GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez (Arriba)

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz (Centro)

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra (Dereita)

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

 

 

Área recreativa da Ermida de Grixó

 

Localización

 

 

Concello:   Tomiño

Parroquia: Stª Mª de Tebra

Lugar:        Grixó

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   519060

                                                                                   Y 4654520

 

Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade

                         - Fonte - Auga potable

                         - Bancos e mesas

                          

 

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Non

 

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, Agosto 2015

 

 

Ermida de Grixo  

  

Romería

Descripción e algúns datos de interes

A Ermida de Grixó está situada moi próxima ao río Cereixo e nela celébrase cada  terceiro domingo de Agosto

a romaría dedicada á coñecida como Virxe de Grixó.

A devoción á imaxe da Virxe é compartida polas parroquias de Stª Mª de Tebra e a parroquia de Barrantes,

que son as encargadas de protexer á Santa en anos alternos na súa igrexa parroquial.

No ano pasado, dende Barrantes, a imaxe da Santa partiu en romaría ata a  Ermida de Grixó, onde foi recibida polos

fregueses de Stª Mª de Tebra; despois de celebrar os actos litúrxicos, xa pola tarde, foi conducida por estes á igrexa

parroquial de Stª Mª de Tebra . En agosto deste ano a Santa fará o camiño á inversa e así sucesivamente como ven

sendo habitual.

O recinto que rodea a Ermida, utilizado polos romeiros, converteuse dese xeito nunha Área recreativa onde poder

gozar mais comodamente das delicias gastronómicas.

 

      Imaxe da Santa

 Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

    Mesas da Área