto das actividades se desenvolveron ao aire libre, ofertando un amplo e variado repertorio ambiental co que tratamos de achegar a información e o coñecemento da natureza a cantas persoas estiveron interesadas en participar nas mesmas. A maioría dos participantes foron alumnos de diferentes centros de ensino da provincia de Pontevedra. Este ano, como principal novidade, foi contar cunha actividade de limpeza costeira, fundamentalmente para a recollida de plásticos.

 

    Temos que agradecer a colaboración de diferentes centros de ensino, así como a Team-Minho e a Surfrider Foundation Europe.

 
 

 

 

 

      Actualizada o 12-04-2013  
 

 

PRIMEIRA LIMPEZA COSTEIRA

 

     
 

 

 

 

A chuvia que prácticamente non cesou en toda a mañá non foi quen de minguar a capacidade de traballo do grupo dunhas 20 persoas que se deron cita ás 10.30 h para participar na limpeza do Porto de Ribasaltas en Pedornes (Oia). Membros de ANABAM, de ACAMO, veciños de Pedornes, voluntarios da Universidade de Vigo acudiron a esta actividade organizada por ANABAM no marco do proxecto europeo TEAM-Minho liderado pola Universidade de Vigo, e tamén encadrada dentro da campaña “Iniciativas Oceánicas” da “Surfrider Foundation Europe”. Os participantes nesta acción de sensibilidade ambiental, procedentes de Pontevedra, Cangas do Morrazo, Poio, O Porriño, Tui, A Guarda e Oia, recolleron un total de 34 bolsas de lixo (que equivalen a algo máis de 5 metros cúbicos). Do total recollido, un 96,2 % correspondeuse con plásticos e derivados, un 0,75 % con latas e chatarra, un 0,1 % con vidro, mentres que o 2,95 % restante correspondeuse con distintos materiais que recollemos para reutilizar, tales como tarros (nasa plástica para polbo utilizada polos pesqueiros portugueses, posto que en España están prohibidas), carpetas, palillos de batea, fichas e xiratorios plásticos, algunhas cortizas e unha rapala, así como numerosos tapóns que recollemos coa finalidade de facelos chegar ao banco de tapóns do Baixo Miño. 

 

 

 

 

 

 
 

 

   
 

 

   
 

 

   
 

 

Foto: www.galiciasuroeste.info

 

 

 

 

 

  Actualizada o 10-02-2013  
 

   

POR UN MAR DE FUTURO

INICIATIVAS OCEÁNICAS 2013

 

Saída de sensibilización ambiental en colaboración con Surfrider Foundation Europe

 

 

 
 

 

Peque, o coordinador desta unidade, logo de

recoller un bidón nunha das praias do Baixo Miño portugués (Moledo)

 

Anabam comeza unha campaña de sensibilización e divulgación ambiental que leva por título “Os Tres Erres do Mar”. A primeira saída leva por título específico “Por un Mar de Futuro” e celebrarase o vindeiro 16 de marzo (sábado) en Punta Orelluda (Pedornes, concello de Oia) a partir das 10.30 h.

Esta primeira saída en concreto enmárcase tamén dentro da 18ª edición do evento ‘Ocean Initiatives’ (Iniciativas Oceánicas) da Surfrider Foundation Europe, centrado en accións de concienciación sobre o problema dos residuos acuáticos mediante limpezas de praias, lagos, ríos e fondos mariños. O obxectivo desde ano é claro: acabar coa praga de plásticos nos océanos, xa que representan o 50% dos residuos vertidos ao mar. Un dato estremecedor é que todo o plástico que se foi fabricando ata o de agora no mundo aínda está sen degradar, xa que algúns poden tardar ata 1.000 anos en desfacerse. Outro dato importante que acaba de saltar aos medios de comunicación estes días e que parte dese plástico está chegando xa a cadea alimenticia humana.

Surfrider enviounos un  pequeno kit con instrucións detalladas para o desenvolvemento da acción, así como algún material pedagóxico.

Acompáñase unha imaxe da área de actuación coas coordenadas para aqueles que non saiban onde se atopa esta zona do Baixo Miño.

 
 

Comunicado de Surfriger Foundation Europe!

 

Lembrade que é preciso inscribirse (626 669067 ou pombal@uvigo.es) para poder participar e que contamos cun número máximo de 40 participantes.

