A VALGA (OIA

 (Area Comarcal de Interese Natural

 

POZA DOS CORVOS

 

A PORTELA

VALGA

SERRA DA GROBA

 

      Actualizado o 29-11-2011  
 

      Sábado, 22 de novembro: Tres membros do grupo de traballo de ANABAM, Agustín Ferreira, Ricardo da Silva e Ricardo Portela, levamos a cabo unha visita á Valga, logo das chuvias caídas nestas últimas semanas. Ver a imaxe deste humedal de montaña encharcado, parece alegrar o espíritu e o corpo. Sabemos que estas augas son vida para a Valga, que a paisaxe muda totalmente, que a natureza brilla, literalmente falando, e se reflicte coma se dun espello se tratase, na superficie da lámina de auga que bule por tódolos lados.

 

   A Valga sen auga non é a Valga. É un monte máis. Mesmo parece sen vida. Pero hoxe, sábado 22 de novembro, esta paraxe é un espazo fermoso, vivo, entrañable, impresionante. Durante tres horas, as que nos permitiu a luz do día, buscamos vida, observamos vida e gozamos da natureza. A fotografía da dereita, sacada case que ao final da xornada, parece reflectir esa alegría..., bueno, Ricardo Portela, o da dereita, aparenta seriedade, nada máis.

 

 
 

 

     Zona asulagada a carón da estrada que percorre a zona de A Valga, entre Mabia e o empalme coa baixada a Oia. A abondosa auga permite a presenza de milleiros de individuos de píntegas en toda a área. Esa foi unha das razóns que nos levou ata este humedal, observar eses anfibios que se achegan no período de chuvias a estas zonas para procrear.

 
         
 

 

   Os dous Ricardos con ganapáns para coller píntafontes, observalas e volver deixalas onde estaban. Comprobamos que a maior parte das píntafontes eran machos e aparecían abandosamente. En menor cantidade estaban as píntegas verdes, neste caso a proporcións machos/femias era similar.

 
         
 

 

O escarabello da esquerda corresponde a unha destas dúas especies (non o temos claro) Carabus (Mesocarabus) macrocephalus cantabricus ou ben é Carabus (Oreocarabus) amplipennis. Trátase dun escarabello nocturno, cos élitros soldados, por iso non pode voar, que de día se acubilla baixo pedras, madeira, etc. É carnívoro, probamos un par de veces as súas potentes mandíbulas, que poden chegar a ferir. É un habitante máis da Valga que atopamos nesta visita.

 
         
 

 

   Triturus boscai, pintafontes común, macho. O sexo distínguese perfectamente porque posuer a cloaca de forma redondeada e ostentasamente abultada. Tanto os machos coma as femias teñen no ventre esa cor vermella tan intensa que podemos ver na fotografía.

 
         
 

 

    Triturus marmoratus, píntega verde. Son de moito maior tamaño que as pintafontes, mesmo chegan a se alimentar destas, como xa temos comprobado. Os machos distínguense tamén pola cloaca e por unha cresta que lle percorre lonxitudinalmente o dorso.

 
         
 

 

     Ricardo da Silva observando o que colleu no ganapán.

 
         
 

 

      Agustín Ferreira filmando as píntegas e pintafontes que se atopaban nunha pequena charca de augas transparentes.

 
         
 

 

     Ricardo Portela camiñando pola zona asulagada vendo onde meter o ganapán.

 
         

 

Actualizado o 12-01-2009

     

VISITA EFECTUADA Á VALGA O SÁBADO 10 DE XANEIRO DE 2009.

Área visitada (Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

COORDENADAS:   X: 12      Y: 48     ALTITUDE: Aproximadamente 380 metros.

 

      Tarde soleada pero fría. A visita tiña por obxecto recoller datos principalmente sobre anfibios e réptiles. As condicións meteorolóxicas, temperaturas moi baixas, con abondoso xeo en varias zonas, non eran as axeitadas para o que pretendiamos. A zona visitada está formada por unha fondonada húmida pola que discurre un dos regatos que converten á Valga nun humedal de montaña, aínda que cada vez menos. Suaves lomas de monte baixo e piñeiros de repoboación delimitan o estreito val.

