ANABAM - EXPOSICIÓNS

 

QUEN SOMOS?

EQUIPO DIRECTIVO

ASOCIARSE

LEMBRANZAS

GRUPO TRABALLO

ESTACIÓN ORNITOLÓXICA

ACTIVIDADES-ACCIÓNS

CONTACTO

ACCIÓNS SOCIOS EXPOSICIÓNS CONGRESOS SIMPOSIOS ETNOGRAFÍA PRÁCTICAS UNIVERSITARIAS INSTITUCIÓNS COLABORADORAS INFORMACIÓN PROGRAMA 30 ANIVERSARIO

 

      Actualizada o 14-07-2013  
 

ANABAM ESTARÁ PRESENTE NA

"IV MOSTRAS DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS"

 

     
 

 

      Por terceiro ano consecutivo, a nosa asociación vai participar cun stand na IV Mostra das Tradicións Mariñeiras da Guarda. Como nas anteriores edicións, contaremos con variada oferta que vai dende actividades participativas para nenos e maiores ata diverso material expositivo relacionado co mundo do mar, entre este unha as marcas dos mariñeiros que levamos recollido polo de agora.

 

     A Mostra das Tradicións Mariñeiras está organizada polo Concello da Guarda en colaboración con diversas entidades e se leva a cabo cada dous anos. Este ano vai  desenvolverse durante catro días, do 25 ao 28 de xullo no Porto da Guarda.

 

    Así que, dende este momento xa invitamos a tódalas persoas que o desexen a pasar polo noso stand, que esperamos, ao igual que nos anos precedentes, non defraudar a ninguén.

 

     As fotografías da esuqerda e inferior corresponden á nosa participación na pasada edició, ano 2011.

 
 

 

 
         
         

 

      Actualizada o 14-09-2013  
 

NOVO ÉXITO DE ANABAM NA

"IV MOSTRAS DAS TRADICIÓNS MARIÑEIRAS"

 

     
 

 

      Numeroso público pasou polo stand de ANABAM durante os catro días que durou a IV Mostra das Tradicións Mariñeiras, desenvolvida dende o xoves 25 ata o domingo 28 do pasado mes de xullo.

    Esta Mostra, organizada polo Concello da Guarda e a Asociación de Redeiras, desenvolveuse na nave onde estas últimas levan a cabo a súa actividade profesional, situada no porto guardés.

    

 
 

 

 

      Como xa é habitual, ANABAM pensou non soamente nos adultos, senón tamén nos máis cativos habilitando unha zona para que os pequenos realizasen diferentes actividades relacionadas co medio ambiente

 
   

      Debuxos, con personaxes moi coñecidos polos cativos, tiñan que ser coloreados, recortados e logo colocados nun panel que representaba o mar, para que, pouco a pouco, fora enchéndose con vida.

 

    Tamén había pezas tridimensionais feitas con pasta de papel (estrelas de mar, árbores, peixes...) que podían pintar con témpera e levalas con eles.

 
         
         
 

 

    Entre o material exposto tiñamos un panel con pezas recollidas nos "paseos costeiros"; unha lámina con "figuras realizadas polas gaivotas" idea copiada do artista guardés Jorge Barbi; panéis con marcas de mariñeiros da Guarda; unha caixa para "o tacto", unha enorme medusa que penduraba do teito realizada con material plástico recuperado logo do seu uso.

 
 

 

      O domingo, último día da Mostra, o Concelleiro de Medio Ambiente, Javier Crespo fixo entrega a ANABAM dun agasallo como recordatorio da nosa presenza nesta mostra. O membro do equipo directivo da nosa asociación, Ricardo Portela Vilas foi o encargado de recoller o agasallo.

 
         

 

 

EXPONATUR EN TUI

  Actualizada o 12-04-2013  
 

 

 

    Tras case un mes de estar exposta en Tui, EXPONATUR acadou un importante éxito de visitas e de crítica a tenor dos parabéns recibidos e das notas escritas no libro de visita.

