GUÍA ANABAM DAS

ÁREAS RECREATIVAS DO BAIXO MIÑO

 

EQUIPO RESPONSABLE

AXENTE FORESTAL..............................................Emilio Alonso Gómez (Arriba)

AXENTE FORESTAL.............. José Miguel Escanciano Maricalva (Esquerda)

AXENTE FORESTAL................................................Ricardo da Silva Diz (Centro)

FOTÓGRAFO................................................................Luis Dorado Senra (Dereita)

 

COLABORADORES...................................................Membros do GT de ANABAM

 

Índice

IR Á  PORTADA

     

Parque Natural Monte Aloia (6):     

Área recreativa de Circos

 

Actualización: 10-08-2014

Localización

 

 

 

Concello: Tui

Parroquia: Pazos de Reis

Lugar: Circos

 

Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T:     X    527748

                                                                                   Y 4656489

 

 

 

Instalacións:     - Acceso a persoas con discapacidade

                          - Fonte de auga potable

                          - Bancos e mesas

                          - Asadores

                          - Parque infantil

                        

 

Acceso:            Coche: Si      Autobús : Si

 

Autor e data das fotografías:   Luis Dorado Senra, 16 -03 -2014 e 18 -5 -2014

 

Lavadeiro co parque infantil ao fondo

 

      Mesas da Área

Descripción e algúns datos de interes

 

Pequena Área situada nun dos límites do Parque Natural Monte Aloia, ten tamén a particularidade de estar situada moi próximaao inicio da Senda dos Muiños do Río Tripes, unha  senda de gran atractivo entre as moitas de que dispón o parque e na que  se celebra no mes de maio a festa “ Os nosos fariñeiros, burros e muiños” organizada pola asociación muiñeiros do ríoTripes e que vai xa pola XIII edición.  http://muineirosdotripes.blogspot.com.es/

 

Conta esta área cuns módulos no parque infantil, por ser moi antigos están xa algo deteriorados. 

Neste lugar,  festéxase polos veciños e forasteiros cada 23 de xuño o San Xoán coa tradicional fogueira, na que non faltanas sardiñas e o viño todo de balde, alomenos ata o de agora.

En tempos (35 anos máis ou menos) chegouse a celebrar neste lugar a festa dos Carozos, con misa de campaña, poxas, rosquilleiras, etc.

Conta esta área tamén con lavadoiro cuberto cun tellado, e  na súa vexetacion destaca un plataneiro de sombra, un piñeiro do país de gran envergadura asi como diversas árbores exóticas e autóctonas.

 

                          

                          Celebración da festa “ os Nosos Fariñeiros, Burros e Muiños”

 

Recomendacións: En xeral, non deixar o lixo nas papeleiras ou contenedores no período invernal xa que

 normalmente non teñen recollida nestas épocas do ano.

 Se ves lume chama ao 085 e para calquer emerxencia ao 112, as chamadas son de valde

 E recorda que a pesares de que os montes teñen propietarios,  disfrutámolos todos.

  

E rematamos o apartado das Áreas do Parque Natural do monte Aloia con este Atardecer na Cruz Monumental