 

FAUNA OBSERVADA: Aves: Papuxa montesa (Sylvia undata); chasca (Saxicola torquata); carrizo (Troglodytes troglodytes); pica dos prados (Anthus pratensis).

                                  Mamíferos: Cabalo de monte (Equus sp); toupeira (Talpa europaea).

                                  Anfibios: Píntega común (Salamandra salamandra), 4 exemplares; salamandriña galega (Chioglossa lusitanica), 1 exemplar; Lagartixa de auga (Triturus boscai); ra verde (Rana perezi).

                                  Réptiles: Lagarta de Bocage (Podarcis bocagei), 2 exemplares.

 

 

 

 

Dous membros de ANABAM, Antón e Peque, observando os petroglifos que hai nunha lousa da zona. (Foto: Agustín Ferreira-anabam)

 

 

Actualizado o 10-05-2008

 

ALGUNHAS DAS OBSERVACIÓNS EFECTUADAS

NA VISITA DO 05-04-2008

 

Facemos neste artigo un breve resumo da visita efectuada por dous membros de ANABAM a un dos espazos naturais máis valiosos do Baixo Miño: A Valga (Oia).    

 

   A Valga é un enclave natural da comarca do Baixo Miño cun territorio repartido entre os concellos de O Rosal e de Oia que forma parte do complexo natural da Serra da Grova.

     Parte deste enclave é un humedal de montaña discorrendo por el varios regatos, a veces de xeito superficial, que permiten parcialmente o asolagamento  de amplas zonas na maior parte do ano chegando algunhas delas a permanecer,  en maior ou medida, encharcadas todo o ano. O resto da superficie conforma un terreo de suaves lomas que, cara ó oeste, acaban en pendentes bastante pronunciadas. Na superficie da zona non asolagada, predominan os piñeiros de repoboación, con talas que se suceden cada certo número de anos. Este enclave está proposto para a súa inclusión na Rede Natura 2000, aínda que non entendemos moi ben como é que a estas alturas aínda non se incluíra na mesma,  xunto co resto da Serra da Grova.

  A visita efectuada o día 5 de abril tiña por obxecto recoller información da flora e fauna do lugar e ver o estado dos regatos e da área que habitualmente permanece asolagada, dada a escaseza de precipitacións habidas nesta tempada outono/inverno. Visitamos tres cuadrículas (véxase o mapa na parte inferior) onde prestamos especial atención á presencia de anfibios en primeiro lugar e de réptiles en segundo lugar, anotando de paso as demais especies que observamos. Lembramos que A Valga tal vez sexa a área herpetolóxica máis importante do Baixo Miño, sendo esta  unha das razóns que nos moven a interesarnos por esta paraxe. 

   Adicamos arredor de tres horas ao traballo de campo nun espléndido día soleado e de temperatura agradable o que nos permitiu levar a cabo os traballos de campo sen agobios. Conseguimos anotar 13 especies de vertebrados, superando a nosa meta que marcamos nun mínimo de 12 anotacións, polo que quedamos satisfeitos ao superar esa marca, mais aínda se temos en conta que desta vez deixamos bastante de lado ás aves.

    Da Ch. lusitanica conseguimos ver tres exemplares, dous deles no mesmo lugar e os tres baixo troncos tirados no chan. Lagartas foron varias as observadas pero soamente fotografamos tres delas, dúas das cales eran Bocagei e unha Hispanica. A iso das 19:30 escoitamos por primeira vez nesta tempada o canto do cuco, que sonou preto de nós, inundando todo o entorno co seu cu-cu

    Como sempre, os sons da natureza vense interrompidos de cando en vez polos vehículos a motor (quads e motos fundamentalmente) que utilizan estes enclaves naturais facendo ruxir os motores e levantando polvareda, todo iso dice ben pouco a favor dos que utilizan estes artiluxios.

 A chuvia, que dende inicios da primavera leva caído -agás nesta última semana-, propiciou que os regatos leven auga suficiente e a chaira estea parcialmente asolagada polo que temos que andar con precaución para evitar enchouparnos na lama. 