 

     O didactismo desta exposición e a interactividade da mesma, foi aproveitada por varios centros de ensino (IES Tomiño, IES Indalecio Sánchez Tizón e San Paio, CEIP Pazos de Reis e Caldelasde Tui), para facer unha visita cos seus alumnos.

 

   A única lástima que nos queda e que EXPONATUR non abrira os sábados pola tarde e domingos, días nos que, de seguro, moitas persoas poderían achegarse ata a mesma.

 
         
 

Alumnos do CEIP  de Caldelas de Tui durante a visita efectuada a EXPONATUR na Área Panorámica tudense.

 

 
 

 

Alumnos do CEIP de Pazos de Reis posando logo da visita efectuada a EXPONATUR.

 

 
 

 

Un monitor de ANABAM explica aos alumnos do Colexio de Pazos de Reis do efecto do lixo

nas praias ríos e mares.

 

 
 

 

As veces coincidían alumnos de varios centros de ensino, como neste caso, onde 

observamos alumnos de primaria, ao fondo, e alumnos de instituto.

 
 

 

 

      Alumnos do Ciclo de Forestais do IES de Tomiño, durante a súa visita a EXPONATUR.

 
 

 

 

   Monitor de ANABAM no momento en que explicaba as características dos anfibios e diferentes especies que hai na comarca do Baixo Miño. Os alumnos son de CEIP de Pazos de Reis.

 
         

 

EXPONATUR EN TUI

Actualizada o 10-03.2013

ÁREA PANORÁMICA-TUI

DO 2 AO 23 DE MARZO

De luns a venres:

 

9,30 ás 14.00 horas e

16.30 ás 20.30 horas

 

Sábados:

 

9,30 ás 13,30 horas

 

 

Parte da exposición que se atopa na ärea Panorámica de Tui. Foto Luis Dorado-anabam.

 

EXPONATUR EN TUI contou coa colaboración de:

 

CONCELLO DE TUI

 

TEAM-MINHO

 

COMERCIO "BOLERO"

 

RADIO MUNICIPAL DE TUI

 

IES TOMIÑO

 

CEP CALDELAS DE TUI

 

 
         
 

Parte do público que asistiu á inauguración da exposición.Foto Luis Dorado-anabam.

 

     A inauguración tivo lugar o sábado 2 de marzo ás 18.30 horas contando coa presenza do Alcalde de Tui, Moisés Rodríguez, da Concelleira de Cultura, do Concelleiro de Medio Ambiente, dos membros de ANABAM que fixeron posible esta exposición, da poetisa tudense Emilia Rosende que escribiu e recitou dúas poesías para este evento e de medio cento de persoas que arroupou este acontecimento e que amosou o interese que desperta a mesma.

 

    Presentou aos intervintes no acto previo a apertura da exposición o bibliotecario e coñecido tudense Rafael Bargiela. Tomou a palabra a continuación o presidente de ANABAM que agradeceo ao Concello de Tui a cesión da Sala e a colaboración de cantos se implicaron nesta exposición, sinalando que se inicia en Tui EXPONATUR cun pretendido carácter itinerante. De seguido tomou a palabra o Alcalde tudense que agradeceo que ANABAM elexira Tui para esta primeira posta en escea da exposición e fixo fincapé no labor de ANABAM e na necesidade de preservar a natureza. Rematou este pequeno acto introductoria a poetisa tudense Emilia Rosendo coa lectura de dous poemas escritos por ela mesma.

 

Momento de presentación de EXPONATUR. De esquerda á dereita: Emilia Rosende, poetisa tudense, a Concelleira de Cultura, Agustín Ferreira, presidente de ANABAM, Moisés Rodríguez, Alcalde de Tui e o Concelleiro de Cultura.Foto Luis Dorado-anabam.

Outra vista da sala de exposicións. Foto Luis Dorado-anabam

 

Tal vez EXPONATUR sexa a mellor exposición das realizadas ata agora por ANABAM, tanto polo material exposto coma pola implicación do número de persoas que participaron na preparación e montaxe da mesma, unha ducia de persoas que puxeron todo da súa parte para que EXPONATUR satisfaga as espectativas de cantos interviron na mesma.

