GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez (Arriba)

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz (Centro)

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra (Dereita)

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

 

Área recreativa do Alto do Coello

Localización                                                                           

Concello:   Tui

Parroquia: Randufe

Lugar:        Alto do Coello

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X  526981

                                                                                  Y 4656030

 Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade

                         - Fonte de Auga potable

                         - Bancos e mesas

                          -Asadores

 Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si

 Autor e data das fotografías:  Luis Dorado Senra,  23 - 07 - 2014 

 

 

 

 

Imaxe superior: Monolito que preside o monte e que se mira o chegar dende o veciño Portugal pola

ponte nova da autovía, observese na foto inferior dende o mirador a dereita da imaxe a citada ponte.

 

Descripción e algúns datos de interes

 

  Son principal atractivo desta Área recreativa  os seus tres miradoiros; mesmo teñen un deseño que os fai peculiares

 e moi vistosos, pois neles o cemento finxe formas vexetais (imita troncos e polas de árbores podadas); desde estes

 miradoiros poden contemplarse magníficas vistas do Baixo Miño galego-portugués, na perspectiva que desde alí

 se ten aparece con maior relevancia a contemplación, privilexiada pola  altura deste Alto, da fortaleza que rodea a cidade

 veciña de Valença do Minho.

O arborado da Área  está formado principalmente por piñeiro do país (Pinuspinaster).

Nas proximidades existen diferentes restos arqueolóxicos como mámoas ou petróglifos.

Moi próximo a esta Área atópanse as instalacións do equipo de fútbol Tyde FC, e un pouco mais lonxe,  

a 3,5 Km, o centro de Tui

 

 

 

 

Imaxes superior e inferior: Asadores e mesas da Área

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

 

 

Outro dos miradores con Randufe os seus pes e Portugal o fondo