SECCIÓN ENTOMOLÓXICA "Pelegrín Franganillo" 

 

ARÁCNIDOS

 

DO  BAIXO  MIÑO  (Arachnida)

 

SCORPIONIDA

 

 

Responsable Sección Entomolóxica: Agustín Ferreira Lorenzo

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz, Ángeles Villasenín Álvarez.

 

BIODIVERSIDADE

FAUNA 

 INSECTOS

ARÁCNIDOS

 

 

 

 

 

FLORA

 

 

 

 

 

 

 

 Ir á PORTADA

   

Actualizado o 07-05-2007

   

 

Texto e fotos: Agustín Ferreira L-anabam

 

ALACRÁN

 

       Esta é a primeira cita que temos, ademais documentada fotograficamente, dun alacrán recollido na comarca baixomiñota, máis concretamente na parroquia de Figueiró, no municipio de Tomiño e isto gracias á colaboración dun veciño daquela parroquia, Marcos Giomar Pereira que, non sen certa precaución e algo de temor, non dubidou en recoller o exemplar -en vez de matalo como acostuma suceder nestes casos- e entregalo a ANABAM, cousa que lle agradecemos porque nos permite, deste xeito, constatar a presencia dunha nova especie para a comarca. 

 

     Aínda por confirmar precisamente a que especie pertence (aínda que poidera pertencer ao xénero Mesobuthus), podemos sinalar que se trata dun exemplar adulto duns catro centímetros de lonxitude que se achaba nunha finca, enriba dun muro de pedras,  xunto a outro alacrán que non tardou en fuxir. 

 

    Temos que sinalar que a picadura da maior parte dos alacráns que viven na Península Ibérica son inofensivas, aínda que algunhas delas resultan tremendamente dolorosas, polo que convén tomar as debidas precaucións na manipulación destes animais. Pero tamén hai que decir, que resultan moi beneficiosos xa que se alimentan doutros pequenos animais que nos cultivos non soen ser moi ben recibidos.

 

Agora estamos á espera de contactar con algún especialista que poida identificar con exactitud cal é a especie e poder obter, deste xeito, algúns datos máis do mesmo.

 

    Polo momento, xa podemos confirmar que a fauna coñecida e catalogada do Baixo Miño viuse incrementada con este novo achádego o que resulta unha boa noticia para o inventario da biodiversidade da comarca.

 

     

 

     Con catro centímetros de lonxitude, este alacrán é o primeiro que se atopou na comarca do Baixo Miño. Aquí vémolo cunha presa (unha araña) logo de inxectar co seu aguillón o veleno que a deixaría case que de xeito instantáneo sen vida. 

 

 

 

 

 

Suxeta por unha das pinzas, a araña non tardará en se convertir en necesario e vital manxar para a supervivencia do alacrán.

 

 

 

 

 

    

As arañas forman parte importante da dieta dos alacráns. 

     
 

 

 

     O aguillón é un arma eficaz para capturar as presas. Aínda que o veleno dos alacráns peninsulares non resulta mortal para os humanos -agás moi raras excepcións-, a súa picadura pode ser peligrosa e extremadamente dolorosa e requerir os cuidados dun facultativo. Non Baixo Miño non coñecemos ningún caso que precisara destes cuidados. No obstante, hai alacráns que son totalmente inofensivos para os humanos...pero hai que coñecelos.