ANABAM -  ACCIÓNS SOCIOS

 

QUEN SOMOS?

EQUIPO DIRECTIVO

ASOCIARSE

LEMBRANZAS

GRUPO TRABALLO

ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

ACTIVIDADES-ACCIÓNS

CONTACTO

ACCIÓNS SOCIOS EXPOSICIÓNS CONGRESOS SIMPOSIOS ETNOGRAFÍA PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS     PROGRAMA 30 ANIVERSARIO

 

   

Actualizada o 03-02-2016

 

 

O PRESIDENTE DE ANABAM DEU

UNHA CHARLA EN VIGO

CO TEMA DA ORNITOLOXÍA NO ESTEIRO DO MIÑO

 

     

 

     

Agustín Ferreira, presidente de ANABAM, impartindo a charla no Lar do Queixa (Vigo)

(Foto: Julio Valeiras)

 

 

    

          O xoves 17 de Decembro, no establecemento vigués "LAR DO QUEIXA" (onde se pode degustar varias marcas de cervexa artesá, e moi vinculados á natureza) demos unha charla sobre a ornitoloxía do Esteiro do Miño, invitados polos colegas da Asociación Fontaíña que celebraban o seu X aniversario de censos de aves. A charla centrouse principalmente no descenso do número de aves neste humedal galego.

   

 
       

 

   

Actualizada o 15-11-2015

 

 

UN MEMBRO DE ANABAM FORMA PARTE DUN EQUIPO DE INVESTIGACIÓN DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 

     

 

     

 Manuel A. Pombal Diego á dereita, membro de ANABAM e investigador na Universidade de Vigo,

 forma parte dun equipo de investigadores que traballa no estudo do cerebro da lamprea. Agora este

equipo quere ampliar a súa investigación no sistema olfactivo e, para iso, tratan de buscar

financiación para o seu proxecto.

 

 

    

     Estes días difundíronse dúas novas relacionadas coa investigación desenvolvida polo grupo NEUROLAM da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, grupo ao que pertence o vicepresidente de ANABAM, Manuel A. Pombal (Peque).

 

      A primeira delas foi publicada o 5 de novembro no blogue océano ecimat e leva por título “La lamprea, algo más que un manjar”. Trátase dun curto artigo de divulgación redactado polos tres membros do grupo (Manuel Megías, Pilar Molist e Manuel A. Pombal), onde contan algunhas das características máis particulares das lampreas cun enfoque científico, ao mesmo tempo que relatan algúns dos seus achádegos e proxectos de futuro. O artigo completo atópase no seguinte enlace:

 

https://oceanoecimat.wordpress.com/2015/11/05/la-lamprea-algo-mas-que-un-manjar/

 

     Uns días máis tarde, o luns 16 de novembro, p xornal Faro de Vigo fíxose eco dos proxectos que están a desenvolver dentro do grupo NEUROLAM, parte dos cales están pendentes de obter financiamento. Para acceder ao texto da nova, premer no seguinte enlace:

 

http://www.farodevigo.es/gran-vigo/2015/11/16/lamprea-ayuda-entender-alzheimer/1351642.html

   

 
       

 

 

 

Actualizada o 15-04-2015

ANABAM estivo presente na mesa redonda sobre divulgación e investigación celebrada na facultade de Bioloxía da universidade de Vigo    

 

 

 

 

     A delegación de alumnos de Bioloxía "Lynn Margulis" organizou entre o luns 13 e o xoves 16 de abril unhas xornadas baixo o título "DivulGATE: A falar apréndese falando" no salón de actos do edificio de ciencias experimentais da universidade viguesa. Dentro do programa impartíronse un total de 12 charlas por parte dos estudantes que están preparando o seu traballo de fin de grao, xa que un dos obxectivos do evento é que collan soltura á hora de presentar os seus traballos científicos. Os traballos presentados trataron temáticas ben variadas e de diferentes ámbitos científicos, dende plantas carnívoras, invasoras e afrodisíacas, a embrioxénese somática da vide, a fitorremediación de augas residuais ou unha comparativa dos atraentes para trampas, ata o sistema olfactivo, as técnicas estereolóxicas ou o deseño 3D de órganos e tecidos, pasando pola caracterización e funcionalidade do enzima málico, o estudo xenético da acromatopsia ou os programas informáticos para a análise xenética de poboacións.

 

 

 

 

   

    Así mesmo, o martes 14 celebrouse unha mesa redonda sobre a divulgación e investigación, na que participaron como poñentes María Luísa Castro Cerceda, Luís Navarro Echevarría, Manuel Ángel Pombal Diego e Luís Velando Rodríguez. Os catro investigadores e profesores da universidade viguesa expuxeron boa parte das diferentes actividades de divulgación científica nas que participan; ao mesmo tempo, salientaron a importancia de achegar á sociedade, de forma rigorosa, o traballo que realizan os científicos. Cada poñente dispuxo duns 10 minutos de exposición. Pola súa banda, Manuel A. Pombal expuxo algunhas das actividades de divulgación levadas a cabo no seo do grupo de investigación NEUROLAM (neurobioloxía de lampreas) como dentro da nosa asociación. Boa parte delas desenvolvidas conxuntamente baixo o financiamento do proxecto Team-Miño. Charlas e conferencias, exposicións, cursiños e talleres, publicacións variadas, visitas guiadas e actividades de sensibilización ambiental, ou a posta en marcha da Ruta Máxica de Oia foron os temas centrais da súa presentación.

     Despois das catro presentacións houbo un animado debate cos asistentes ao evento.

      

 

 

 

 

      No derradeiro día organizáronse 4 conferencia relacionadas con especies invasoras e se proxectaron dous vídeos sobre a mesma temática producidos polo grupo Divulgare da propia facultade de Bioloxía (Grupo de ecoloxía e evolución de plantas). As conferencias versaron sobre os problemas que causan as especies invasoras (Luís González Rodríguez), as especies invasoras no campus Lagoas Marcosende (Alejandro Gómez Barandiarán), a problemática das acacias e mimosas (Francisco Alejandro Gómez Núñez) ou a Spartina patens, unha especie invasora das marismas (Jorge Pascual de Pedro). As causas e consecuencias das invasións biolóxicas producidas polo vinagrillo (Oxalis pes-caprae) e o mexillón cebra (Dreissena polymorpha) son os asuntos tratados nos vídeos proxectados. 

     Trátase, pois, dunhas xornadas que pretenden consolidarse dentro da facultade de Bioloxía e que levan camiño de conseguilo; nembargante, haberá que tentar unha maior implicación, tanto por parte do profesorado como do alumnado, xa que a asistencia ás diferentes actividades foi minoritaria.

 

 

 

 

 

    Actualizada o 25-03-2015

 

MANUEL A. POMBAL DIEGO,

Conferencia impartida dentro das xornadas gastronómicas “Padrón sabor a lamprea”

 

   
 

          

    

 

   O pasado 5 de marzo ás 20:00 h, o membro de ANABAM, Manuel Ángel Pombal “Peque” impartiu unha palestra dentro das actividades organizadas polo Concello de Padrón baixo o lema "Padrón, sabor a lamprea", coincidindo coa tempada de maior pesca e consumo desta especie. A palestra, titulada “A lamprea: unha longa viaxe entre o río e o prato" desenvolveuse nas instalacións do Restaurante Casa dos Martínez, en Padrón, e versou sobre diferentes aspectos e curiosidades relacionados co ciclo de vida deste ciclóstomo, así como sobre a súa distribución, taxonomía, estado actual das especies existentes na península Ibérica en xeral e nos ríos galegos en particular.

     Resultou unha tarde-noite entretida, xa que despois da presentación feita por Peque houbo un amplo debate que durou uns 50 minutos. Os máis de 20 asistentes fixeron numerosas preguntas e comentarios que animaron a post-charla máis tempo do inicialmente previsto, o cal é de agradecer.

 

     
     

 

    Actualizada o 2-03-2015

 

MANUEL A. POMBAL DIEGO,

NAS PRIMEIRAS XORNADAS GASTRONÓMICAS DE PADRÓN

 

   
 

          

     O Concello de Padrón está preparando unha serie de actividades baixo o lema "Padrón,, sabor a lamprea" con motivo da época de pesca e de consumo. Entre elas, inclúense, unha exposición fotográfica, a proxección dun documental, actividades de divulgación científica con nenos e adultos, sesións gastronómicas e algunhas palestras arredor do curioso mundo das lampreas, con diferentes enfoques: histórico, etnográfico, científico,etc.

    Pois ben, Manuel Ángel Pombal “Peque”, o noso Vicepresidente, foi convidado a participar nese evento, impartindo unha palestra que levará por título “A lamprea: unha longa viaxe entre o río e o prato" que terá lugar o vindeiro xoves, día 5 de marzo, ás 20:00 h no Restaurante Casa dos Martínez en Padrón.

    Estas xornadas comezan o día 27 de febreiro e rematarán o 15 de marzo.

 

    Actualizada o 10-12-2014

UN MEMBRO DE ANABAM GAÑADOR DO I CONCURSO DE RELATOS DO PARQUE NACIONAL MARÍTIMO-TERRESTRE DAS ILLAS ATLÁNTICAS DE GALICIA

   
 

           O Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia e a Dirección Xeral de Conservación da Natureza, organizaron un Concurso de Relatos para celebrar o Día mundial dos animais, que tivo lugar o pasado 4 outubro.

   Con dúas categorías (xuvenil e adulto) e dúas modalidades (relato curto e microrrelato), a temática do concurso foi a fauna do Parque Nacional das Illas Atlánticas de Galicia.

    O 2 de decembro coñecéronse os gañadores e finalistas do concurso, resultando o relato presentado polo socio de ANABAM e membro da Xunta Directiva, NoéFerreira-Rodríguez, gañador na categoría de adultos da modalidade de relato curto.

