AMIAL DO ARAO

VEIGA DA MIRA

 

(SAN PEDRO DA TORRE-VALENÇA)

 

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz.

 

 

 

Ponte medieval, ponte romana, sobre o río que cruza a Veiga da Mira, comunicando a feligresía de Arao coa de San Pedro da Torre, ao

sur de Valença do Minho. Por aquí pasaba a vía romana Per Loca Maritima. Forma parte do Caminho de Santiago. (Fotografía: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

 

 

Actualizada o 20-11-2014

 

TRILHO PEDESTRE

 

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 

 

 

 

 

 

     

     O 5 de abril deste ano 2014, varios membros do GT-ANABAM, desprazámonos ata o Amial do Arao, cousa que adoitamos facer unha ou dúas veces ao ano, dende que iniciamos as nosas visitas a este enclave natural do río Miño. O GT-ANABAM, estivo formado por Silvia Bautista, Agustín Ferreira, Ricardo Portela, Javier Sánchez e Ricardo da Silva.

 

      O obxectivo desta visita era coñecer o recentemente inaugurado trilho pedestre (senda peonil) que percorre de norte a sur Amial, trilho que comeza no Parque da Senhora da Cabeça, atravesa o humedal do Arão (Veiga da Mira) e continúa ata Vila Nova de Cerveira.

 

     Esta senda foi construída, en parte, con fondos europeos.  A senda segue un itinerario paralelo á marxe esquerda do Minho e a liña férrea, Valença-Porto.

 

      Transitar por ela, é achegarse á natureza baixomiñota da beira portuguesa. Non presenta ningún tipo de dificultade, polo que é doado camiñar ao mesmo tempo que contemplamos a paisaxe, a flora ou a fanua..

 

     Á esquerda, a ecopista que vai parelala ao río Miño e chega ata Vila Nova de Cerveira.

 
       
 

     Durante a nosa visita, varios miñatos queimados (Milvus migrans) deixáronse ver sobrevoando a veiga. Posiblemente utilicen este enclave como zona habitual de caza e, mesmo, poida que teñan nos arredores algún niño, pois, dende hai varios anos, estas aves escolleron o Baixo Miño galego-portugués para se reproducir.

 

 

 

 

 

 

 

    Nós (ANABAM) adoitamos acceder a este enclave natural ben por Valença, para entrar pola feligresía do Arão, ou ben por San Pedro da Torre, se nos diriximos a ela dende o sur.

 

       Na Veiga da Mira, atoparémonos con varios biótopos, entre eles unha relativa extensa chaira dedicada ao cultivo de millo, que, unha vez recollido da lugar, na primavera, aunha mancha colorida, onde a cor amarela destaca na paisaxe. Ao fondo, a cobertura arbórea separa os campos de cultivo dunha área pantanosa, difícil de transitar no verán e imposible no inverno, que serve de refuxo a centos de aves acuáticas ou ligadas ao medio lacustre, así como anfibios e onde mamíferos nocturnos como o raposo tratarán de buscar sustento.

 

     O enclave natural da Veiga da Mira ten unha superficie dunhas 300 hectáreas.

 

 

 

 

 

 

 

 

     O interese natural da Veiga da Mira, motivou a súa inclusión como espazo da Rede natura 2000. Ademais está clasificada como ZPE (Zona de Proteción Especial), tanto polos valores faunísticos como polos hábitats que ten este ecosistema.

 

 

      O estreito río, que algúns chamaron "Tinto", é frecuentado por pescadores deportivos que van na procura de troitas. Debe ter fama este río, porque mesmo chegan ata el afeccionados procedentes de Viana e mesmo de máis abaixo.

 

      

 
   

 

 
 

      Aquí, un mozo afeccionado á pesca deportiva, procedente de Porto, amósanos unha troita recén pescada no río da Veiga.       

 
   

 

 
 

      Bordeando o río da Veiga, construiuse unha senda de madeira que pasa por debaixo da pequena ponte de ferro pola que pasa o tren.

