GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

Índice

IR Á  PORTADA

     

Actualización: 25-03-2015

 

 

Área recreativa Cruz da Portela

Localización                                                                          

 

 

Concello:   O Rosal

Parroquia: Santa Mariña do Rosal

Lugar:        Cruz da Portela

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   510251

                                                                                   Y 4643791

 

Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade (con algunhas restriccións )

                          - Bancos e mesas

                          -Asadores

 

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si

 

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, Marzo 2015

 

 

A Cruz da Portela    

 

Aspecto da Area

Descripción e algúns datos de interes

 

 E está Área a única que dispón o concello, situada en pleno monte, no cumio da estrada que une a costa Rosaleira

 coa Vila do Rosal, dende aí podemos facer ruta por pistas forestais cara aos montes da Valga ou en dirección

contraria, cara ao monte do Torroso.

Temos próxima a esta área, na subida dende Marzán, ao carón da estrada a ermida de San Vicente e inmediata a ela,

 a vila romano-visigótica, da que se conservan dous sepulcros antropomorfos visigóticos dos seculos V-VI .

A contemplación das vistas cara á costa serán seguramente o máis agradecido deste lugar; o rudimentario

das súas mesas personalizan esta Área que será bo lugar para merendar á volta de veranear pola costa ou despois

dun paseo polo monte.

 

 

Ermida de San Vicente    

 

 

Sepulcros visigóticos

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

 

Que mellor que despedir as Áreas do concello do Rosal con unha boa merenda despois dunha saída de campo.

Saúde para todos.