A narración lévanos ata a Casa de Galicia en Nova York, a mediados do século XX, onde se concentraban os emigrantes galegos que ían chegando do outro lado do Atlántico. A apertura de novas pontes comerciais entre a España de posguerra e os Estados Unidos fixeron que no seu apartamento da Rúa Brige, Afonso decidira por rumbo de regreso ao seu Mos natal para por en marcha o seu propio negocio de peles.

No buque Habana da “Trasatlántica” chegou a Vigo e tras reencontrarse coa terra que deixara atrás iniciou a súa actividade grazas aos visóns que trouxera consigo dende terras americanas.

Como resultado da acción dun grupo de liberación animal os visóns conseguiron fuxir e chegar ata as Illas Cies onde sobreviviron a base de corvos mariños, saramagantas e lagartos arnais ate que o arquipélago foi declarado Parque Nacional e comezara a súa captura.

     Dende aquí dámoslle o noso parabén a Noé por este novo premio que recibe e que esperamos siga por ese camiño.Parabéns.

 

 

       

Actualizada o 10-8-2014

   
 

 

FIGURAS DE AREA NA PRAIA DE CAMPOSANCOS

 

       
 

     Un ano máis, o concello da Guarda organizou o concurso de figuras de area, xa na súa XII edición, na praia do Muíño, en Camposancos. Como é habitual, un membro de ANABAM, presidente desta asociación, Agustín Ferreira, participou como membro do xurado calificador das figuras.

 

Na fotografía, a gañadora na categoría de 6 a 9 anos, Lara Rial Vicente.

 

 

 

.

    O concurso daba comezo ás 12 da mañá, rematando unha hora despois, ás 13 horas, e poucos minutos despois, pola megafonía, se daba o nome do primeiro e segundo clasificado de cada grupo.

 

Á dereita, a segunda clasificada, na categoría de 6 a 9 anos, África Vicente Baz.

 

Foron moitos @s nen@s participantes. Cada un plasmou nas figuras aquilo que desexaban como os típicos castelos, sirenas, o monte Trega, tartarugas, figuras de debuxos da TV, crocodrilos, etc. Algúns, non moitos, utilizaron elementos externos aos típicos que aparecen nunha praia, coma sal tinxida. Precisamente, unha das cousas que valoramos, como membros do xurado, foi a non utilización de elementos impropios da praia, como a citada sal tinxida.

 

 

Fotografía, Iria Martínez Villa, 1ª na categoría de 10 a 12 anos.

 

     Rematado o concurso, tódolos participantes foron agasallados cun xeado e unha pelota. Os gañadores das diferentes categorías recibiron unha camiseta do Concello e un chegue regalo para mercar en calquera librería da Guarda.

 

 

 

Fotografía, segunda clasificada na categoría de 10 a 12 anos. Sara Martínez Alonso.

 

 

       

Actualizada o 16-6-2014

   
 

 

XUNTANZA NA CÁMARA MUNICIPAL DE CAMINHA

 

       
 

     O pasado día 11 de xuño desprazámonos ata a veciña localidade de Caminha, onde tiñamos solicitada unha entrevista co responsable de Medio Ambiente da citada Cámara coa finalidade de lle informar sobre o Projeto Borrelho, xa que é unha nova corporación a que está ao fronte da mesma. A reunión foi posta para o mencionado día e invitamos á mesma ao noso colega do grupo NUCEARTES que traballa tamén no proxecto denda hai tres anos.

 

     A reunión tivo lugar ás 10 da mañá hora portuguesa, asistindo á mesma o Vicepresidente da Cámara, Guilherme Lagido (no centro da imaxe) e a funcionaria Angelina Cunha (á esquerda da fotografía), ademais de Domingos Vasconcelhos (primeiro pola esquerda) e dous membros de ANABAM, Noé Ferreira (na dereita da fotograía) e Agustín Ferreira.

 

     Non era preciso explicar polo miúdo o proxeto xa que Guilherme Lagido estivera con nós hai tres anos, na primeira xuntanza que tivemos cando o puxemos en marcha.  

 

 

 

 

.

 

       

Actualizada o 30-1-2014

   
             
 

OS FENTOS ARBÓREOS DE OIA

EN CANAL PLUS

 

        O programa "Veda Aberta" emitido por Canal Plus o pasado 20 de xaneiro, dedicou parte da súa emisión aos fentos arbóreos de Oia, para o que entrevistou ao membro de ANABAM, Noé Ferreira Rodríguez, responsable dos traballos de reprodución de ditos fentos e emitiu un pequeno documental sobre os mesmos e o entorno do mosteiro oiense.

 

      Para ver o vídeo, premer na imaxe.

 

 

 

 

.

 

   

Actualizada o 30-12-2013

 

 

ANABAM NAS XORNADAS DE

DIVULGACIÓN AMBIENTAL EN NIGRÁN

 

     

 

 

    O membro de ANABAM, Manuel Ángel Pombal Diego (Peque) participou durante os pasados días 20 e 21 de decembro nas Xornadas de Divulgación Medioambiental tituladas “Fauna Mariña Ameazada: Monitorización, Asistencia e Conservación”. Ditas xornadas foron organizadas polo Grupo de Acción Costeira (GAC-7, Ría de Vigo - A Guarda) e desenvolvéronse no auditorio do C.R.C. “O Torreiro” de Priegue (concello de Nigrán). Entre os colectivos colaboradores co evento figuraban a Coordinadora para o Estudio dos Mamíferos Mariños (CEMMA), la Coordinadora para el Estudio y la Protección de las Especies Marinas (CEPESMA), a Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), a Sociedade Portuguesa de Vida Selvagem (SPVS) e a Asociación Naturalista do Baixo Miño (ANABAM).

      Na xornada do venres, despois da presentación das xornadas por parte de dous representantes do GAC-7, a primeira charla foi impartida por Toño Vázquez (membro da Sociedade Española de Cetáceos -SEC-) e versou sobre os métodos de mostraxe para fauna mariña. Toño foi quen de ilustrar con exemplos concretos e cotiás os modelos de axustes matemáticos empregados para obter unha estimación do número de individuos existentes de unha especie ou grupos de especies mariñas.

 
       

 

      

De seguido, foi o Vicepresidente de ANABAM e profesor da Univ. de Vigo, Manuel A. Pombal (Peque) quen espuxo as amezas que sofre a píllara das dunas ou píllara papuda (Charadrius alexandrinus) e o traballo de protección que a nosa asociación ven desenvolvendo dende hai xa máis de 10 anos (proxectos Píllara-Borrelho); salientando algúns dos resultados obtidos nos últimos tres anos nas praias do norte de Portugal, dentro do proxecto Borrelho, así como os experimentos que están en marcha coordinados polo membro de ANABAM Noé Ferreira.

     Para rematar a xornada do venres, Xulio Valeiras, coordinador da Rede de Observación de Aves e Mamíferos Mariños (RAM) e técnico do Insttituo Español de Oceanografía (IEO) espuxo en que consiste e varios resultados do proxecto de monitorización costeira de cetáceos e aves mariñas desenvolvido principalmente a través de voluntarios (máis información en: http://redavesmarinas.blogspot.com.es/).

 

Foto: CEMMA

    

 
       

 

      Foto: CEMMA

 

     A xornada do sábado iniciouse coa palestra titulada “Varamentos masivos” e impartida polo especialista da CEMMA Alfredo López. Alfredo fixo un percorrido histórico polos casos de varamentos masivos rexistrados en Galicia, con especial énfase no acontecido recentemente preto de Estaca de Bares (varamento de 22 exemplares de caldeirón tropical -Globicephala macrorhynchus-, dos cales tan só sobreviviron 3 crías). A día de hoxe, segue sen coñecerse o por que deste tipo de varamentos masivos.

     A continuación foi a quenda de Ruth Fernández, quen presentou resultados relacionados coa ecoloxía do arroaz (Tursiops truncatus), boa parte dos cales foron obtidos durante a realización da súa tese de doutoramento.

     Logo foi a presentación do programa de recuperación desenvolvido polo Centro de de Reabilitação de Animais Marinhos de Quiaios (CRAM-Quiaios), sito na Ferigresía de Quiaios (Figueira da Foz, Coimbra) e pertencente á Sociedade Portuguesa de Vida Salvagem (SPSV; http://socpvs.org/). Marisa Ferreira explicou polo miúdo os medios cos que contan, así como o programa de actuación que realizan no seu centro como froito da experiencia acumulada durante os últimos anos.

 

 
   

 

  Foto: CEMMA

 

Antes da mesa redonda acerca da Conservación: monitorización, custodia do territorio, turismo e voluntariado, realizáronse outras catro pequenas presentacións. A primeira delas foi acerca do traballo desenvolvido por CEPESMA (http://www.cepesma.org/) para a recuperación, conservación, educación e divulgación dos ecosistemas mariños por parte do seu presidente Luís Laria; a segunda versou sobre as actividades relacionadas co varamento de cetáceos nas costas de Portugal realizadas no seo da Sociedade Portuguesa de Vida Salvagem (SPSV) e foi presentada por José Vingada (SPVS); logo, a representante de ADEGA (http://adega.info/web/portada.php?lg=gl) Lucía Parente, responsable de varios temas relacionados coa custodia do territorio e o voluntariado explicou cales son as estratexias e ferramentas que pretenden implicar á sociedade civil na conservación da natureza e a paisaxe; finalmente, Isidro Mariño xerente de “Iniciativas Tradicionales Marítimas S.L.” (INTRAMAR; http://www.intramar.org/) presentou o seu proxecto empresarial, proxecto que naceu e crece coa idea de preservar tanto o patrimonio material como inmaterial mariño e que oferta diversas rutas polas Rías Baixas a bordo do Chasula.