 

    A idea levou xestándose pouco máis dun ano, de feito debría estar en marcha na primavera do pasado ano 2012, pero non foi posible e iso permitiu mellorar tanto a montaxe prevista como o material exposto.

 

    Grande parte deste material foi recollido no Baixo Miño galego-portugués. Algúns levan anos con nós e proceden das saídas de campo que se fan semanalmente, outros foron realizados ou recollidos expresamente para esta exposición.

 

    Non é, esta, unha exposición de carteis nin de simple observación. Tratamos de implicar na mesma ao visitante e ten, certamente, un carácter didáctico, divulgativo e, polo dito, participativo. Para os centros de ensino é unha mostra na que  lle poden sacar moito partido, por iso recomendamos a súa visita. Pero tamén está pensada para o público en xeral. Estamos seguros que non deixará indiferente a ninguén.

 

   A Exposición poderá visitarse en Tui ata o día 23 de marzo, segundo o seguinte horario:

 

De luns a venres:

 

9,30 ás 14.00 horas e

16.30 ás 20.30 horas

 

Sábados:

 

9,30 ás 13,30 horas

 

 

 

Outro dos momentos da presentación, con parte do público que asistiu á mesma.Foto Antón Ferreira-anabam

 

 A continuación tódolos asistentes pasaron ao interior das salas para contemplar a exposición. Alí estivemos coa presidenta de ADEGA,  con membros de CEMMA, con biólogos portugueses, con mestres e con moitas persoas que non pertencen a ningún colectivo pero que todas coincidiron en eloxiar o interese desta mostra, o didáctico que resulta a mesma, o traballo realizado. A todos eles temos que darlles as grazas porque as súas palabras nos motivan e nos axudan a seguir cunha laboura conservacionista iniciada hai case que 30 anos.

    Queremos expresar o noso agradecemento a cantos colaboraron para que esta exposición chegara a bo porto. tamén queremos agradecer a Rafael Sánchez Bargiela a súa disposición para que todo saíra ben.

 

membros de ANABAM e colaboradores da asociación pousando en EXPONATUR. Foto: Luis Dorado-anabam

 
         
 

Poden verse as reportaxes do día da inauguración nos seguintes xornais dixitais:

  Reportaxe en Infomiño:

http://www.infominho.com/index.php/id/1/objeto/

15950/claves/ESPECIAL---INAUGURACI%C3%93N-EXPONATUR-2013-EN-TUI

 
       
    Reportaxe en galiciausroeste: http://galiciasuroeste.info/reportaxes2010/exponatur.htm  
         

 

      Actualizada o 15-02-2013  
 

 

 

     A dúas semanas da maior exposición de natureza organizada por ANABAM, seguimos traballando na súa posta a punto. esta exposición, como xa informamos en anteriores ocasións, conta con máis de 100 pezas, unhas realizadas expresamente para a mesma, outras pertencentes ao arquivo científico de ANABAM e outras formando parte do material expositivo da asociación.

    Parte deste material se nutre con elementos atopados nas saídas de campo, outros construídos polos propios membros de ANABAM. Hai maquetas, elementos naturais, dioramas (reproduccións da natureza), etc.

 

   A inauguración está prevista que sexa a partir das 18,30 horas do sábado 2 de marzo, na Sala Municipal de Exposicións da Área Panorámica de Tui. estaremos encantandos de que nos acompañdes ese día. Logo poderá ser visitada ata o día 23 do mesmo mes. Alí tamén haberá algúns traballos escolares de centros de ensinanza primaria de Tui que, deste xeito, se sumarán a esta exposición.

 

   Ademais, os centros que o desexen, poden contactar con ANABAM para levar a cabo unha visita guiada pola exposición.

 

 

      Actualizada o 30-01-2013  
 

 

 

     Será o vindeiro 3 de marzo cando ANABAM inaugure a súa maior exposición relacionada co mundo natural, fundamentalmente do Baixo Miño, pero que haberá, aínda que testimonialmente, algunha representación doutras zonas.