 

 

 

      Actualizada o 12-04-2013  
 

CLUBE PEÑA TREVINCA E ANABAM

NUNHA ACTIVIDADE CONXUNTA

     
 

 

     O Clube Peña Trevinca dispón dunha Sección infantil e familiar coa finalidade de achegar a natureza aos máis pequenos e aos grupos familiares. Por iso cada ano levan a cabo actividades moi diversas enfocadas aos mesmos.

 

   Este ano elixiron o Baixo Miño e, para iso, puxéronse en contacto con ANABAM para desenvolver diversas actividades. Estas se dividen en tres partes. Unha primeira parte relacionada coa limpeza da praia, actuaremos en Camposancos coa recollida de plásticos, posteriormente trasladarémonos ao "Bosque para unha bolboreta" para efectuar a plantación de varias especies arboreas: fundamentalmente érbedos e algunha especie máis como carballos. Finalmente, pola tarde xa, iremos á Valga (Oia) para que os máis cativos coñezan algúns dos anfibios que habitan en Galicia. Este programa tamén forma parte do proxecto TEAN-MINHO que ven desenvolvendo ANABAM en colaboración con outras entidades.

 
         Por outra banda, a esta actividade poderán asistir tódalas persoas que o desexen para iso terán que anotarse previamente no teléfono: 986-42-05-51., pertencente ao citado clube.  
     

Para coñecer mellor esta actividade, podedes premer no seguinte enlace

http://trevincanaturalezaydeporteenfamilia.blogspot.com.es/

 
         

 

 

 

 

Actualizada o 30-01-2013

 
 

 

 

        O sábado 18 de xaneiro levamos a cabo a primeira saída do ano, xa que, a do sábado anterior, día 11, non se contabiliza como tal debido a que a actividade desenvolveuse maioritariamente no local da asociación e soamente aproveitamos pouco máis de media hora para saír, tempo no que a choiva deixou de caer.

 

    Nesta primeira saída, pois, aproveitamos para percorrer un pequeno tramo da costa guardesa, apenas quilómetro e medio, no que recollemos diverso material  coa finalidade de que poida ser reutilizado por algún mariñeiro profesional.

 
   

    Na fotografía superior, o coordinador e responsable do proxecto de recollida de material de pesca, Peque (Manuel A. Pombal Diego). Na fotografía da esquerda parte do equipo de campo que saiu o sábado 18 con algún do material recollido.

 

      Este traballado forma parte de TEAM-MINHO.

 
         

 

 

 

CHARLA NO CENTRO CULTURAL FUSCALHO

“Baixo Miño: Territorio Natural”

 

 

Actualizada o 15-11-2012

 
   

     O evento, organizado pola Asociación Cultural “A Velha na Horta” desenvolveuse no centro social Fuscalho da Guarda o pasado venres 9 de novembro, comezou cunha conferencia impartida polo vicepresidente de ANABAM, Manuel A. Pombal Diego, titulada “O Baixo Miño: un Paraíso de Formas e Cores”.

      Despois dunha breve introdución que serviu para introducir a nosa asociación, ANABAM, e comentar as diferentes actividades e accións que desenvolvemos espalladas polo Baixo Miño. A continuación, fixo un pequeno percorrido por algunhas das paisaxes da nosa contorna: ríos e regatos, montes e mar, salientando tamén algúns aspectos etnográficos. De seguido, abordouse a gran biodiversidade da nosa comarca: fungos, plantas (incluídas as 3 especies de carnívoras), insectos, anfibios, réptiles, e aves. Destacáronse algunhas especies por tratarse de endemismos ou estar catalogadas como vulnerables ou en perigo de extinción. Tamén se comentaron algunhas potencialidades da comarca, como pode ser o turismo ornitolóxico ou de natureza, así como a necesidade de preservar o entorno, facendo fincapé nos diferentes humedais e charcas existentes na serra da Groba, particularmente nas zonas de A Valga e Pinzás.

 
   

   A conferencia rematou comentando as figuras creadas por ANABAM como medida de protección e conservación (e pensando tamén nunha posible regulación), como son as seguintes: Área Comarcal de Interese Natural (ACIN), Área Comarcal de Interese Paisaxístico (ACIP), Elemento Natural de Interese Comarcal (ENIC), ou Elementos Patrimoniais de Interese Natural e Paisaxístico (EPINP).

 
   

    A continuación o presidente de ANABAM, Agustín Ferreira, tomou a palabra para presentar dúas temáticas: os impactos negativos e, a continuación, as especies ameazadas a nivel comarcal e os proxectos que se desenvolven no seo da asociación para evitar a súa desaparición.