 

 
   

 

 

 

 

      O evento rematou cunha animada mesa redonda onde se trataron diversos aspectos tales como a importancia de xerar e difundir información para unha maior sensibilización da sociedade ante os problemas medioambientais, a necesidade de incrementar unha masa social crítica e a promoción do voluntariado, así como a necesidade de apoio económico por parte das institucións.

En conclusión, tratouse dun evento cargado de información moi interesante no que o único pero que se lle pode poñer foi a escasa asistencia de público. Neste aspecto, pode que as datas nas que se celebrou non axudaran polo inicio dos desprazamentos asociados co Nadal, sobre todo por parte dos estudantes. Sen embargo, creemos firmemente que é preciso organizar máis xornadas deste tipo nas que poder transmitir á veciñanza os traballos que se desenvolven no eido medioambiental e no seo de asociacións e colectivos como os convocados neste caso polo GAC-7, Ría de Vigo - A Guarda.

 
       

 

   

Actualizada o 30-12-2013

 

"A Viaxe de Wong a través do mundo"

NOVO TRABALLO PREMIADO DE NOÉ FERREIRA

 

     

 

 

 

 

 

    Un novo premio para o membro de ANABAM Noé Ferreira, nesta ocasión o 3º premio de relatos na edición 2013 de Efervescencia "A Ciencia que Conta". Vai sobre a imaxinaria viaxe da ameixa asiática, esa que dende os anos oitenta está no río Miño. O título do relato: "A viaxe de Wong a través do mundo".

    Noé está a traballar na actualidade nun proxecto de investigación relacionado precisamente coa ameixa asiática en Galicia

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

    Para ver o relato: premer AQUÍ

 

 

       

Fotografía gañadora do primeiro premio no X Concurso de Fotografía Biolóxica da Facultada de Bioloxía

da Universidade de Vigo. Autor: Noé Ferreira Rodríguez. 

 
       

 

PRIMEIRO PREMIO DE FOTOGRAFÍA BIOLÓXICA DA

UNIVERSIDADE DE VIGO PARA UN MEMBRO DE ANABAM

 

    Foron 35 participantes e case que 90 obras presentadas a esta décima edición do Concurso de Fotografía Biolóxica da Universidade de Vigo. Un certame no que ano tras ano mellora en calidade e a participación.

    Como ven sendo habitual, a entrega de premios tivo lugar nos actos de celebración de San Alberte, patrón da Facultade de Ciencias, o día 21 de novembro. A xornada comezou coa conferencia “De Copérnico a Darwin: origen de la ciencia moderna”, impartida polo ilustre profesor e investigrador Dr. Francisco J. Ayala.

    O socio de ANABAM e membro da xunta directiva, Noé Ferreira Rodríguez, presentou un total de tres fotografías, sendo elexida a que figura na cabeceira desta información. Se unha honra foi acadar o primeiro premio, máis honra, se cabe, foi recibir este premio de mans do propio profesor Ayala o recoñecemento a unha das obras presentadas baixo o título “Timon, timon!”.

    A obra premiada, retrata un lagarto arnal (Timon lepidus) na praia da Arda (Afife) durante o desenvolvemento do “Projecto Borrelho 2013”, proxecto encamiñado a protexer os niños de píllara das dunas (Charadrius alexandrinus) no norte de Portugal, cando tomaba o sol sobresaíndolle a cabeza de entre as separacións existentes entre as baldas dunha das pasarelas de protección das dunas.

   Dende ANABAM vai nosos parabéns a Noé pola obra premiada.

 
       

 

      Actualizada o 15-12-2012  
 

UN MEMBRO DE ANABAM ACADA O RECOÑECEMENTO NO 9o CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BIOLÓXICA 2012 DA UNIVERSIDADE DE VIGO

 

     

 

      O pasado 21 de Novembro, inaugurouse na Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo unha exposición cos traballos presentados ao 9o Concurso de Fotografía Biolóxica 2012, organizado pola nomeada facultade e patrocinado pola Vicerreitoría de Extensión Universitaria da UVigo.

    Tanto a exposición coma os actos que a acompañaron durante toda a semana formaron parte da celebración da festividade de San Alberte, patrón da Facultade.

   O día 22 de Novembro logo da charla sobre os mamíferos mariños e tartarugas das nosas costas, impartida polo representante  da CEMMA, Alfredo López, tivo lugar a entrega de premios na que o socio e membro da xunta directiva de ANABAM, Noé Ferreira, acadou o recoñecemento nun dos traballos presentados cun accésit para a fotografía “Formigas” realizada nunha vila do interior de Romanía.

 

 

 

    Ademais deste traballo, entre as obras presentadas e que amosaban unha ampla visión da bioloxía en tódalas súas vertentes, atopábanse dous traballos máis do mesmo autor, nun deles baixo o título de “Saramaganta” amosábase un primeiro plano deste anfibio realizado na Valga (Oia), o outro traballo presentado correspondía a unha composición cun cogumelo coma tema principal realizada na Illa de Sálvora, ámbolos dous fotografados a principios do 2012.

 
 

      Dende ANABAM, dámoslle os noso parabéns a Noé polo éxito e o interese no mundo da biodiversidade.  
         

   

 

 

 

Actualizada o 15-11-2012

 
 

CONFERENCIA NO CENTRO CULTURAL DE VILADESUSO

INTRODUCIÓN Á MICOLOXÍA

 

     
   

  

     O pasado xoves día 8 de novembro, o vicepresidente de ANABAM Manuel A. Pombal Diego, impartiu unha conferencia titulada “Introdución á Micoloxía” dentro da programación das Xornadas Culturais 2012 organizadas pola Asociación de Veciños da parroquia de Viladesuso (concello de Oia).

    .

 
   

     O acto tivo lugar no centro cultural de Viladesuso e contou coa presenza de preto de 40 persoas, entre adultos e cativos. A citada conferencia estivo apoiada por diapositivas que ilustraron aqueles aspectos de maior interese para iniciarse no interesante, pero complexo ás veces, mundo dos cogomelos (setas). A charla comezou coa descrición do reino fungi ou micetal, destacando as principais características dos fungos, e coa definición dos termos fungos e cogomelos. Despois de comentar o seu ciclo reprodutor e o seu crecemento, fíxose un repaso de algunhas das características das setas e das normas básicas para a súa recolleita. A continuación abordáronse aqueles aspectos que se deben ter en conta para a súa correcta identificación macroscópica e se repasaron as características dos cogomelos comestibles mais abondosos e as súas confusións posibles con especies tóxicas ou mortais. A charla rematou despois de comentar algunhas regras, de tradición maiormente oral, que co tempo se demostraron ser falsas. Finalmente, se amosaron algúns exemplares de especies comúns que se poden atopar polos arredores e se comentaron as súas características, apoiándose, en parte, en varias guías de setas que estaban a disposición dos asistentes

 
         

 

        Actualizada o 02-05-2012  
 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

   

NOÉ FERREIRA REPRESENTARÁ A ANABAM

NUN CONGRESO INTERNACIONAL EN BRAGANÇA

ANABAM estará representada no “International meeting on biology and conservation of freshwater bivalves” *que se desenvolverá en Bragança  entre o 4 e o 7 de Setembro de 2012.

Resistance and metabolism variations in the Asian clam Corbicula fluminea (Müller, 1774) to osmotic stress in the River Miño estuary” (Resistencia e variacións metabólicas na ameixa asiática Corbicula fluminea (Müller, 1774) ao stres osmótico no Esteiro do Río Miño) é o título do estudo que presentará Noé Ferreira. Este traballo é unha explicación do éxito invasivo da ameixa asiática e a súa adaptación fisiolóxica ás cambiantes condicións de salinidade que presenta o esteiro.

 

Noé Ferreira é vocal de ANABAM.

 
   

Este estudo desenvólve se  na Universidade de Vigo baixo a coordinación da Dra. Isabel Pardo do Departamento de Ecoloxía e Bioloxía Animal dende o mes de Outubro do pasado ano, comezando a obter os primeiros resultados que serán presentados neste congreso.

*Páxina web do Congreso:  http://esa.ipb.pt/bivalves/

     
           

 

      Actualizada o 15-03-2012  
 

 

WORKSHOP

"OS ANFIBIOS DA SERRA D'ARGA"

 

     
 

 

     Á esquerda, os integrantes do Grupo de Traballo de ANABAM que sisitiron, o sábado 10 de marzo, ao taller de anfibios da Serra d'Arga, no veciño país. De esquerda á dereita: Carlos Angílica, Manuel A. Pombal, Ricardo da Silva, Agustín Ferreira, Ricardo Portela e Mª Consuelo González.

 

   Este workshop, estivo organizado pola Cámara Municipal de Caminha, no ámbito da programación do CISA (Centro de Interpretación da Serra d'Arga).

 

    O ponente foi o especialista Vasco Flores Cruz, investigador do Centro de Investigação en Biodiversidade e Recursos Xenéticos (CIBIO) da Universidade do Porto e da Associação Guarda Rios do Lima.

 
         
 

 

       O taller deu comezo ás cinco da tarde cunha introdución aos anfibios de Portugal. Esta primeira parte estivo apoiada cunha proxección que ilustraba as explicacións dada polo profesor Vasco Flores. Arredor das oito da tarde, unha vez remata a parte teórica, levouse a cabo a saída práctica ao campo. Esta actividade durou ata as 10 da noite. Na saída observamos un bo número de anfibios: ra común, sapiño corriqueiro, sapiño comadrón, pintafontes, etc.

 

     Na fotografía da esquerda, un dos momentos correspondentes á saída práctuica a un pequeno regato dos arredores.

 
         

 

      Actualizada o 28-02-2012  
 

 

Dous membros de ANABAM envían un artigo para a súa publicación

nunha revista internacional

 
         
 

=============================================

 

Os membros activos de ANABAM Noé Ferreira Lorenzo e Manuel Ángel Pombal Diego en de enviar o artigo que leva por título “Ecological values of the Miño estuary and good practices related to ornithology” (Valores ecolóxicos do esteiro do Miño e boas prácticas relacionadas coa ornitoloxía) para ser avaliado coa finalidade de ser publicado na revista “Scientific Annals of the Danube Delta Institute”. Esta revista é publicada anualmente polo Danube Delta National Institute for Research and Development – Tulcea (Romania).