 
   

 

 
 

      As veces, a incipiente vida que acaba de ve-la lus, amosa con toda crudeza os devastadores efectos de non lograr sobrevivir, como esta pequena cría de alavanco real (Anas platyrhynchos) que non logrou superar a súa premira semana.

 
       
 

 

      No Edital nº 205/2005, Apéndice nº 42,  da Cámara Municipal de Valença do Minho, no seu artigo 4º, ven dicir que está permitido o paso de vehículos, motorizados ou non, sempre que sexa para acceso ás propiedades.

 

      No seu artigo 6º, dise que está prohibido circular con calquer vehículo.

 

    Sen embargo, na nosa visita do 5 de abril deste ano 2014, puidemos observar, e fotografar, como un un camión circulaba pola ecopista, se tetía, maniobraba e era vaciada acarroceta que viña cargada de escombros. Aínda que diminuíron moito os verquidos que ata agora había e se producían na zona, esta práctica, como acabamos de comentar, segue a producirse por parte de xente carente de todo respecto cara ao entorno natural.

 
       

 

Actualizado o 29-11-2010

 

 

 

A partir do outono, coa chegada das chuvias, o terreo de cultivo asulágase e resulta practicamente intransitable.

Ducias de aves, pombas, avefrías, lavandeiras, pica dos prados..., utilizan este enclave como refuxo e como área de alimentación.

(Foto: Agustín Ferreira-anabam).

 

 
 

 

Un membro de ANABAM observando as árbores na procura de aves.

 

 

FIGURAS DE PROTECCIÓN EXISTENTES NESTE ESPAZO:

     Espazo incluído na Rede Natura 2 000.

     Rede Ecológica Nacional, Reserva Agrícola Nacional e Domínio Público Hidrico.

 

LOCALIZACIÓN:

     Pertence ao municipio portugués de Valença do Minho, situado ao sur do mesmo,entre as feligresías de Cristelo Côvo e Arão (ao norte) e de San Pedro da Torre (ao sur) e entre a autopista -A3- Valença-Porto (ao leste) e o río Miño (ao oeste).

 

 

USOS:

 

   Ao parecer nesta área, cultivouse, hai décadas, centeo, trigo e liño. Actualmente o seu uso está retrinxido ao cultivo de millo e herba para o gando. A recolección de millo realízase con maquinaria que fan todo o proceso: cortan e desgranan o millo.

 

TERREO

 

     Na época de chuvias, máis ou menos a partir de finais de outubro, o terreo asulágase debido ao encharcamento da superficie tanto pola chuvia como polo desbordamento dos regatos que o atravesan, así que grande parte da súa superficie convértese en intransitable. Tamén hai zonas que permanecen asulagadas todo o ano, nas que predomina o canaveiral e o bosque de ribeira con amieiros e salgueiros principalmente, converténdose no refuxio natural de moitas aves ligadas aos humedais. Esta área asulagada permanentemente atópase ao leste deste enclave natural, ocupando máis do 50 % do mesmo.

 

    Un dos regatos que atravesan este humedal é o regato do Cerdal.

 

 

 

Luis Dorado na vía férrea que cruza o amial de norte a sur, dividindoo en dúas partes.

(Foto: Agustín Ferreira-anabam).

 

 

 

CURIOSIDADES:

 

  No ano 1994, escribimos nos nosos apuntes de campo, logo de recoller información dalgúns dos habitantes:

    Nun dos sendeiros de entrada ao Arao polo norte, existe unha cruz de pedra no que hai debuxado un Cristo que os lugareños denominan Sr. Socorro. Aquí lévanse por tradición que o campesiño deixe no pedestal da crus, algunhas espigas de millo en ofrenda que a persoa encarregada do seu coidado venderá logo co fin de recadar cartos para o seu mantemento e necesidades do culto a este Cristo, por parte dos habitantes da feligresía do Arao e de San Pedro da Torre.

 

 

Oenothera sp, unhas das plantas exóticas que aparecen neste enclave.

(Foto: Antón Ferreira-anabam).

