GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez (Arriba)

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz (Centro)

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra (Dereita)

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

Área recreativa das Pozas de Mougás

 

Localización

Concello:   Oia

Parroquia: Mougas

Lugar:        Pozas de Mougás

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   511408

                                                                                   Y 4656323

 

Instalaciónns:   - Acceso a diminuídos/as físicos (non está adaptada)

                          - Bancos e mesas

                          -Asadores

                          - Zona de baño

 

Acceso:            Coche: Si (pista forestal)     Autobús : Non

 

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, Abril 2015

 

 

Área coas mesas e asadores

 

Descripción e algúns datos de interes

 

Accedendo dende a casa forestal de Mougás, circularemos por un tramo da Ruta Máxica de Oia no que

 poderemos ver o  Río da Fervenza ou os gravados do Pousiño, ao carón das Pozas do Río Peito, as pozas

están habilitadas para o baño e moi frecuentadas no verán.

Pasaremos pola Área Recreativa para chegar ás Pozas, que están alí mesmo, por iso non será mala idea levar

o xantar para pasar o día no frescor da arboreda que posúe, formada principalmente por castiñeiros,

robles americanos, liquidambar e algunhas pseudotsugas.

 

 

As pozas

 

 Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

 

 

Unha das mesas informativas da Ruta Máxica de Oia, neste caso a do entorno das Pozas   

   

 

Indicadores dos puntos de interes da Ruta Máxica de Oia ao lado da Área