 
 

 

 

     Neste artigo, os autores, ademais de salientar os valores naturais do último treito do río Miño (incluído en dúas áreas de protección dentro da rede Natura 200: Lugar de Importancia Comunitaria Baixo Miño pola Directiva Hábitats e Zona de Especial Protección para as Aves Esteiro do Miño pola Directiva Aves), céntranse na riqueza ornitolóxica da zona. Baseándose nos datos dos censos que ANABAM ven realizando dende a tempada 1985-86, comentan tanto a evolución xeral como a dalgunhas especies en particular das 79 especies de aves acuáticas (ou directamente relacionadas co medio acuático). Todas estas especies, pertencentes a 20 familias e 9 ordes, foron observadas e cuantificadas durante os meses de Setembro a Marzo, que son os meses de maior querenza de aves no esteiro do Miño coincidindo co seu paso cara ás areas de invernada en África.

    Ademais, no artigo tamén se describen dúas das actividades desenvolvidas por ANABAM especialmente relacionadas coa ornitoloxía, como son as visitas ornitolóxicas guiadas ao esteiro do Miño e a campaña de turismo ornitolóxico.

 
 

   As primeiras véñense desenvolvendo dende hai 25 anos, sobre todo con colexios de primaria e secundaria, pero tamén con outros moitos colectivos e asociacións. As campañas de turismo ornitolóxico, nas que se trata de implicar tamén aos comercios e outras entidades colaboradoras, comezaron a súa andaina hai dous anos. Con este tipo de actividades, dende ANABAM preténdese, ademais de divulgar os valores naturais do Baixo Miño, sensibilizar tanto a poboación local como ós visitantes da necesidade de protexer este enclave tan singular para que as vindeiras xeracións tamén poidan seguir gozando del.

    Agora o artigo vai pasar por un sistema de “referees” (avaliadores anónimos para os autores) que terán que facer un informe tanto do “fondo” dos temas tratados no artigo, como da “forma” (que a presentación estea acorde coas normas da citada revista). Alá para dentro dun mes, coñecerase o informe dos avaliadores, así como os comentarios do consello editorial da revista, os cales serán determinantes para a aceptación ou non do artigo.

    Agardamos, pois, traer a esta páxina boas novas relacionadas coa avaliación deste artigo a finais de Marzo.

 

 

 

 

      Actualizado o 14-02-2012  
 

 NOÉ FERREIRA

VOCAL DA CEMMA

 

    Dende o sábado día 11, Noé Ferreira Rodríguez, actualmente vocal de ANABAM, forma parte tamén da vocalía da CEMMA, en representación de ANABAM, trala elección da nova Xunta Directiva daquela asociación. No seo da nosa asociación está encargado de tratar de reproducir os fentos arbóreos de Oia a partir de esporas que recolleu hai uns meses. Tamén vai tratar de reproducir outro dos fentos, a Woodwrdia radicans. Xunto con outro membro de ANABAM, Manuel A. Pombal Diego, representou a ANABAM nun recente congreso en Rumanía. Hai dous anos presentou un panel nas Xornadas sobre o Río Miño en Vila Nova de Cerveira.

 

   Esperamos que a CEMMA se vexa enriquecida un pouco máis co labor que desenvolva Noé, ao que dende aquí lle desexamos un bo traballo nesa entidade dedicada ao mundo dos cetáceos e demais mamíferos mariños.

 

  

 

 

      Actualizada o 15-12-2011  
 

 

 

A FOTOGRAFÍA “CREANDO BOSQUES” DE NOÉ FERREIRA GALARDONADA CO 3º PREMIO NO VIII CONCURSO DE FOTOGRAFÍA BIOLÓXICA DA UNIVERSIDADE DE VIGO

    Co gallo da celebración de San Alberte, patrono da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, convocouse o VIII Concurso de Fotografía Biolóxica 2011 desta universidade.

     Coincidindo co ano Internacional dos Bosques, o tema das fotografías versou sobre estes espazos.

 
 

 

     O 16 de Novembro foron entregados os premios realizándose unha exposición cos traballos presentados. Un total de 86 fotografias entre as que o noso socio e vogal, Noé Ferreira, obtivo o terceiro premio coa imaxe titulada “Creando Bosques”.

     Esta fotografía foi obtida no ano 2008 cando se levou a cabo unha plantación colectiva para crear o que se chamou "Un bosque para unha bolboreta", unha actividade organizada por ANABAM para facer un pequeno bosque dedicado á bolboreta Charaxes jasius, na que participaron grandes e pequenos. Precisamente unha das fotografías sacadas nesa plantación por Noé Ferreira foi a que obtivo o terceiro premio na Universidade viguesa: son un neno e unha nena no momento no que estaban a plantar o seu érbedo.

    Pois dende aquí, nosa noraboa a Noé.

 

 

 

     

Actualizada 0 29-11-2011

 
 

PARTICIPANTES NO CENSO DE

NOVEMBRO

     
 

 

      Como xa é habitual, continuamos levando a cabo os censos de aves acuáticas no Esteiro do Miño. Estes censos son efectuados tódolos últimos sábados de cada mes, estando abertos a tódalas persoas que desexen participar nos mesmos, sexan ou non membros de ANABAM.

 

    Na fotografía, membros de ANABAM que participaron no censo deste mes de novembro, de esquerda á dereita: Carlos (ao fondo); Ricardo, Agustín e Sonsoles, observando as aves na zona da Armona. (Foto Mª Consuelo González de Dios-anabam).

 
         
 

 

     Magnífico contraluz obtido por Chelo, na tardiña do pasado sábado día 26 deste mes de novembro, cando varios integrantes regresaban logo de levar a cabo o reconto das aves. (Foto Mª Consuelo González de Dios-anabam).

 
         
 

Foto do equipo de campo que participou no censo da tarde, de esquerda á dereita:

Agustín ferreira; Ricardo da Silva; Antón Ferreira; Luis Dorado; Andrés da Silva; Elena da Silva; Sonsoles Vicente;

Mª Consuelo González e Carlos Angílica. (Foto Mª Consuelo González de Dios-anabam).

 

 

       

     Á esquerda, dous dos integrantes do equipo de censo que participaron no grupo da mañá, cando estaban nun dos observatorios ornitolóxicos contando as aves: ao fondo Salvador Rodríguez e en primeiro lugar, Manuel A. Pombal. (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam).

    Un dos grupos que participou no censo de aves do pasado mes de setembro: De esquerda á dereita: Ricardo Portela; Antón Ferreira; Ricardo da Silva e Elena da Silva. (Foto Rocardo Portela-anabam)

 

      Actualizada o 14-11-2011  
 

 

ANABAM NO

PRIMEIRO ENCONTRO DE CUSTODIA DO TERRITORIO

 

Por Noé Ferreira Rodríguez

 
 

 

 

 

     

    Organizado por ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza), en colaboración coa AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio) e financiado pola Deputación da Coruña, o pasado 29 e 30 de Outubro celebrouse no Centro Social Novacaixagalicia de Santiago de Compostela o “I Encontro Galego de Custodia do Territorio. Situación e Perspectivas”.

    A custodia do territorio enténdese como unha estratexia para conservar os valores naturais, culturais e paisaxísticos, complementando e facilitando aos instrumentos e políticas de conservación existentes (parques, reservas…).  O termo custodia implica a colaboración entre dous ou máis axentes sociais na conservación dos valores do territorio.

    A través das entidades de custodia (públicas ou privadas sen ánimo de lucro) preténdese conseguir a implicación voluntaria dos propietarios na conservación.

    O acordo de custodia entre propietarios e entidades de custodia implica o compromiso dos primeiros no respecto e aplicación de determinadas condicións de xestión e protección da finca. A cambio a entidade de custodia asesora na xestión, implícase no mantemento e fai un seguimento anual de dita finca.

    Neste ámbito ANABAM a través do autor dete artigo, presentou  o proxecto Charaxes jasisus: Un bosque para unha bolboreta, que foi seguido con moito interese polos asistentes. Explicando todo o proceso dende que  través dun convenio de colaboración firmado no ano 2008 coa Comunidade de Montes de Camposancos foi cedido por un período de 10 anos prorrogables, unha parcela dunha hectárea na  ladeira oriental do Monte Trega. Este proxecto obtivo excelentes resultados o pasado ano coa confirmación da reprodución no erbedal da bolboreta Charaxes jasius.

     Entre os participantes presentáronse interesantes proxectos de custodia por parte de fundacións, asociación ecoloxistas e outras entidades de custodia como agrupacións de gandeiros.

    O encontro finalizou coa visita a dúas experiencias de custodia na provincia da Coruña, a Reserva Mariña Mar de Lira, onde a instancias dos propios mariñeiros creouse unha reserva mariña e a Cooperativa Raíña Lupa, unha comunidade de bens de propietarios de terras, que ían ser afectadas pola ampliación da planta acuícola de Stolt Sea Farm de Quilmas.

    Ademáis os participantes comprometéronse a seguir traballando neste senso, contemplando a posibilidade da creación dunha rede galega de custodia do territorio e un segundo encontro o vindeiro ano, onde seguir intercambiando experiencias e coñecer a evolución desta ferramenta na comunidade.