 

 

 

 

 

    A primeira vez que pisamos o Arao foi o 23 de febreiro de 1991. Nesa data iniciamos a exploración e recoñecemento deste humedal xa que, por aquel entón, estaba en proxecto a autopista Valença-Oporto, da que nos enteiramos a través dos medios de comunicación e por un escrito recibido en ANABAM enviado por un particular.  Nese ano aínda levariamos a cabo cinco saídas máis:

          -6 de marzo;19 de abril;16 de xuño; 16 de novembro; 28 de decembro.

 

 

A  nosa primeira visita á Veiga da Mira foi un tanto accidentada. Estivemos acompañados por un técnico do concello de Valença e polo presidente do Grupo COREMA. O técnico non dubidou en meter o seu todoterreo polo asulagado chan dedicado ao cultivo de millo, e de alí non poido saír polos seus propios medios. (Foto: Antón Ferreira-anabam).

 

 

A solución houbo que buscala nun tractor que, non sen esforzo, conseguiu sacar o todoterreo da zona. Así comezamos a coñecer unha das paraxes máis emblemáticas do Baixo Miño galego-portugués.  (Foto: Antón Ferreira-anabam).

 

    Dende entón fomos recollendo diversa información de campo e coñecendo a área obxecto do noso interese.

     

    A 5ª visita que levamos a cabo, no mes de novembro do citado ano, iniciámola subindo ao monte Faro, en Valença, dende onde poidemos observar unha panorámica da zona, situámonos entón no mirador de Santana.

     

     A partir de 1991, as nosas visitas á Veiga da Mira van ser frecuentes, levando a cabo como mínimo, unha visita por ano, que poden incrementarse ata as tres ou catro.

 

     Previamente ás visitas anteriores, ANABAM, na compaña do Grupo COREMA, efectuou unha visita a esta paraxe con data 23 de febreiro para coñecer a zona na que estaba prevista que fose atravesada por unha antovía, que é a que actualmente bordea o humedal, A3.

 

     Un ano despois da última visita, regresamos ao Amial do Arao, foi o pasado 21 de agosto, cando o millo aínda estaba, coma na vez anterior, nas fincas que hai entre o bosque de ribeira e a marxe do Miño.

    Notamos algúns cambios con respecto ás nosas anteriores visitas, vése o uso agrícola desta paraxe vai diminuíndo, así apreciamos, sobre todo na área existente entre a vía férrea e a beira do río, como a vexetación está ocupando algunhas parcelas e mesmo algúns dos sendeiros que por alí había. De feito, non puidemos desprazarnos nunha franxa parela ao río, por onde hai dous ou tres anos si podiamos.

 

 

 

 

VEXETACIÓN EXÓTICA:

 

     Varias especies podemos ver nesta paraxe natural, algunhas delas estaban, nestas alturas do ano, no seu apoxeo florístico e polo tanto doadas de observar e identificar.

 

Arundo donax (Cana do país).

Oenothera sp.

Phitolaca americana

 

 

 

 

 

 

Flores e froitos dunha das plantas exóticas máis comúns e rechamantes do Baixo Miño galego-portugués, a Phitolacca americana.

(Foto: Agustín Ferreira-anabam).

 

 

 
 
   
       

   

FAUNA OBSERVADA NAS NOSAS VISITAS:

 

Corvus corone (Corvo viaraz)

Larus michaellis (Gaivota clara)

Motacilla alba (Lavandeira branca)

Phalacrocorax carbo (Corvo mariño real)

Phylloscopus collybita (Picafollas europeo)

Pica pica (Pega rabilonga)

Picus viridis (Peto verdeal)

Sturnus unicolor (estorniño negro)

Turdus merula (Merlo común)

Troglodytes troglodytes (Carrizo)

Azafrán silvestre

estramonio

castiñeiros

carballos

sabugueiros loureiros

freixos

Toxo

silveiros

cana do país

oenotera

chopos

espadana 

 

 -Visita do 11-6-1994:

Buitrón

Carrizo

Pisco

Rascón

Peto verdeal

Torcaz

Cuco (Oído)

