GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez (Arriba)

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz (Centro)

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra (Dereita)

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

Área recreativa Río da Pedra

Localuzación

 

Concello:   Tomiño

Parroquia: Tomiño

Lugar:        A Pedra

 

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   522773

                                                                                   Y 4649435

 

Instalaciónns:   - Acceso a minusválidos  (non está adaptada)

                          - Bancos e mesas

                          - Zona de Baño

 

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Non

 

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, Maio 2015

Muiño e entrada a Área

Mesas no arborado

 Descripción e algúns datos de interes

 

 Esta área está situada ao carón do río Cereixo ou río Hospital, nela poderemos ver  un muíño dos moitos que ten o río,

o lugar foi utilizado como zona de baño dende antigo, o que deu lugar a súa adecuación como área recreativa, tamén na

tempada de pesca pasarán por  aquí os pescadores e seguramente farán algún lance.

 Dende aquí parte a Senda Fluvial do río Cereixo, cun pequeno percorrido de 1 km por unha das marxes (á esquerda).

O arborado da senda, ao igual que o da área, é o típico dos regatos, poderemos ver  Amieiros (Alnus glutinosa),

Freixos( Fraxinus sp.), Salgueiros ( Salix sp ) etc.

Complementa a esta área o acondicionamento na outra marxe  do río (pertencente á parroquia de Taborda), 

coa colocación de bancos e mesas ao que se accede a través dunha ponte de madeira que une as dúas beiras.

 

 

Ponte que une Taborda con Tomiño

 

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.