Máis info sobre a Custodia do Teritorio:

 http://www.custodiaterritori.org

 
         

 

      Actualizado o 27-10-2011  
 

DELTA DO DANUBIO: UN UNIVERSO DE SENSACIÓNS (2ª parte)

 

 

por Manuel A. Pombal Diego

 
         
 

 

 

Percorrido en barco

    Tulcea é unha cidade duns 100.000 habitantes localizada a uns 70 km do mar Negro e constitúe o principal porto interior do delta do Danubio. Nas proximidades de Tulcea, o Danubio divídese en tres brazos principais denominados Chilia (58% do caudal), Sulina(19%) e St. George (San Jorge; 23%). O primeiro en formarse, antes de Tulcea, é o de Chilia, que maioritariamente serve de fronteira entre Romanía e Ucraína. Despois de Tulcea sepáranse os outros dous, sendo o de Sulina o central, que ademais é o que serve de entrada aos grandes barcos que navegan polo Danubio. Boa parte desta rama foi creada artificialmente, incluso dividindo en dous un antigo lago. Do porto de Tulcea saen excursións organizadas en barco a tódolos sitios do Delta, tanto para viaxes de natureza como para pescar.

 
 
         
 

       A nosa saída comezou ás 9.30 da mañá, cun pouco de aire fresco que mantiña espertos aos que se animaron a viaxar na cuberta superior. A primeira parte da viaxe foi de descenso polo brazo común a St George e Sulina, adentrándonos despois polo brazo mais comercial, o de Sulina. Nada mais saír de Tulcea, xa comeza a verse un variado bosque de ribeira, pequenas praias, barcas de pescadores e todo tipo de barcos: de mercadorías, de guerra, barcazas das usadas nos dragados, de recreo e turísticos, incluso petroleiros. De cando en vez, aparecen pequenos peiraos de amarre das barcas de pesca ou mais grandes, pertencentes a algún hotel ou porto de atraque de barcos de pasaxeiros e mercadorías. Hai zonas máis poboadas, onde enfronte de cada casa hai un pequeniño pantalán para unha soa barca. No propio delta do Danubio hai varias cidades, algunhas das mais importantes son Maliuc, Crisan ou Sulina (cidade mais oriental de Romanía). Aínda que a acampada libre non está permitida, tamén abundan as tendas de campaña a beira do río que son usadas polos pescadores.  
         
 

 

Boa parte das beiras están tratadas con formigón, moitas veces cuberto de pedras, para protexelas das crecidas e evitar inundacións. Ben é certo que cando hai enchentas, aínda que as casas estean protexidas directamente da canle do río, estas poden verse inundadas pola auga que chega pola parte de atrás, debido a que todo o delta e moi plano. Despois de descender durante unhas horas polo brazo de Sulina, pouco antes de chegar á cidade de Crisan, xiramos á esquerda para entrar por canles moito mais estreitas, podendo apreciar moito máis cerca o entorno natural. O día estaba espléndido e soleado (xa non facía o fresco de primeira hora da mañá), o cal destacaba os colores, maioritariamente verdes, da vexetación de ribeira ao mesmo tempo que proxectaba as súas sombras sobre as augas, mais ben turbias, que surcábamos.

  

 
         
 

 

    Retornamos a Tulcea a iso das 18.00 bastante cansos, pero coa ledicia de ter gozado da inmensidade do delta do Danubio, da súa inesquecible paisaxe e dunha boa parte da súa flora e da súa fauna. A nosa única pena era que o congreso tocaba ao seu fin e había que irse preparando para regresar á casa, pero, sen dúbida algunha, impresionados pola experiencia vivida.

 
 
         
 

 

   Chegou a hora da comida: unha comida típica con mesa, mantel e boas viandas. Foi no piso de abaixo do barco, o cal non se detivo nin un solo momento, polo que semellaba que estábamos sentados no mesmo leito do río, gozando tanto das marabillosas vistas como da comida. Despois do xantar  pasamos bastante tempo na proa do barco, tomando fotos de todo o que acontecía ao noso arredor, incluíndo detalles da paisaxe e tamén de varias especies presentes no delta. Ratas de auga, patos, limícolas, corvos mariños, garzas, garzotas, unha cobra moi cerca dunhas crías de pato que non sabemos se lle serviron de alimento e, sobre todo, pequenos peixes e centos (mais ben miles) de diferentes especies de rás. Co movemento do barco, o efecto suctor producido polos seus motores facía que o nivel de auga diminuíse arredor dun metro ao mesmo tempo que producía unha onda nos laterais que revolvía o sedimento, o cal ennegrecía a auga que desprazaba. Ao diminuír o nivel da auga, quedaban na superficie, normalmente inclinada, do leito do río pequenos peixiños que tentaban desesperadamente regresar á auga revolta, polo que detrás do barco case sempre voaban varias aves (sobre todo gaivotas) que trataban de alimentarse dos peixes que quedaban en seco ao paso do barco.

 
 
         
 

 

     O que mais nos sorprendeu foi o incrible número de rás que puidemos observar en case todos os tramos do percorrido polas pequenas canles. Son varias as especies de rás presentes no delta do Danubio, algunhas delas presentan unha cor verde moi rechamante, mentres que outras eran dunha cor marrón escura. O certo é que, ás veces, había unha grande densidade podendo observar mais de 10 ou 15 rás por metro lineal con relativa facilidade.

   

 
 
         
 

       Fixemos algunha parada pequena, sen baixar do barco, a carón dalgunha das moitas lagoas que cobren o delta para visualizar a biodiversidade (maioritariamente aves) que podiamos observar dende o barco. Iso si, non fomos quen de ver os afamados pelicanos de cerca, aínda que si puidemos ver algunha bandada sobrevoando as nosas cabezas, co seu maxistral voo de formación.  
         
 

     
         

 

      Actualizado o 13-10-2011  
 

ANABAM ESTARÁ PRESENTE NO

"I ENCONTRO GALEGO DE CUSTODIA DO TERRITORIO"

 

     
 

 

 

ADEGA (Asociación para a Defensa Ecolóxica de Galiza) en colaboración coa AGCT (Asociación Galega de Custodia do Territorio) e financiadas pola Deputación da Coruña, organizan o primeiro Encontro Galego de Custodia do Territorio co obxectivo de analizar a situación en Galiza,  as súas posibilidades de futuro e presentar á cidadanía esta estratexia de conservación.

Lugar de Celebración: Centro Social Novacaixagalicia, Praza de Cervantes.

 Data:  29 e 30 de outubro

 

 

 
     
 

 

 

   ANABAM vai estar presente neste Encontro, sendo o membro da directiva, Noé Ferreira Rodríguez, quen representará á nosa asociación, presentando o proxecto "Un bosque para unha bolboreta", proxecto que vimos desenvolovendo dende o ano 2007 nunha parcela cedida pola Comunidade de Montes de Camposancos e que ten coma obxectivo crear as condicións axeitadas para o desenvolvemento de Charaxes jasius, unha bolboreta localizada por primeira vez na comarca no ano 2006, da que non se tiña constancia da súa presenza no municipio guardés.

 

    Aínda por coñecer os pormenores do encontro, está previsto que ANABAM participe na Mesa 4. A custodia en terras agrarias e forestais.

 

 
         

 

     

Actualizada o 13-10-2011

 
 

DELTA DO DANUBIO: UN UNIVERSO DE SENSACIÓNS (1ª parte)

 

 

por Manuel A. Pombal Diego

 
 

 

 

O pasado mes de setembro, dous membros da nosa asociación participaron nun congreso internacional na cidade de Tulcea (Romanía). No derradeiro día do programa de dito congreso celebrouse un paseo en barco por algunhas das múltiples canles do delta do Danubio.

 
         
 

 

 

Os números do Danubio e o seu delta

O Danubio é o segundo río mais longo de Europa (2.840 km de lonxitude e unha conca de 817.000 km2), despois do Volga en Rusia. Nace nas montañas da Selva Negra, en Alemaña, pasa por 10 países e 4 capitais (Viena, Bratislava, Budapest e Belgrado), e desemboca no mar Negro a través de tres ramas (Chilia, Sulina e St. George) que conforman o delta.

 

 
 

        En 1991 este delta foi nomeado patrimonio da humanidade pola UNESCO, localízase entre Romanía e Ucraína, e ocupa unha superficie de 4.178 km2 (para comparar, a provincia de Pontevedra ten tan só uns 400 km2 mais), dos cales 3.446 km2 (82%) encóntranse en territorio de Romanía e o resto en Ucraína.E sigue crecendo a un ritmo superior aos 40 m por ano. Aínda así, en canto a tamaño, o delta do Danubio éo terceiro delta de Europa e o número 22 do mundo.Por outra banda, ocupa o octavo posto na lista dos humedais do mundo e o terceiro posto en canto a biodiversidade (despois das Galápagos e o arrecife de coral australiano). Claro está que falando de números, os do delta do Danubio son case sempre mareantes; así, no texto do póster que deron como parte da información do congreso, coméntase que posúe 30 tipos de ecosistemas, 2.994 especies de plantas, e 4.262 de animais (331 de aves, das cales 70 son extraeuropeas, e 135 de peixes,5das cales son de esturión:Acipenser gueldenstaedtii, A. nudiventris, A. stellatus, A. sturio, e Husohuso). Posúe a poboación europea mais grande de pelicano branco (Pelecanusonocrotalus;8.000 individuos) e a mais grande do mundo de pelicano crespo (Pelecanuscrispus;800 individuos); ademais do 60% da poboación mundial de corvo mariño pigmeo (Phalacrocoraxpigmaeus; 6.000 individuos) e o 50% da poboación de ganso de pescozo rubio (Brantaruficollis; 40.000 exemplares no inverno). No delta do Danubio tamén se encontra a xunqueira máis grande do planeta que ocupa uns 1.560 km2.  
         

 

      Actualizado o 04-10-2011  
 

ANABAM PRESENTOU DÚAS PONENCIAS NUN

CONGRESO INTERNACIONAL EN ROMANÍA

 

 

 
       
 

       Dous membros da nosa asociación, o vicepresidente Manuel Ángel Pombal e o vocal Noé Ferreira, tamén membros de Minhonet (pertencente ao proxecto europeo denominado DELTANET) participaron na vixésima edición do congreso “Deltas and wetlands” (Deltas e humedais), onde presentaron dúas ponencias. Os dous traballos foron agradecidos aos compañeiros de ANABAM, aos proxectos DELTANET eTEAM-Minho e a fundación “WeedenFoundation”.