 

     A Área Panorama de Tui foi o lugar escollido por ANABAM para inaugurar esta exposición que poderá verse dende o 2 ao 23 de marzo. Máis de 100 obxectos conforman a mesma, a maior parte recollidos nas saídas de campo ou nas actividades. Haberá un apartado dedicado aos traballos de alumnos de primaria dos colexios de Tui, aos que enviamos invitación, para que, si o desexan, poidan expoñer traballos relacionados coa natureza e medio ambiente nesta exposición.

 
 

 

     EXPONATUR é o nome que eleximos para esta actividade na que vimos traballando dende hai moitos meses. A exposición terá carácter itinerante para que poda ser visitada por aquelas persoas interesadas no mundo natural. Na Guarda tamén estará exposta, aínda que, de  momento, non temos decidido nin local nin datas.

 

    Na imaxe da esquerda, Agustín Ferreira no local de ANABAM preparando parte do material que se exporá en EXPONATUR.

 
         
 

 

       Á esquerda, unha antiga colmea de corcho, de sobreira, que forma parte do material a expoñer.

 
         

 

      Actualizada o 15-12-2012  
         
 

 

     Continuamos traballando en EXPONATUR, a exposición de natureza que poñeremos en marcha o vindeiro ano e cuxa inauguración terá lugar na Área Panorámica de Tui, no próximo mes de marzo. Maquetas, fotografías, material recollido nas saídas de campo, paneis...conformarán esta exposición que conterá con máis dun cento de pezas que amosarán diversos e, nalgúns casos, curiosos aspectos da nosa natureza.

 

 

 
         

 

     

Actualizada o 25-09-2012

 
 

 

PREPARANDO EXPONATUR

 

 

  

 
   

    Xa hai tempo que tiña que estar montada a exposición que leva por título EXPONATUR, pero como acontece habitualmente, aparece algo que nos desborda e vémonos na obriga de deixar de lado a montaxe da mesma.

 

    Así que, agora que parece que diminuiu o noso traballo, imos tratar de darlle un novo pulo a EXPO. Como podemos ver na fotografía, Luis Dorado xa está mans a obra preparando diversos troncos pertencentes a diferentes árbores. Terá que tratalos para evitar que lle entre "o becho", pulilos e preparalos para que queden perfectos cando chegue o momento.

 

     Algúns destes troncos van permitir, ou iso esperamos,  que a xente participe activamente na exposición, por exemplo tratando de adiviñar o número de anos que ten unha determinada árbore; de onde soplaba o vento, que parte estaba máis exposto ao sol, etc.

 

   Enfin, que temos traballo dabondo para estes meses.

 
         

 

      Actualizada o 11-01-2012  
 

 "EXPONATUR"

 

EXPOSICIÓN ITINERANTE 2012

 

     
 

 

    Co título Exponatur ANABAM terá a dispor das entidades interesadas a exposición itinerante que poderá ser solicitada a partir da vindeira primavera e na que se poderá ver unha mostra de diverso material relacionado co patrimonio natural, fundamentalmente do Baixo Miño.

 

 

 

    Imaxe da esquerda: maqueta e gaiola do programa de protección dos niños da píllara papuda desenvolvido por ANABAM nas praias galego-portguesas do Baixo Miño. Este programa serviu de modelo para outros semellantes que se levan a cabo en diversos puntos da Península.

 
         
 

 

     Vitrinas, panéis explicativos, material interactivo..., amosarán unha pequena parte do apaixoante mundo da natureza.

 

 

 

    Imaxe esquerda: Recipientes da colección de area procedentes de diversas zonas tanto da Península coma doutras partes do mundo. A exposición terá un mínimo de 40 mostras.

 
         
 

 

 

 

    As entidades interesadas nesta exposición poderán inscribirse a partir do vindeiro mes de febreiro. A partir de mediados de marzo xa estará disponible para a súa posta en escea.

 

   Os gastos de desprazamento da exposición corren por conta da entidade solicitante que terá que comprometerse a velar pola mesma e facerse cargo de posibles danos que puideran producirse  durante o tempo que estea no seu poder.

 

 

      Imaxe da esquerda: Panel interactivo dos principais cetáceos que varan na costa galega.