Paspapallás

Bubela

Merlo

Pardello

Curruca capirotada

 

Ra verde

Cobregón

 

NOTAS SOLTAS:    

Visita efectuada o 15-11-1997

Corvos mariños.......................35

Lavandeira branca...................50 (bando)

Corvo viaraz...........................5

Estorniños............................30 (bando)

Gaivota michaellis.................30 (bando)

Merlo

Carrizo

Mosquiteiro

Peto verdeal

Pega

 

     -Visita do 23-04-1994:

Andoriña común

Miñato

Merlo

Tórtola común

Vencello común

Verdecillo

Curruca capirotada

Corvo viaraz

Buitrón

Lavandeira boiera

Chasca

Curruca rabilonga

Peto verdeal

Pardillo

Avión com´`un

Morito

Rascón

Torcaz

Carrizo

Gaivota clara.

 

Ra verde

Eslizón tridáctilo

-Visita do 14-05-1994:

Curruca cabecinegra

Andoriña

Gorrión común

Corvo viaraz

Verdecillo

Vencello común

Lavandeira branca

Gaivota clara

Verderón

Merlo

Rola

escribano soteño

Paloma torzaz. Pardillo

Avión común

Chochín

Acentor

Pinzón común Chasca

Garza real

Pega

Pisco

Curruca capirotada

Ánade real

Pola de auga

Buitrón

carbonero común

Miñato

Codorniz

Cuco

Gorrión molinero

Cernícalo

 

Lución

Ra verde

Ra patilonga

 

Talpa

 

-Visita do 16-11-1991

Gaivota clara

Gaivota chorona

Pisco

Merlo

Pardillo

Corneja

Curruca capirotada

Lavandeira branca

Cormorán

Buitrón

Pinzón

Martiño peixeiro

Chochín

Gorrión común

Zampullín Chico

Paloma torcaz

garza real

Miñato

Lúgano

carbonero común

Pico de coral

verderón

Peto real

Agachadiza

carbonero garrapinos

Arrendajo

Mosquitero

Mito

Totovía

Ánade real

Acentor

 

Lagartija común

Lagarto verdinegro

sapillo pintojo

Rana verde

Rana patilarga

Sapo corredor.

 

 

Actualizado o 01-08-2009

    

      O Amial do Arao, como o coñecemos en ANABAM, Veiga da Mira, nome oficial do mesmo, é unha das áreas máis emblemáticas do Baixo Miño galego-portugués. Esta asociación ten visitado en numerosas ocasións este espazo natural de indubidable interese ecolóxico. Para acceder á Veiga da Mira, ou Amial do Arao, nós solemos facelo ben por San Pedro da Torre, límite deste espazo natural na parte sur, ou pola feligresía de Arao, na parte norte. A preocupación nosa con respecto a este enclave xurdiu hai xa algúns anos, pero sobre todo cando se levou a cabo a construción da autopista que o delimita pola zona este.

 

    Parte desta área está ocupada por campos de cultivo, principalmente de millo, que se estenden, polo leste, entre a vía férrea e o límite do humedal por unha banda e, por outra, entre o río e a vía férrea, polo oeste. A zona permanentemente húmida, impenetrable, está formada por un canaveiral de espadana limitada por un bosque de amieiros.

 

      Se o proxecto da Cámara Municipal de Valença faise realidade, este espazo terá un status proteccionista, cousa que nos congratulará xa que nalgunha que outra ocasión así tamén  o pedimos nós. Que a Administración local queira dar este paso, parécenos fundamental e importante e dende esta asociación apoiaremos o proxecto.

 

    A continuación vai a nota de prensa emitida pola Cámara de Valença en relación ao proxecto comentado.

 

        A Câmara Municipal de Valença vai avançar com a criação da Área Protegida da Veiga da Mira, com a àrea de 300 hectares, na parte sul do concelho, junto ao Rio Minho. O projecto de financiamento apresentado ao ON 2 foi aprovado recentemente e implica, nesta primeira fase, um investimento de 506 mil euros.

