GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

 

Área recreativa O Delirio Poderoso

 Localización

En amarelo a Área Recreativa e en cor vermello o Castelo de Medos

Concello: Tomiño
Parroquia: Estás
Lugar: O Poderoso
Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 517988
Y 4647376

Instalaciónns: - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )
- Fonte de Auga potable
- Bancos e mesas


Acceso: Coche: Si Autobús : Si

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 14-10-2015 ( Excepto * Darío Portela, 05-12-2016 )
 

Monumento a auga de Estás. Autor: José Antúnez Pousa

 Monumento o pobo de Estás. Autor: José Antúnez Pousa

Descripción e algúns datos de interes

 A “Asociación de usuarios de Traídas de Auga de Estás” acondicionou o lugar onde teñen os seus nacentes principais as augas das que se nutren os depósitos das traídas da parroquia.

A disposición da Área recreativa,  as súas esculturas, os camiños, as pontes, a poesía; todo nela xira arredor da figura principal que é a ‘auga’.

Todos os elementos teñen o seu lugar escollido con esmero, nada aquí se fixo ao azar cando os veciños da parroquia iniciaron a creación deste lugar de lecer.

As esculturas en pedra, de Antúnez Pousa, o estanque, o son da auga, as poesías gravadas na pedra de Francisco Álvarez ‘Koki’, invítannos a descubrir os encantos deste lugar.

 Para chegar a esta Área recreativa pasaremos seguramente polos restos da fortificación do “Castelo de Medos ou “Forte de Santiago Carrillo” do século XVII.

Mais información do mesmo no seguinte enlace: http://www.fortalezas.es/conjuntos

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.