   
       
 

“Deltas and Wetlands”Conference

A reunión estivo organizada polo Danube Delta National Institute for Research and Development (InstitutoNacional de Investigación e Desenvolvemento do Delta do Danubio), no seo do proxecto DELTANET e celebrousedo 14 ao 16 de Setembro na cidade de Tulcea (Romanía), sita a carón do impresionante delta do río Danubio. Uns 100 congresistas de varios países europeos participaron no evento. A conferencia estivo organizada como segue:

O primeiro día (14) houbo dúas sesións plenarias, unha dedicada aos impactos antropoxénicos nos ecosistemas dos deltas e outra á recuperación dos deltas (hábitats e especies), e unha sesión temática baixo o título: Impacto antropoxénico, recuperación ecolóxica e boas prácticas, dentro da cal presentou Noé Ferreira a súa ponencia.

O segundo día (15) houbo unha sesión plenaria dedicada ao seguimento e control da biodiversidade, e unha sesión temática co mesmo título, dentro da cal presentou a súa ponencia Manuel Ángel Pombal. Finalmente houbo unha sesión de paneis e un debate final no que se elaborou unha serie de conclusións e recomendacións.

O último día de congreso, venres 16, foi dedicado a un paseo en barco por algunhas das numerosas canles que posúe o extenso delta do Danubio. Incluiremos unha reportaxe do paseo na próxima actualización da web.

 
         
 

Ponencia de Noé Ferreira

 Noé Ferreira presentou a ponencia titulada “Goodpractices and sustainable activities developed by ANABAM in the Minho estuary” (Boas prácticas e actividades sostibles desenvolvidas por ANABAM no esteiro do Miño). Despois de comentar a orografía do esteiro do Miño e salientar os seus valores ecolóxicos, Noé destacou algunhas das actividades promovidas por ANABAM nos mais de 26 anos de historia da  asociación para dar a coñecer e protexer o entorno natural do Baixo Miño galego-portugués. Entre outras están o rexeitamento a varios proxectos ameazantes tales como a construción dun porto deportivo ou dun campo de golf nunha das illas. Outro dos temas tratados e o rexeitamento da nosa asociación á práctica de deportes a motor (lanchas e motos acuáticas) que consideramos incompatibles cos valores naturais que posúe o esteiro do Miño; nembargante, non nos opomos a outros deportes menos agresivos co entorno, como poden ser a vela ou o piragüismo, sempre e cando estean perfectamente regulados.

Tamén apuntou algunhas das actividades de divulgación levadas a cabo por ANABAM como é o caso das visitas guiadas ao esteiro do Miño, visitas que retomamos co inicio da chegadas das especies invernantes neste enclave tan particular. A promoción do turismo ornitolóxico e a protección dos ecosistemas dunares, xestionando  a construción de pasarelas de madeira e valados de protección así como a consecución da limpeza manual nos areais da marxe galega.

 
         
 

Extracción de áridos e o “problema” do ferri

 Outro dos temas no que fixo especial fincapé Noé, foi a intensa loita ecoloxista liderada por ANABAM e desenvolvida durante anos para a erradicación da extracción de área na desembocadura do Miño, agás, a día de hoxe, do dragado do canal do ferri. En relación co ferri, tamén salientou a proposta desta asociación  de usar a canle natural empregada polas barcas de pesca, o cal por unha banda implica un enorme beneficio económico posto que habería que dragar o río menos veces, extraendo menos area que cando se fai no traxecto actual; por outra banda, produciríase unha menor alteración medioambiental tanto na canle do propio río como no proceso de almacenamento da area ou mesmo nas nosas costas (no derradeiro dragado tamén se gastaron moitos cartos vertendo area en portos como o de Santa María de Oia -enfronte o Mosteiro- ou no de Mougás, area que foi practicamente eliminada na súa totalidade coas primeiras marusías). Ademais, extraendo menos area, está podería ser usada polos concellos do Baixo Miño para realizar obras de pequena envergadura, pero sempre necesarias, a realizar polos propios operarios dos concellos ou calquera outro colectivo ou asociación, tales como reparar camiños, facer muros, ou acondicionar beirarrúas.

 
         
 

Ponencia de Manuel Ángel Pombal

 

Algúns dos casos prácticos de protección e conservación de especies ameazadas no esteiro do Miño (Practical cases of protection and conservation of  threatened species in the Minho estuary) foron obxecto da ponencia presentada por Manuel Ángel. Ademais de comentar os traballos encamiñados a evitar que especies como o carábido Eurynebria complanata ou as plantas Otanthus maritimus e Corema album desaparezan definitivamente do Baixo Miño galego-portugués, dedicou a maior parte da súa presentación a un dos proxectos que ANABAM ven desenvolvendo dende hai mais de 10 anos, e considerado un dos proxectos estrela da nosa asociación, o Proxecto Píllara (dedicado á protección da Píllara papuda –Charadrius alexandrinus-) ou “ProjectoBorrelho” (Borrelho-de-coleira-interrompida, nome que recibe esta ave en Portugal).

 
         
 

Proxecto Píllara/Borrelho 

Despois de comentar algunhas características da ecobioloxía das píllaras, a súa distribución no Baixo Miño galego-portugués (comprendendo ás praias de Camposancos, Camarido, Moledo, Vila Praia de Âncora e AFife), e as súas ameazas, centrouse na evolución das medidas de protección desenvolvidas por ANABAM.

Comezou explicando a evolución do gaiola de protección, deseñado por ANABAM, así como do valado de protección, comentando o deseño final acadado alá polo ano 2006, despois de varios anos modificando os modelos iniciais. Logo comentou os resultados acadados entre os anos 2001 e 2007 na praia de Camposancos. Finalmente, destacou os prometedores resultados acadados este pasado verán nas praias do norte de Portugal onde, a iniciativa de ANABAM, se desenvolveu por primeira vez unha intensa campaña de protección dos niños de Píllara en colaboración con varios colectivos da bisbarra. Froito dese traballo, cuxo desenvolvemento se pode seguir na sección desta web adicada ao proxecto Píllara/Borrelho, conseguiuse un grande éxito (alomenos nos o consideramos así), posto que dos 34 niños localizados, 19 foron adiante, conseguindo que naceran 53 polos dos 93 ovos atopados.

Esta segunda ponencia rematou cun pequeno vídeo resumo de 4 minutos de duración, que tivo moi boa acollida polos investigadores asistentes á conferencia.

Cabe salientar que fomos convidados a escribir sendos artigos co obxecto de seren publicados na revistaoficial do Instituto Nacional de Investigación e Desenvolvemento do Deltado Danubio “Scientific Annals of the Danube Delta Institute“.

 
         

 

         
 

DOUS MEMBROS DE ANABAM

ASISTIRÁN EN RUMANÍA AO CONGRESO DE DELTANET

     
         
 

 

  

Manuel A. Pombal Diego, "Peque", profesor e investigador na Universidade de Vigo e Noé Ferreira Rodríguez, estudante de Bioloxía na mesma Universidade, ámbolos dous membros da Xunta Directiva de ANABAM, estarán os vindeiros días 13 ao 16 deste mes de setembro no Congreso de Deltanet, organizado polos socios romaneses deste proxecto.

 
         
 

 

    Deltanet é un proxecto financiado con fondos da Unión Europea ( Instituto Interrexional de Cooperación do Programa INTERREG IVC, financiado polo Fondo de Desenvolvemento Rexional) no que participan universidade de 8 estados e no que se trata de poñer en común e compartir os coñecementos e experiencias relacionados coas boas prácticas nas áreas de innovación e a economía do medio ambiente así coma prevención de riscos. No que respecta a esta zona, a Universidade de Vigo, a través do departamento de Economía ecolóxica, é a encargada da coordinación do mencionado proxecto a través de Minhonet.

 

    En Rumanía a Conferencia Internacional de Deltanet tratará sobre os "Deltas e Estuarios" e se desenvolverá en Tulcea, na ribeira da desembocadura do Danubio

 
         
 

 

     

     Manuel A. Pombal e Noé Ferreira, exporán varios proxectos e experiencias desenvolvidos por ANABAM, algúns deles dende hai máis dunha década, así no que respecta as boas prácticas e nas que aposta esta asociación para potenciar e manter os valores naturais que ten o esteiro do Miño, está a campaña de Turismo Ornitolóxico iniciada no pasado ano; as visitas guiadas fundamentalmente para escolares que se veñen realizando dende hai máis de vinte anos, etc. No que respecta a proxectos de estudio e programas de protección se exporá o proxecto estrela desta asociación: Proxecto píllara-borrelho, que estará apoiado por un corto duns tres minutos de duración; tamén se falará do Proxecto Otanthus (reintrodución e recuperación da planta do mesmo nome no esteiro do Miño) e o estudo de Eurynebria complanata, un insecto propio das dunas costeiras que se atopa moi ameazado.

 

 
         

 

      Actualizado o 26-05-2011  
         
 

 

 

   As accións desenvolvidas por ANABAM no Esteiro do Miño, estarán no Congreso de Deltanet en Rumanía

 

     O Esteiro do Miño, integrado no proxecto Miñonet, pertencente a outro proxecto europeo baixo a denominación de Deltanet, será o motivo que leve a ANABAM ata o Danubio, en Rumanía.