 

   Ao finalizar esta intervención houbo un pequeno coloquio entre os asistentes e os ponentes. Por parte de ANABAM se lles agasallou cunhas publcacións editadas por esta asociación.

 
         

 

 

 

JONH WEEDEN VISITA ANABAM

 

  Actualizada o 21-08-2012  
 

 

      Jonh Weeden estivo na Guarda, xunto coa súa familia, para gozar duns días de vacacións, razón pola que aproveitamos esta visita para que coñecese in situ o Proxecto Píllara que subvenciona parcialmente a Fundación da que el forma parte e que foi fundada polo seu avó Frank Weeden*.

 

    Gracias a Jonh e a súa muller Gloria, a Fundación leva colaborado económicamente cos proxectos de ANABAM dende o ano 2001, permitíndonos, deste xeito, facer fronte aos gastos que xeran os mesmos. Así poidomos realizar proxectos de conservación, estuidio, protección e divulgación de especies como os fentos "Woodwardia radicans e Diksonia antarctica; Proxecto Andoriña; Proxecto Píllara-Borrelho; etc.

 

 

     De esquerda á dereita Manuel A. Pombal Diego, Agustín Ferreira Lorenzo, Jonh Weeden e Ricardo da Silva Diz, na visita efectuada polo representante da Weeden Foundation, o pasado 31 de xullo, á praia do Puntal, praia de Camposancos, A Guarda, na marxe dereita da desembocadura do Miño.

 
         
  *A WEEDEN FOUNDATION

     Antes da súa morte, no ano 1984, Frank Weeden, fundador da Fundación e principal benefactor, pediu que os recursos da Weeden Foundation utilizásense para facer fronte aos efectos negativos das crecentes poboacións humanas e o uso excesivo dos recursos naturais no tecido biolóxico do planeta. Dende a súa creación no 1963, a Fundación adoptou a protección da biodiversidade como a súa principal prioridade. Crecemento da poboación, particularmente nos Estados Unidos, e o consumo excesivo tamén evolucionaron ata converterse nos intereses principais do programa co fin de abordar máis a fondo os factores que impulsan o empobrecemento biolóxico. Organizacións de apoio ata a data van dende aquelas que protexen os ecosistemas e a fauna silvestre ata as que traballan cara á estabilización da poboación e o consumo sostible.

 
         

   

      Actualziado o 14-11-2011  
 

  O venres, 11 tivo lugar o estreo do documental “Unha Balea nas Rochas”, producido por ANABAM, na Semana Cultural de Pedornes. Este trata sobre o varamento dun rorcual alibranco na costa de Viladesuso (concello de Oia), no ano 2008, a expectación que produciu e os labores de retirada do cadáver. Tódalas persoas que asistiron á proxección do mesmo levaron como agasallo un exemplar da monografía titulada: Biodiversidade na zona intermareal do Baixo Miño (editada pola citada asociación Naturalista). O documental ten unha duración aproximada de 15 minutos.  
         
 

      A estrea do documental producido por ANABAM e titulado “A Valga Natural” , que tivo lugar o xoves 17 deste mes de novembro na XXV Semana Cultural de Pedornes, contou coa presenza de mais de 50 persoas. Neste documental amósanse as características paisaxísticas da zona de A Valga. Ademais, fai un percorrido pola biodiversidade deste enclave natural, con especial referencia á herpetofauna, resaltando a necesidade da súa protección para que poida seguir sendo zona de goce e disfrute das xeracións vindeiras. O documental ten unha duración de 24 minutos.  
         

 

     

Actualizado o 27-10-2011

 
 

 

 

 

 

 DOUS DOCUMENTAIS DE ANABAM

NA SEMANA CULTURAL DE PEDORNES (OIA)

 

 

   

     Este mes de novembro celebrarase unha nova edición da Semana Cultural de Pedornes (concello de Oia), organizada pola Asociación Cultural "San Mamed" no Centro Cultural da citada parroquia. Este ano, co gallo de celebrar a edición nº XXV de dita Semana Cultural, esta vaise desenvolver ao longo de case dúas semanas: do luns 7 ata o sábado 19.

. O programa, moi completo por certo, contempla un ciclo de documentais de natureza no que se estrearán dous que fan referencia a Oia, o primeiro deles leva por título, A Valga Natural, onde, en 25 minutos, nos achegará imaxes dese excepcional paraxe que é o humedal de montaña máis importante da comarca do Baixo Miño. O segundo, "Unha balea nas rochas", amósanos o problema que xurde cando un grande cetáceo é arrebolado pola marea nos rochedos do litoral, como foi o caso do cadáver do rorocual alibranco que varou na costa de Viladesuso, tamén en Oia.

