GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez (Arriba)

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz (Centro)

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra (Dereita)

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

O PARQUE NATURAL

MONTE ALOIA            

Área recreativa da casa forestal

 

 

 

Localización                                                                       

Concello: Tui

Parroquia: Pazos de Reis

Lugar: Arredores do Centro de Interpretación da Natureza

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X  526575

                                                                                   Y 4658226

Instalacións:     -Acceso a persoas con discapacidade (as zonas das mesas están sen adaptar)

                          - Fonte de auga potable.

                          - Bancos e mesas.

                          - Asadores.

                          - Váteres públicos.

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si  (aparcamento no acceso á casa forestal)

 Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 16 -03 -2014

Co noso compañeiro Manolo    

Mesas por debaixo da Casa Forestal

Descripción e algúns datos de interese

Un dos maiores atractivos desta Área é a antiga Casa Forestal, hoxe centro de interpretación da natureza (a nova casa está ao seu carón), as mesas están situadas en dúas localizacións: a primeira ao carón do regato Tabernas, aquí atópase tamén a senda botánica; a segunda na zona do antigo viveiro, na actualidade poboada de castaños e moi preto da fonte da estrada.

O arborado desta área é moi variado, misturándose as árbores propias da nosa zona coas foráneas, completa está diversidade a xa mencionada senda botánica, que coincide no seu inicio co final doutra das rutas do Aloia, a  ruta do Rego de Pedra.

Mesas por debaixo da casa forestal o carón do rego Tabernas

 Mesas na zona do antigo viveiro

Descripción e algúns datos de interes

    As primeiras mesas e  asadores do Aloia, según datos recollidos no libro editado polo propio parque  “ D.Rafael Areses Vidal. Biografía dun home dedicado ós bosques de Galicia” pensamos nós que son as da baixada da capela de san Xiao á fonte do Santo do ano 1912, e non as que hai no lugar coñecido por Udencias do ano 1911, como se relata no libro, por ser a fonte do Santo o lugar máis próximo á capela de San Xiao, lugar de descanso dos peregrinos que se achegaban ata ela, e por non existir tales na zona das Udencias.

 “ 1912.- Se hace una completa reforma en la escalinata y mesetas de la bajada a la fuente del Santo........despues de limpiar y arreglar el manantial , construyendo una artística alberca y un lavadero, se hermosea el mirador, restaurando sus muros y formando un bonito jardín. Se instalaron numerosas y cómodas cocinas de campaña para que pudieran los romeros y excursionistas preparar sus comidas, sin el peligro que para el monte tenía antes el fuego, que con tal motivo se hacía en cualquier parte.”

O día 5 de Xullo de 1935 foi declarado sitio de interés natural, ( premer no seguinte enlace): 

 http://www.anabam.org/p.n.aloia.historia.html

     Declarouse parque natural o día 4 de decembro de 1978 sendo o primeiro parque natural de Galicia.

    Entre as maravillas que podemos atopar destacan os seus miradores con vistas panorámicas, o monumento ao enxeñeiro D. Rafael Areses Vidal, a muralla ciclópea, a casa dos montañeiros celtas, a ermida de San Xiao, a cruz monumental, a cama do Santo e o árborado diverso formado por especies autóctonas e exóticas. Discurre tamén por esta Área a ruta de sendeirismo Cabana-Cabaciña.

    O alto de San Xiao é tamén lugar de celebración de dúas romarías: a primeira o día 27 de xaneiro na honra de San Xiao e a segunda o primeiro domingo de Xullo para a virxe das Angustias

 

Recomendacións:

En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 16 -03 -2014

 

 

      Ir a.......................Índice

 

Actualización: 5-05-2014