 

    O Vicepresidente de ANABAM, Dr. Manuel A. Pombal Diego, investigador e profesor titular da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, e o vocal desta asociación, Noé Ferreira Rodríguez, estudante na Facultade de Bioloxía da mesma Universidade,  levarán ao Congreso de Deltanet, no vindeiro mes de setembro, se non hai imprevistos de última hora, os proxectos desenvolvidos por esta asociación para a protección de diferentes especies (Píllara papuda, Otanthus maritimus, etc) e as propostas e accións de desenvolvemento sustentable e non agresivo do Esteiro do Miño, humedal admirado polos integrantes do proxecto mencionado, polas características naturais que aínda presenta e no que o desenvolvemento turístico agresivo e industrial aínda non amenazan a biodiversidade e paisaxe da zona, serán os puntos básicos nos que esta asociación ten previsto tratar no citado Congreso.

 

 

Foto superior: Manuel A. Pombal, pola costa baixomiñota na procura de datos de cetáceos varados.

 

Foto inferior: Noé Ferreira na plantación de érbedos na parcela dedicada á bolboreta Charaxes jasius.

 

   

 

 
         

 

Actualizado o 30-06-2009

 

A BIBLIOTECA DO GRUPO ERVA

CEDIDA A ANABAM

 

     A mediados dos oitenta, xurdía en Vigo un dos grupos ecoloxistas máis fortes de Galicia, foi denominado polos seus fundadores como Grupo ERVA. Durante máis de vinte anos, este grupo fíxose notar por toda a xeografía galega defendendo a natureza e o medio ambiente. Prestaron especial atención ás Gándaras de Budiño, pero non esqueceron a ría de Vigo ou o lobo, por citar dous exemplos. As relacións de ERVA con ANABAM sempre foron cordiais, e houbo unha sintonía que se deixou notar sobre todo na época dourada do ecoloxismo: década dos oitenta, con históricos naquel grupo como Francisco Sierra Abraín -Pipo-, Jorge Mouriño, Tiago Vidal, etc. Tal vez porque cada un ten que buscar seu destino, a súa propia supervivencia, o certo é que moitos integrantes de ERVA tiveron que deixar a cidade olívica e marchar, véndose obrigados a deixar tamén a súa actividade no Grupo. Outros seguiron na cidade viguesa ou nos seus arredores, pero as súas ocupacións impedíronlle dedicarse ao grupo como quixeran. E aquel activo grupo foi paseniñamente decrecendo en actividade. Hoxe, por desgraza, temos que lamentar que este grupo, aínda que está aí, se vexa obrigado a  estar de xeito testimonial, esperando que poda volver remontar o vó. A desaparición de calquera grupo conservacionista supón unha perda irreparable na defensa ambiental, e no caso de ERVA, esta perda, aínda que sexa pasaxeira, é moito maior. O patrimonio natural, o medio ambiente, precisa de grupos e persoas que a defendan. Por iso, o movemento conservacionista (ecoloxista e naturalista) sentímonos un pouco máis orfos. Ogallá non teñamos que botalos de menos, pero moito nos tememos que os tempos que se aveciñan, non van ser mellores que os que xa pasaron.

 

     Dende ANABAM queremos agradecer publicamente a cesión da Biblioteca de ERVA a esta asociación, así como parte do mobiliario. Cada vez que precisemos consultar algunha das publicacións desa biblioteca, de seguro que nos acordaremos dos amigos que fixemos no Grupo ERVA. Das xuntanzas na Asamblea de Grupos Ecoloxistas Galegos; da colaboración na defensa do Esteiro do Miño...

 

    Graciñas amigos e amigas de ERVA.

 

 

 

Actualizado o 17-11-2008

 

ANABAM NO

IV SIMPOSIO IBÉRICO DA BACIA HIDROGRÁFICA DO RÍO MIÑO

 

 

       ANABAM estivo presente no IV Simposio Ibérico da Bacia Hidrográfica do Río Miño, que se desenvolveu na veciña localidade de Vila Nova de Cerveira, os pasados 14 e 15 deste mesmo mes de novembro.

 

     Esta asociación presentou dous panéis (un relacionado coa píllara papuda eoutro co coleóptero Eurynebria complanata) ademais de dúas ponencias, unha no painel de Educación ambiental (A ornitoloxía do esteiro do Miño como recurso didáctico) e outra no painel de natureza (A protección da píllara papuda no Esteiro do Miño). Ademais, a proxección do documental producido por ANABAM o pasado ano 2007, Proxecto píllara: protexendo os niños de píllara papuda, pechou o Simposio. Esta é a segunda ocasión no que a nosa asociación está presente no Simposio.

 

     Temos que salientar que a ponencia relacionada cos traballos de protección da píllara papuda na praia de Camposancos, suscitou o interese de varios participantes que mesmo queren extrapolalo para as praias portuguesas. Neste senso, puxéronse en contacto co ponente para recabar datos do mesmo e pedir a colaboración de ANABAM de levarse a cabo este proxecto no veciño país.

 

 

DOCUMENTAL DA PÍLLARA PAPUDA

 

Actualizado o 16-03-2008

     A finais do ano pasado, dentro do plazo estipulado pola organización, presentamos o documental "Proxecto píllara", para participar na edición 2008 de Play-doc.

 

    Aínda que nin sequera pasou a ser seleccionado, para nós xa foi interesante envialo porque foi a primeira vez que faciamos tal cousa e sirve, tal vez, para que futuros proxectos sigan ese mesmo camiño e, quen sabe, ao mellor algún día temos unha sorpresa. 

    De ilusións tamén se vive. Non sí?

 

 

Actualizado o 30-10-2008

 

LIMPEZA DO ERBEDAL DO TREGA

 

      O sábado 18 de outubro, un grupo de 15 voluntarios/as estiveron traballando no erbedal adicado á bolboreta Charaxes jasius. A actividade consistiu en arrancar as incipientes acacias que xa escomenzaban a invadir a zona poñendo en perigo á plantación de érbedos. Dende as catro e ata as sete datarde, membros de ANABAM e colaboradores, non paramos ata deixar a finca libre desa especie invasora. Temos que agradecer a axuda prestada días antes pola Comunidade de Montes de Camposancos, propietaria do terreo, que xa limpara a metade da superficie.

 

 

As acacias amenazaban con deixar o terreo como estaba antes da plantación, ademais de poñer en perigo a mesma.

 

 

Ás sete da tarde, a imaxen era ben distinta á que había unhas horas antes. Os restos das acacias, que foron arrancadas de raíz, quedaron sobre o terreo para contribuir a reter a humidade e, co paso do tempo, formar parte do sustrato.

    

 

Actualizado o 30-10-2008

 

XUNTANZA DA ASOCIACIÓN DE PESCADORES DO RÍO MIÑO

CON ANABAM

 

     Non tiña carácter "oficial", senón máis ben un cambio de impresións e ver puntos coincidentes e antagónicos entre as dúas entidades e, o máis importante, traballar para preservar a riqueza biolóxica do río co obxecto de garantir os recursos para o futuro, mediante un aproveitamento racional e sostible dos mesmos.  A reunión, que tivo lugar no local de ANABAM, desenvolveuse o pasado mércores 15 de outubro. Por parte dos pescadores asistiron o seu presidente, Samuel, e un membro máis da directiva, e por parte de ANABAM o presidente desta entidade, Agustín Ferreira e o vicepresidente da mesma, Manuel A. Pombal Diego.

 

    Nunca ata agora, ANABAM mantivera unha xuntanza deste tipo cos profesionais da pesca do río Miño. Valoramos positivamente esta xuntanza, a disponibilidade e o interés amosado polos representantes dos pescadores en favor dos recursos que ten o río e de levar a cabo unha  explotación racional dos mesmos. Falamos largo e tendido do tema e quedamos gratamente sorprendidos pola maneira en que os representantes dos pescadores do río entendían a explotación do mesmo, sen  sen excesos, conscientes que é necesario velar pola riqueza que ten este río para garantir a mesma no futuro.

 

 

Os representantes dos pescadores escoitando con atención os argumentos de ANABAM.

 

PUNTOS TRATADOS:

       -Zona de exclusión de pesca.

              Para ANABAM o entorno da barra do Miño é o lugar de transición onde as diferentes especies piscícolas que pasan do mar (auga salgada) ao río (auga doce) sufren un cambio, máis ou menos pronunciado, de adaptación ás novas condicións. Isto conleva, por unha parte, que as especies pasen certo tempo nese entorno e, por outra banda, estas adaptacións mermen, en certo modo as súas capacidades, por iso xa plantexamos, hai algúns anos, que no último tramo da desembocadura do Miño non debera permitirse a pesca. Este punto é coincidente co mantido pola Asociación de Pescadores do Río Miño.

 

       -Verquidos: depuradoras, pilas, baterías, aceites.

             Amosaron os pescadores a súa preocupación por estes aspectos. Hai anos xa ANABAM solicitara a instalación de contenedores. Na xuntanza mantida coincidimos  na necesidade de que os concellos dispoñan  contenedores de pilas, baterías e aceites nos prinipaes puntos de amarre das embarcacións. No caso da Guarda, existe un contenedor de aceites, pero non hai ningún para as pilas, por isto urxe solicitar aos concellos a colocación deste tipo de contenedores. Xa sabemos que moitos profesionais da pesca levan as pilas e baterías para depositalas no lugar axeitado, pero outros moitos acaban por tiralas ao propio río, algo que non se entende si temos en conta que este río é quen lles da de comer. O mesmo ocurre cos aceites.

 

       -Protección da angula.

           Aquí non houbo coincidencia. Pois para os pescadores parece ser que habería que ir a unha reducción paulatina da pesca da angula, cun número limitado de licencias, así como contar cunha licencia profesional exclusiva para a pesca da angula. Para ANABAM, baseándose nos propios datos aportados polos pescadores aos medios de comunicación (no que se dice que a pesca de angula cada ano é peor pola escaseza) no que se chega a afirmar que en x días colleron 200 gramos, 500 gramos...  Entendemos que estas cantidades que se declaran poñen de manifesto que a angula escasea, que está en inminente perigo de desaparecer do río e que hai que tomar medidas inmediatas.Consecuentemente,  ANABAM entende que a pesca da angula debera prohibirse totalmente hasta que a especie volva a recuperarse. Non entendendo que as autoridades sigan a permitir a súa captura.