 
 

 

 

    

 
 

 

    Imaxe da esquerda: Panel aínda sen rematar cos apéndices dun peixe serra e dun peixe espada. Na parte inferior do panel unha vitrina con diverso material relacionado co mundo do mar.

 
         

 

      Actualizado o 11-08-2011  
 

 

O panel "Queremos o mar vivo", deseñado pola voluntaria Olga Rodríguez, mestra da Gándara (A Guarda), acaparou a presenza dos máis cativos que foron cambiando o lixo, que se atopaba no mar, por un mundo cheo de vida representado por Bob Esponja, Dory, Nemo e outros famosos personaxes.

 

     
NOTABLE ÉXITO DO STANDA DE ANABAM
   

  

     Por segundo ano consecutivo, ANABAM estivo presente na Mostra das Tradicións Mariñeiras da Guarda, xa na súa terceira edición.

 

    Tres membros de ANABAM, Ricardo Portela, Agustín Ferreira e Manuel A. Pombal, xunto cunha voluntaria, Olga Rodríguez e dous pequenos colaboradores, Marta e Marcos Pombal, estiveron ao fronte do stand e, previamente, montando o mesmo.

 

   

 
 

 

Ducias de persoas pasaron polo stand de ANABAM. Podemos dicir que nos dous días que durou a Mostra estivemos sempre "a tope".

 

      O stand de ANABAM nesta edición non desmereceo para nada con respecto ao do pasado ano, acaparando un novo éxito de público tanto infantil, para o que se preparou dúas actividades específicas -maquillaxe e "quero un mar limpo"-, coma para os mozos e adultos que tiveron panéis interactivos para amosar os seus coñecementos en canto aos cetáceos do Baixo Miño e aos peixes de rocha. Pero tamén expuxemos láminas coas marcas dos mariñeiros da Guarda, que chamaron a atención dos visitantes, tanto locais como foráneos; unhas maquetas do proxecto píllara/borrelho; proxección de dous vídeos: un do cantautor local Tino Baz e outro do Serán do pasado ano correspondente á segunda Mostra e material á venda co obxecto de recadar fondos para sufragar os gastos que orixinou esta mostra a asociación.

 

 
 

 

Maqueta representado o "Proxecto Píllara/Borrelho", desenvolvido nesta tempada nas veciñas praias do outro lado do Miño, en Portugal.

 

     Ademais, aproveitamos para continuar ampliando o número de marcas mariñeiras da Guarda, polo que recollemos varias delas e recibimos algunha doazón de material, concretamente cortizas, con marcas.

 

 
 

 

 

Panéis coas marcas mariñeiras recollidas hai anos polo socio e responsable de etnografía, Antón Ferreira.

Suscitaron, ao igual que na pasada edición, o interese do público adulto e, principalmente, dos mariñeiros.

 

 

 

     

Actualizado o 19-07-2011

 
 

 

ANABAM ESTARÁ NA III MOSTRA DAS

TRADICIÓNS MARIÑEIRAS DA GUARDA

 

     Por segundo ano consecutivo, ANABAM estará presente na Mostra das Tradicións Mariñeiras organizadas polo Concello da Guarda.

 

   Ao igual que na pasada edición, montaremos un stand na que a participación do público sexa o principal reclamo, esperando ter o éxito que conseguimos na pasada edición, onde centos de visitantes visitaron o stand e participaron nas diversas actividades que propuxemos.

 

    A fotografía, do noso socio Ricardo Portela, amosa o momento no que o Alcalde da Guarda fae entrega ao presidente de ANABAM, dun agasallo conmemorativo da II Mostra.

 
         

 

Actualizado o 27-07-2010

    

Fotografías: Manuel A. Pombal Diego "Peque"

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo

 

            

    Os días 24 e 25 deste mes de xullo, desenvolveuse no porto guardés a II Mostra das tradicións mariñeiras. ANABAM estivo presente na mesma con stand moi variado e participativo no que, durante as dúas xornadas, non pararon de desfilar persoas interesadas polo que nel había. O stand foi pensado non só como un lugar onde amosar algunhas das actividades que desenvolvemos senón tamén como un lugar de lecer onde pasar uns minutos agradablemente. Polo que parece as expectativas cumpríronse dabondo, tal e como se pode ver nas imaxes que van a seguir. A cousa saiu ben grazas á colaboración dos seguintes socios: Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo; Mª Consuelo González de Dios; Manuel A. Pombal Diego; Marcos Pombal; Ricardo Portela Vilas e Olga Rodríguez Vicente.