            Trata-se de uma àrea de grande valor ambiental já protegida pela Rede Natura 2000, Rede Ecológica Nacional, Reserva Agrícola Nacional e Domínio Público Hidrico.

            Para o Presidente da Câmara, Dr. José Luís Serra, com este projecto pretende-se valorizar o património natural, a riqueza de biodiversidade dos habitats existente e promover a educação ambiental, numa àrea que há muito tempo os valencianos gostaria de ver aproveitada e potenciada.

            O valor de investimento, desta primeira fase, destina-se ao estudo cientifico da àrea do biotipo da Veiga da Mira e das suas potencialidades ambientais e de aproveitamento para o turismo de interpretação da natureza. Em perspectiva está a criação de um Centro de Educação e Interpretação Ambiental, bem como uma rede de trilhos interpretativos, de miradouros e pontos de observação de espécies,  a valorização ambiental através do corte de infestantes e repovoamento com espécies endógenas.

            Na área da Veiga da Mira podemos identificar cerca de 11 diferentes habitats com predominância de Hortas e Campos e de Bosques palustres e Lagoas, embora, também ao nível da fauna se identificam seis importantes espécies nesta zona.

            A aposta na Veiga da Mira vem na sequência do trabalho já desenvolvido  pela autarquia com a criação da Rede Municipal de Trilhos Pedestres, da Ecopista do Rio Minho e do troço da Marginal da Senhora da Cabeça, estruturas que tem permitido um maior contacto, interpretação e valorização das àreas de maior interesse ambiental e paisagístico do concelho.

 

 

Agustín Ferreira; Luis Dorado e Mª Consuelo González, todos eles membros de ANABAM, no sendeiro que cruza o Amial do Arao

de norte a sur, ao lado da vía férrea, que se atopa á

dereita da imaxe.

 

   

En primeiro termo unha plantación de millo, detrás os amieiros que serven de barreira entre a zona inundada, permanentemente húmida, e as terras de labor.

 

 

 

Actualizado  no mes de xuño de 2004

 
Amial do Arao (ou Veiga da Mira), é un enclave situado ó sur de valença do Miño, entre as feligresías de San Pedro da Torre (no sur) e Arao (ó norte), limitado pola súa marxe oeste pola autopista (Valença-Porto) e polo río Miño ó leste.

Parte deste enclave está moi modificado, transformándose hai anos nun área de cultivo que produce fundamentalmente millo. Pero grande parte aínda ten unhas características naturais propias dunha

    zona húmida, onde o bosque de ribeira, formado por amieiros e salgueiros, o canaveiral, onde predomina a espadana, e as áreas asulagadas, ocupan unha grande área.

 No inverno poden verse garzas, avefrías, anátidas... Tamén poden verse bandos de máis de 100 pombas sobrevoando esta zona.

No inverno poden verse garzas, avefrías, anátidas... Tamén poden verse bandos de máis de 100 pombas sobrevoando esta zona.

 

 

Plantación de millo no Amial do Arao.

 

 

 

 

 

 Actualizado o 18 de xuño de 2004

 

Membros de ANABAM na ponte medieval que cruza o regato existente no Amial do Arao

 

 
       

  A Veiga da Mira, está cruzada por un regato que vai desembocar no río Miño. Os pescadores deportivos utilÍzano para practica-la pesca da troita, aínda que os exemplares capturados (observados por nós) non chegaban a unha cuarta. Unha ponte romana cruza o regato permitindo ir desde San Pedro da Torre ata a feligresía de Arao. Na fotografía, sobre a ponte, membros de ANABAM durante unha das habituais saídas a esta paraxe.

 

No inverno, as árbores espidas de folla, amosan unha paisaxe característica dun bosque caducifolio,

onde o chan aparece salpicado por unha alfombra de follas. 

 

 
       
 

Unha parcela adicada ó cultivo de millo. Na época de chuvias, estes campos practicamente

se transforman nun lameiro onde non resulta difícil atopar cangrexos americanos.

Na fotografía, membros de ANABAM collendo algúns destes cangrexos.