 

       -Reducción do número de caballaxe nas embarcacións deportivas.

         Tanto os pescadores como ANABAM entenden que as embarcacións deportivas a motor (lanchas e motos náuticas) causan un claro perxuicio ao río. As embarcacións de pesca, por motivos de seguridade están obligadas a que os motores das súas embarcacións non sobrepasen o tope de 25 cabalos. As dúas entidades entenden que este tope tamén debería ser obligatorio para as embarcacións deportivas. Neste senso, ademais, ANABAM é contrario a utilización do río por este tipo de embarcacións que deberan prohibirse totalmente. No obstante, compartimos cos pescadores que, alomenos, habería que limitar o caballaxe. En ANABAM sí estamos a favor de embarcacións compatibles co entorno(vela, remo, piraguas...) si ben coa necesidade de regulamentar esta actividade.

 

       -Non aos portos deportivos.

          As dúas representacións manifestáronse en contra da construcción de portos deportivos no río. Por unha parte para evitar o aumento de embarcacións deportivas a motor, por outra banda para evitar a privaticidade da ribeira fluvial e por outra para que os propios pescadores non se vexan obligados a ter que desplazarse dos seus lugares habituais en favor daquelas. En ANABAM consideramos que, como sucede no caso do Pasaxe, en Camposancos, habería que habilitar as docas e acondicionar a zona cuns pequenos pantaláns para que poidan varar con comodidade e garantías as embarcacións de pesca. Cando estas non traballen no río, o resto das embarcacións poderían utilizar esas mesmas docas e pantaláns, sen necesidade de ter que crear novas infraestructuras.

 

       -Vixianza por parte da Comandancia.

         Consideramos, uns e outros, que a vixianza que exerce a Comandancia de Mariña é deficiente, cando non nula. Na propia asociación ANABAM, dispoñemos de datos e imaxes gravadas da actuación de furtivos. Tamén a asociación de pescadores ten datos e son coñecedores da existencia de furtivos ao longo e ancho de todo o río. Non entendemos como A Mariña, que debera ter máis capacidade que nós para exercer unha actividade que lle compete, non tome medidas no asunto e, se as toma, a verdade parece que non o fae. Así, temos informacións de quepola zona de Tui e algo pola de Forcadela (Tomiño), son utilizadas artes prohibidas, como a nasa.

 

       -Non aos novos encoros que se pretenden poñer no Miño.

         Ámbalas dúas asociacións coincidimos tamén no rechazo dos encoros que o Ministerio parece querer dar carta blanca para que se constrúan no río Miño. Dende ANABAM sempre manifestamos o noso rechazo a calquer tipo de encoro, sexa no Miño ou sexa en calquera outro río. Por iso, neste caso concreto seguimos coa mesma opinión.

 

     -Extracción de area.

        Para ANABAM os argumentos de que é necesario sacar area do río porque non entra peixe, non son válidos. Se temos en conta que as embarcacións e barcos entran no río, e se como ten acontecido estes anos, a pesca da lamprea supón a captura de centos de exemplares, iso, sen dúbida algunha, supón que o peixe pode entrar no río. ANABAM se posiciona en contra da extracción de áridos mentras non haxa un estudio serio e obxectivo por parte de especialistas que digan exactamente se é necesario a extración e, no caso de ser convinte facelo, se diga onde, como e cuanto se pode extraer, garantindo, ademais,  que dita extracción non afectará  ás praias, á  ribeira fluvial, a a biodiversidade. Se estes requisitos se dan, por suposto que ANABAM non estaría en contra da extracción de áridos. Pero en tanto, e para evitar males maiores, seguiremos estando en contra da extracción de area.

 

 

Manuel A. Pombal, Peque, vicepresidente de ANABAM, profesor e investigador na universidade viguesa,

nun momento da súa intervención.

 

      Falouse, ademais, doutros temas que teñen  que ver máis directamente coa pesca, como é o número de pescadores por embarcación; a reducción de embarcacións; necesidade de poñer un tope de embarcacións que faenan no río; artes que son consideradas perniciosas; número de licencias; etc. Por considerar desde ANABAM que, en principio, estes aspectos teñen máis que ver coa regulación e ordenamento do sector no río que coa propia conservación e protección dos recursos do mesmo, preferinos non pronunciarnos polo de agora, máxime tendo en conta que non estamos versados nestes aspectos. No obstante, consideramos que teremos que  matizar e profundizar nestes temas no futuro.

      Tal vez este primeiro encontro sexa o inicio dun traballo conxunto no futuro para, entre uns e outros, seguir traballando pola protección e conservación dos recursos naturais deste grande río, particularmente do seu último tramo. O aproveitamento racional e sostible é algo que os mesmos pescadores profesionais teñen que saber valorar para que "o pan de hoxe non se converta en fame mañán". Esta filosofía parece ser a que tamén teñen en conta os actuais representantes da Asociación de Pescadores do Río Miño.

 

 

Actualizado o 30-10-2008

 

ANABAM NO IV SIMPOSIO IBÉRICO SOBRE A

 BACIA HIDROGRÁFICA DO RIO MINHO

 

 

 

    Se desenvolverá os vindeiros 14 e 15 de novembro na veciña localidade de Vila Nova de Cerveira. A organización corre a cargo do Aquamuseu desta  localidade.  ANABAM, que xa estivera na primeira edición, presentará dous posters e dúas comunicacións orais.

 

Eurynebria complanata será obxecto dunha comunicación oral e dun poster na IV Simposio da bacia hidrográfica do río Miño.

POSTERS:

 

 Noé Ferreira Rodríguez, levará un poster relacionado coa píllara papuda (Charadrius alexandrinus) e o programa de protección desenvolvido por ANABAM nesta década en favor desta especie.

 

      Agustín Ferreira Lorenzo, confeccionará un poster relacionado co insecto Eurynebria complanata, e os estudios que ven realizando do mesmo.

 

COMUNICACIÓNS ORAIS:

     

        Serán dúas da autoría de Agustín Ferreira Lorenzo. A primeira sobre a protección da píllara papuda na praia marítimo fluvial de Camposancos desenvolvida por ANABAM. A segunda relacionada co insecto Eurynebria complanata, nas praias da desembocadura do Miño.

 

 

 

 

 

Actualizado o  14-10-2008

 

NESTA SEMANA ANABAM E A ASOCIACIÓN DE PESCADORES DO

RÍO MIÑO REUNIRANSE PARA FALAR DESTE RÍO

 

 

 

     Esta previsto para este mércores día 15, que representantes da Asociación de Pescadores do Río Miño e de ANABAM, se reúnan no local desta última entidade. Esta é a primeira xuntanza que manterán as dúas asociacións. Falarán de aspectos relacionados co río Miño,  da pesca, da extracción de area, e outros temas relacionados con esta arteria fluvial.

 

   Nesta xuntanza, conservacionistas e pescadores tratarán de unir esforzos e aunar ideas con un fin común: manter a riqueza e a biodiversidade do Miño, para uns porque é o seu medio de vida e para outros porque levan anos loitando para evitar que este enclave natural perda a riqueza paisaxística e a biodiversidade que posúe.

 

 

Actualizado o 30-09-2008

 

 

Peque, nun momento da charla que versou sobre diferentes aspectos da riqueza natural que posúe o Baixo Miño.

 

O sábado 2 de agosto de 2008, dentro da programación da III Festa do Río celebrada no Concello de Salvaterra de Miño, tiveron lugar unhas charlas con material audiovisual vinculadas aos ecosistemas fluviais. A primeira presentación, titulada “As riquezas dos nosos ríos” foi presentada polo Vicepresidente de ANABAM e profesor da Facultade de Bioloxía da Universidade de Vigo, Manuel Ángel Pombal (Peque). Dita charla centrouse principalmente nos aspectos mais salientables e curiosos da biodiversidade animal e vexetal do Baixo Miño. De feito, a maioría das fotografías amosadas foron tomadas durante as saídas de campo, realizadas polos membros da citada asociación, no Baixo Miño as tardes dos sábados da maior parte do ano. Algunhas das especies tratadas foron: fungus de auga, fentos arbóreos, troques, prantas carnívoras, libeliñas, cangrexos, pintafontes, salamandriña galega, raniña de San Antón, cobra de colar ou cobra de auga. Ademais, comentáronse aspectos relacionados co aproveitamento gandeiro (moi intensivo na Serra da Groba) e eléctrico, o desenvolvemento turístico (exemplo: posta en valor da riqueza etnográfica como os muiños do Folón e Picón ou as pesqueiras do río Miño), incluindo fotografía de natureza ou actividades de lecer. Tamén se comentaron algunhas das ameazas dos nosos ríos como a construcción de encoros, realización de aterramentos, as secas, os verquidos, ou a extracción de áridos.

 

Garci, biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas,  foi o outro ponente na charla. É o autor do documental Os mares doces de Galicia, que merece a pena velo.

 

A seguinte presentación consistiu na proxección do vídeo titulado “Os mares doces de Galicia” dirixido e realizado polo Biólogo do Instituto de Investigacións Mariñas-CSIC de Bouzas Manuel Enrique García Blanco, ‘Garci’. O vídeo de Garci fai especial fincapé no ciclo de vida de dúas das especies migradoras mais importantes presentes nos nosos ríos, a lamprea e o salmón. As imaxes  captadas pola cámara de Garci son espectaculares, e a calidade e orixinalidade impresionantes, polo que xa obtivo varios premios en diferentes certames ó longo do territorio español.

Despois, tivo lugar un debate co público asistente acerca daqueles detalles ou curiosidades tratadas en ámbalas dúas presentacións. Finalmente, todos os asistentes foron agasallados cun video e dúas monografías editadas por ANABAM.