GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez (Arriba)

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz (Centro)

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra (Dereita)

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

Parque Natural Monte Aloia:     

Área recreativa Muiños do Deique

Concello: Tui

Parroquia: Rebordáns

Lugar: Paredes

 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X    528768

                                                                                   Y  4658792

 Instalacións:     - Acceso a persoas con discapacidade (non está adaptada)

                          - Fonte de auga potable

                          - Bancos e mesas

                          - Asadores

                          - Circuito Ximnástico

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si ( carece de aparcamento )

 Autor e data das fotografías:   Luis Dorado Senra, 16 -03 -2014

Cartel do circuito ximnástico 

 

Presa de regadío

 Descripción e algúns datos de interes

 Área ao carón do rio Deique, na zona coñecida como Muiños de Paredes, por existir varios na zona, que foron restaurados ala polo 1992, son un dos atractivos principais deste lugar.

Tamén ten unha presa de regadío no río Deique que embalsa a auga durante o verán embelecendo o lugar. O arborado desta Área é principalmente de piñeiro americano e, en menor medida, de bidueiros, salgueiros e amieiros. Todos estes aspectos fan desta Área un lugar moi pintoresco.

Ten tamén a súa ruta: a dos Muiños de Paredes que ten o seu inicio ou final na casa forestal, xa que se pode facer de ida e volta.

Imaxe: Mesas cos Asadores

 Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que

 normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

 

Imaxe: Un dos muiños do río Deique

 

      Ir a.......................Índice

 

Actualización: 16-07-2014