 

    A programación do ciclo de documentais da natureza é o seguinte:

 

-          LUNS, 7: 19:00 h. Proxección do documental “O Espía da Natureza” de Federico de la Peña e editado pola Deputación de Pontevedra.

-   MÉRCORES, 9: 19:00 h. Proxección do documental Os Mares Doces de Galicia de Manuel E. Garci.

-    VENRES, 11: 18:30 h. Estrea do documental Unha Balea nas Rochas, producido por ANABAM.

-         XOVES, 17: 18:30 h.. Estrea do documental A Valga Natural, producido por ANABAM.

-    VENRES, 18: 18:30 h. Proxección do documental O Mar da Fin do Mundo de J. Irrisarri, M. E. Garci, e R.T. Hanlon, dirixido por M. Uhía, e producido por J. Irisarri.

     Como vemos, un completo ciclo que, de seguro, merecerá a pena ver. Noraboa aos organizadores.

 

 

 

Actualizado o 28-02-2011
             
 

 

    Pois si, se o ano pasado, 2010, cumpliamos 25 anos de existencia, este ano, 2011, cumplimos o noso X aniversario na Rede. Foi no mes de febreiro do ano 2001 cando estudiamos a posibilidade de divulgar as actividades, accións, natureza e todo aquilo relacionado co entorno natural do Baixo Miño a través dunha páxina web que chegara a todos aqueles que quixeran estar decatados do que facemos nós e do que temos na comarca. Isto fíxose realidade un mes despois, o 8 de marzo e, dende entón, calquera pode seguir o noso labor a través da internet.

 

     Fomos a segunda web en saír na vila da Guarda e, probablemente, a primeira de carácter ambientalista en Galicia.

 

    Aproximadamente cada 15 días actualizamos os contidos da páxina de tal xeito que, tanto o que facemos en ANABAM coma o patrimonio natural do Baixo Miño estea sempre a orde do día.

 

         

 
     
             

 

Actualizado o 31-07.2008

 

DESENVOLVIDA A ACTIVIDADE FOTOGRÁFICA

ORGANIZADA POR FASGANA, PROXECTO LEPI-ATLAS  E  ANABAM

 

 

        Tal e como estaba previsto, o pasado 20 de de xullo levamos a cabo a actividade fotográfica organizada polas tres entidades citadas no titular desta información. Ás 10:30 os participantes foron recibidos no local de ANABAM, onde se lles fixo entrega de varias publicacións editadas por esta asociación. De aí partimos cara aos muíños do Folón, obxecto da primeira visita, onde estivemos ata as 14:00 horas e onde xantamos. Posteriormente continuamos á Valga (Oia), zona ACIN (Área Comarcal de Interese Natural), permanecendo ata as 20 horas.  Cada quen fotografou aquilo que máis lle interesaba ou máis lle chamaba a atención. Houbo tempo, ademais, para aprender algo do entorno natural, da fauna e da flora e, por suposto, disfrutar da paisaxe e do compañeirismo. (Foto: Manuel A. Pombal-anabam).

 

As fotografías de "Peque" amosan diferentes momentos da xornada fotográfica desenvolvida o pasado día 20 de xullo, nunha actividade conxunta das entidades FASGANA (Asociación Galega de Fotógrafos da Natureza); Proxecto LEPI-ATLAS (que traballan na documentación fotográfica dos lepidópteros galegos) e ANABAM. (Foto: Manuel A. Pombal-anabam)
   

 

Actualizado o 15-07-2008

  

XUNTANZA DE FOTÓGRAFOS DA NATUREZA

 

      O vindeiro 20 de xullo, domingo, ANABAM, FASGANA e LEPI-ATLAS xunto cos coordinadores do PROXECTO LEPI-ATLAS DE GALICIA, organizan unha xornada adicada á fotografía da natureza, na que poderán participar ademais dos socios das entidades citadas, tódolos fotógrafos da natureza que o desexen. A xornada repartirase en dúas sesións: unha de mañán na costa de Oia ou nos Muíños do Folón (O Rosal), e outra de tarde na Valga (Oia), zonas onde os fotógrafos da natureza de seguro que lle sacarán un bo partido.

 

     As persoas que o desexen poden inscribirse en calquera das tres entidades organizadoras. Lembrade que comeremos de bocatas, cada quen terá que levar os seus.

