GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

Áreas recreativas de Malvesada-Fontenlas e A Molineta

Localización                                                                           

Concello:    Tui

Parroquia:  Areas

Lugar:         Bouza valada

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X   526946

                                                                                   Y 4653136

 Instalaciónns:    - Acceso a persoas con discapacidade

                          - Fonte de Auga potable

                          - Bancos e mesas

                          -Asadores

 Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si

 Autor e data das fotografías: Luis Dorado Senra, 07 -11 -2014   

 

A Molineta

Frondosas e coníferas conforman o arboreto desta Área  

 

Mesas e asadores dispostos nos socalcos circulares

 

Descripción e algúns datos de interes

 

 Trátase de dúas zonas diferenciadas que conforman en realidade unha soa Área dividida en dous pola estrada que

 une Areas e Hospital.

Á dereita indo cara a Hospital pódese visitar a que está ao carón do Viveiro Forestal de Areas, é a parte máis antiga da Área,

situada na parte superior do viveiro e limítrofe co seu lado suroeste estaba incluído este terreo ata os anos noventa

no perímetro pechado do viveiro,  como parte integrante do seu arboreto, foi cedido posteriormente pola Xunta como

zona de recreo, o que é na actualidade.

Configúrase esta Área arredor dun estanque central,  bordeado por unha coroa de Chamaecyparis,  estes dan paso

a máis formacións circulares adaptadas ao terreo e ao espazo da Área, forman socalcos descendentes de moi variado

e extraordinario arborado. Leva o nome de Molineta porque sobre o estanque referido estivo instalado moitos anos

un muíño de vento; servía para sacar a auga do pozo escavado xusto debaixo da plataforma que é o centro

do estanque, naturalmente para utilizala no regadío.

A outra zona da Área está do outro lado da estrada e aproveita unha pequena valgada plantada de castiñeiros híbridos

(Castanea x crenata) desde mediados os anos oitenta. Recibe un dos seus nomes (Fontenlas) dunha pequena fonte

que ten alí seu manancial.

 

 

 

A Molineta

Coroa de Chamaecyparis dende o centro a esquerda da imaxe

 

 

Socalcos concentricos con diferentes especies arbóreas

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

 

Malvesada-Fontenlas

Estanque de regadío e algunhas mesas      

 

 

 

Mesas baixo os castiñeiros

 

 

Actualización: 10-12-2014