GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

Área recreativa da Casa Forestal de Oia

 Localización                                                                          

 

 

Concello:   Oia                                                                   

Parroquia: Oia

Lugar:        Valdarcas

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   511917

                                                                                   Y 4649709

 

Instalacións:   - Acceso a persoas con discapacidade

                         - Fonte - Auga potable

                         - Bancos e mesas

                          -Asadores

 

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si

 

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, Maio – Xuño 2015

 

 

Ruinas da casa forestal vista dende a súa parte traseira

 

 

Interior da casa forestal

 

Descripción e algúns datos de interese

 

*“Oia, Tui, A Guarda, Baiona y Ponteareas fueron, por este orden, los municipios pontevedreses que acogieron,  a partir de 1909, las primeras repoblaciones forestales en montes vecinales por cuenta de la Administración  del Estado en Galicia...”

 “A fin de atenuar un poco aquella situación de acoso y desamparo que tanto sufrieron las iniciativas repobladoras  en Oia, en 1910 se inicio la construcción de la primera casa forestal en el lugar de Valdarcas...”*

 

* De la reforestación de Pontevedra. El gran proyecto de Daniel de la Sota hecho realidad, 1927 – 1958 ”.

Autor: Rafael López Torre

Edición: Tekla comunicación, 2009

 

 Como se relata nestas citas, a Área recreativa está situada ao carón das ruínas da que foi a primeira Casa Forestal 

da provincia de Pontevedra, este feito engádelle unha importancia histórica a este lugar de lecer que merece ser resaltada.

 Para chegar a Área, se subimos dende Oia, pasaremos polo inicio da Ruta Máxica de Oia. Está próxima ao lugar onde se celebra o curro da Valga, que tamén conta cunha Área recreativa.

 Outro lugar destacable bastante próximo é o Alto do Castelo, no que poden verse os restos dun castro,  ademais

de fermosas vistas sobre a rasa de Oia, este lugar é utilizado para despegar polos afeccionados ao parapente.

 A pesares de estar en ruínas, a casa aínda conserva o seu encanto, e pode imaxinarse o aspecto que puido ter no seu día.

 O que foron, daquela  os hortos, da casa para sustento do ‘guarda’ e a súa familia, son hoxe parte do espazo utilizado como Área recreativa.

O arborado é moi variado, e así podemos atopar  loureiro cereixo (Prunus laurocerasus), diferentes cipreses (Cupresus sp.), alerce europeo (Larix decidua), figueiras (Ficus sp.), liquidambar (Liquidambar styraciflua), carballo americano (Quercus rubra) etc.

 

 

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

 

 

E rematamos o apartado das Áreas recreativas do concello de Oia con esta vista do Mosteiro de Oia