GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez

AXENTE FORESTAL....................... José Miguel Escanciano Maricalva

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

                                            

 

Área recreativa O Eido Vello

 Localización 

 

 

 

Concello:    Tomiño

Parroquia:  Piñeiro

Lugar:        A bouzada

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   524109

                                                                                   Y 4656624

 

Instalaciónns:   - Acceso a persoas con discapacidade

                          - Fonte de Auga potable

                          - Bancos e mesas

                          - Asadores

                          - Parque infantil

                          - Parque adultos

 

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si

 

Autor e data das fotografías:  Luís Dorado Senra, Outubro 2017

 

 

Descripción e algúns datos de interes

 

Coa instalación dun parque infantil no lugar iniciouse o que hoxe en día e xa unha bonita Área recreativa. 

A particularidade desta Área é que no lugar celébrase a “ Romería do Cabalo”. Esta celebración é anual, no mes de xullo e organízaa a Comisión de Festas de San Lorenzo, celebrouse este ano a súa XXII edición.

Un busto en pedra da cabeza dun cabalo, obra realizada polo coñecido escultor tudense xa desaparecido Juan Oliveira, recordaranos que nesta área recreativa os cabalos teñen un recoñecemento especial.

 

O mobiliario da área o completa unha edificación de madeira propiedade da comunidade de montes e de recente instalación, neste lugar a comisión de festas ten un espazo axeitado para organizar os eventos que leva a cabo.

O arborado está formado principalmente por plátanos de sombra que rodean a pista dos cabalos. Grandes eucaliptos ocupan o espazo onde están as mesas, e piñeiros do país rodean a área estendéndose polo monte

 

 

 

 

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.