 

    A recepción dos participantes nesta actividade será no local de ANABAM (rúa Calvario, 44, baixo, A Guarda).

 

     Hora prevista: 10:30.

 

    Contacto de ANABAM: 986.627 255                616 180 557        986 611 799

 

     e-mail:   anabam.anabam@terra.es

 

 

 

DIRECTORES DE PARQUES NATURAIS DE ESPAÑA VISITARON O BAIXO MIÑO

 

     Organizado por Europarc España e pola Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, desenvolveuse en Baiona o 14 Congreso ESPARC no Parador daquela localidade. Os congresistas, directores de Parques Naturais españois, adicaron parte da xornada do día 20 de xuño para visitar nuns casos o Parque Nacional das Illas Atlánticas; outros optaron polo P.N. do Monte Aloia e un terceiro grupo achegouse ata o sur do Baixo Miño onde dous monitores de ANABAM lles guiaron polo Monte Trega e os Muíños do Folón.

 

 

 

 

 

 

Actualizado o 15-06-2008

    

CAMPO DE TRABALLO 2008

 

      Por terceiro ano consecutivo, voluntarios participarán nun campo de traballo medioambiental, colaborando con ANABAM nas tarefas de conservación e protección do patrimonio natural. Neste campo de traballo, no que ademais de ANABAM colabora o Centro San Xerome, estará formado por mozos e mozas con idades comprendidas entre os 20 e os 30 anos. A alma mater, do campo é a monitora Débora Baz Rodríguez que, un ano máis, move tódolos fíos necesarios para que isto sexa unha realidade.

 

PRESENTACIÓN DO CAMPO DE TRABALLO DE MEDIO AMBIENTE NO CENTRO SAN XEROME EMILIANI DE A GUARDA POR PARTE DO DELEGADO DE VICEPRESIDENCIA.

 Opasado  martes 10 de xuño ás 12:00 h. no Centro San Xerome Emiliani de A Guarda o Delegación de Vicepresidencia de Pontevedra D. Francisco Xavier Verea Argibay presentou ós medios de comunicación o Campo de Traballo de Santa Tegra en A Guarda.

 O Campo está destinado a xóvenes de entre 25 e 30 anos coa peculiaridade de que dous destes xóvenes serán  persoas con discapacidade intelectual. Asemade un grupo de 8 xóvenes do Centro citado participarán nas actividades medioambientais que se levarán a cabo durante as mañáns e nalgunha actividade mais lúdica algunha tarde.

    O campo de traballo supón a continuidade da iniciativa que se plantexou por primeira vez no 2006, onde se puxo en marcha a experiencia con mois bos resultados.

     O pasado ano, o campo de traballo estivo formado por un grupo de scouts provintes de diferentes zonas de España. 

 

Campo de traballo

SANTA TEGRA

(A Guarda - Pontevedra)

 DESCRIPCION

O traballo comunitario da mañán será medioambiental traballando no estuario do Miño (Zona protexida) pola conservación do medio natural de A Guarda, durante o mes de agosto,  dentro da oferta de Campos de Traballo do verán da dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. A actividade Medioambiental se levará a cabo en colaboración coa Asociación Naturalista  ANABAM.

PARTICIPANTES

Vinte persoas procedentes  de todo o territorio nacional que se inscriban neste campo dentro da campaña de verán da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. Dúas destas prazas serán ocupadas por persoas con discapacidade intelectual.

CARACTERÍSTICAS DO CAMPO DE TRABALLO

 

PARTICIPANTES

A TEMPO COMPLETO

 

18 Xóvenes Galegos,  con idades de entre 18 e 24 anos. A inscripción realizarase pola Dirección Xeral de Xuventude.

2 Xóvenes do Centro San Xerome Emiliani.

 

PARTICIPANTES A MEDIA XORNADA

 

 

8 Xóvenes con discapacidade intelectual do Baixo Miño que participaran nas actividades de traballo medioambiental das mañáns. Virán cada día de luns a venres e se marcharán despois de comer.

 

TEMÁTICA DO CAMPO DE TRABALLO

 

 

As actividades que imos levar a cabo será un traballo medioambiental en colaboración con ANABAM.

 

ORGANIZACIÓN DA ACTIVIDADE

 

 

O Campo de Traballo o organiza a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. A execución a levará a cabo o Centro San Xerome Emiliani mediante un convenio de colaboración.

 

 

TEMPORALIZACIÓN

 

 

Incorporación sábado 17 de agosto, hasta o sábado 31 agosto.