 

 

O reloxo dos avós ("O reló dos abuelos"), espertou unha grande curiosidade, pois a maiorparte das persoas descoñecían este método de medir o tempo por parte dos antigos mariñeiros guardeses. Seguro que serán moitas as persoas que porán en práctica esta actividade para coñecer canto falta para que se poña o sol.

 

 

    

As pegadas dos animais na praia, pensado para os cativos, tivo a maior aceptación por parte de mozos e non tan mozos. Algúns dos participantes mesmo foron ata a praia para tratar de coñecer previamente as pegadas in situ. Foi un exame onde ninguén conseguiu un "dez" pero unha grande maioría se estivo no "notable alto".

 

   Marcos Pombal, o cativo do centro da imaxe, encargouse de controlar "as capturas" no departamento de "pesca ecolóxica". Os cativos tiñan que pescar fanecas, peixes sapo, rubios, "cabróns"..., pero iso si, había que respectar as tallas. De non acadar o tamaño mínimo, os peixes debían volver ao mar.

 

No stand puxemos a venda diverso material editado pola asociación, monografías, dvds e outras publicacións. Como se pode ver na imaxe, estabamos ocupados dabondo.

 

   

 

 

 As marcas dos mariñeiros da Guarda, non deixaron indiferente a ninguén. Algunhas persoas mesmo pensaban que se trataba de signos chineses. Os mariñeiros e mariñeiras, achegábanse para ver se nos paneis estaban as súas marcas ou as dos seus familiares, pais ou avós. Aproveitamos para recoller aquelas marcas que aínda non figuraban nos paneis.

 

Estiveron expostas, e mesmo se regalaban, un bo número de pezas de pesca (boias, cortizas, cordas, chumbo, etc, recollidas polo socio M. Pombal nos seus percorridos costeiros. O material aquí exposto é unha mínima parte do que temos almacenado. Calquera mariñeiro, pescador, etc, interesado nestas pezas, pode dirixirse a ANABAM onde poderá velas e facerse con aquelas nas que poida estar interesado.

 

Fetos de golfiño e toniña, estruturas feitas polo verme "sabelaria", mandíbulas de tiburón ou dentes de cetáceos, eran algunhas das mostras que estaban expostas no stand.

 

   

    

Aos participantes nas actividades e aos que mercaban algún produto dos que tiñamos á venda, ANABAM lles agasallaba cun vídeo da Rede Natura da Guarda editado por esta asociación.

 

Actualizado o 10-07-2010

 

     Os vindeiros 24 e 25 deste mes de xullo, ANABAM vai ter un stand na 2ª Mostra das Tradicións Mariñeiras que terá lugar no porto da Guarda.

 

     ANABAM, mantivo dende un principio unha forte vinculación co mundo do mar, non podía ser doutro xeito tendo en conta que esta asociación naceo e ten a súa sede nun concello mariñeiro. Testimonio directo da nosa andaina podemos atopalo nas varias publicacións editadas e nos estudos desenvolvidos por distintos membros da mesma. Artes de pesca, biodiversidade da zona intermareal, varamentos de cetáceos, tartarugas e focas; estudo e recollida de datos de gaivotas; creación do primeiro Museo do Mar que houbo na Guarda; recollida de útiles e aparellos utilizados polos mariñeiros guardeses; exposicións relacionadas co mundo do mar; as marcas dos mariñeiros; recollida de cordas, bollas e plomos; vídeos... e un longo etc, pon de manifesto que ANABAM sempre estivo vinculada ao mundo do mar. Por iso, agrádanos poder participar nesta Mostra organizada polo Concello da Guarda e na que participan outras asociacións, a maior parte das cales tamén están vinculadas con esta temática.

 

 

 

 

 

Feto de golfiño común