GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

Área recreativa da Caseta dos Cazadores de Mougás

 Localización   

 

Concello:   Oia

Parroquia: Mougas

Lugar:        As Veigas

 

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   511898

                                                                                   Y 4655506

 

Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade – (Non está adaptada)

                          - Fonte de Auga potable

                          - Bancos e mesas

                          

 

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si

 

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 07 -03 -2015

 

 

A Caseta dos Cazadores

 

Descripción e algúns datos de interes

 

 Se subimos dende Mougás a esta área recreativa cruzaremos a Ruta Máxica de Oia, polo “Outeiro da Cheira”,

dende onde teremos vistas panorámicas de Mougás, de seguido atoparemos os petróglifos de  “As Goteiras” e

o recinto fortificado do “Cano dos Mouros” . Tamén pasaremos ao carón do Espacio Privado de Interese Natural

(EPIN) “Sobreiras do Faro” da parroquia de Viladesuso.

 O primeiro que veremos ao chegar á área será a Caseta dos Cazadores;  do arborado chamarán a nosa

atención seguramente os “Liquidambar”, especie empregada no inicio da creación desta área; piñeiros e frondosas

completan o arborado.

 Conta tamén cun regato, o río da Fervenza que discorre pegado a ela.

 

Os liquidambar sin follas á esquerda   

 

Outra perspectiva da área

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

  

O Río da Fervenza