Xuvenil de Lagarto arnal

Lacerta lepida

Burato feito polo peto verdeal

Picus viridis

Sapo corriqueiro

Bufo calamita

Equs 

Cabalo de Monte

Carabus (Chrysocarabus) lineatus lateralis.

Escarabello verdexento

Podarcis hispanica

Lagartixa ibérica

Podarcis bocagei

(Lagartixa de Bocage)

Triturus boscai

Lagartixa de auga

FLORA FAUNA

Amarelles (narciso)

(Narcissus bulbocodium)

Rana perezi
Ulex europaeus Salamandra salamandra

Bidueiro

(Betula sp.)

 Pinzón

(Fringilla coelebs)

Piñeiro

(Pinus sp.)

Lagarto arnal

(Lacerta lepida )

Viola

(Viola palustris)

Verderolo

(Carduelis chloris)

 

Píntega rabilonga

(Chioglossa lusitanica)

 

Sapo corriqueiro

(Bufo calamita)

 

Peto verdeal

(Picus viridis)

 

Ferreiro abelleiro

(Parus major )

 

Cuco

(Cuculus canorus)

 

Lagarta dos penedos

(Podarcis hispanica)

 

Lagarta galega

(Podarcis bocagei)

 

Cabalo de monte

(Equus caballus)

 

Eiruga dos piñeiros

(Thaumetopoea pityocampa Schiff )

  Chrysocarabus lateralis
  Chrysocarabus violaceus
   "Mil pes"
 

Grupo de eirugas da procesionaria.

 

Chioglossa lusitanica

Salamandriña galega.

Peque, levantando un tronco de piñeiro  na procura de anfibios e réptiles.

 

 
 

 

 

Actualizado o 25-12-2007

 

A SECA DO OUTONO

 

Dende hai máis de dúas décadas, os membros de ANABAM vimos periodicamente visitando A Valga, enclave pertencente na súa meirande parte ao municipio de Oia e, en parte ao do Rosal. É este un humedal de montaña que leva anos sendo castigado polas captacións acuíferas e drenaxes que acaban secando parte do terreo durante o verán, algo que dificilmente ocorría ata hai algo máis de vinte anos. Pero este ano a seca do outono, e parece ser que continuará a mesma tónica neste inverno, incide de tal xeito no humedal que, por primeira vez desde que visitamos esta área, atopámola totalmente seca agás pequenas e cativas charcas distribuídas aquí e acolá,  que conseguen manter unha escasa cantidade de auga que apenas serve para lembrarnos que estamos nunha zona potencialmente encharcada.

 

     A Valga e a súa área de influencia é, dende o noso punto de vista, a área máis rica e interesante de todo o Baixo Miño herpetoloxicamente falando. Os anfibios son os que inicialmente han pagar as consecuencias desta seca. As píntegas e as lagartixas de auga tiñan que estar xa nesas charcas e regatos de augas mansas cumprindo o ciclo reproductor. Pero o único que conseguimos ver nunha recente visita levada a cabo neste mesmo mes de decembro foi algún que outro exemplar acubillado baixo as pedras. 

 

    

 

Así atopemos o leito dun dos regatos que discorren por esta superficie. Nunca, dende que existe ANABAM como tal (camiño de 23 anos) vimos cousa semellante e menos aínda no mes de decembro, cando a auga tiña que circular por este leito en abundancia.

 

 

Outra das zonas que tiñan que estar asolagadas. O terreo está tan seco que mesmo parece que por aquí nunca houbera un arroio.

 

 

 

Por fin conseguimos atopar unha pequena fondonada onde se acumula unha certa cantidade de auga.

Pero non conseguimos ver nela ningunha píntega nin lagartixa de auga.

 

     A biodiversidade da Valga está sufrindo nesta tempada unha dura proba da que non sabemos como sairá. Esperemos que o aguante que parecen ter os anfibios sexa, en efecto, un xeito  máis de autoprotexerse e que podan chegar a que a inusual seca que estamos a padecer, non lles afecte demasiado e podan aguantar ata que as abondosas chuvias volvan facer acto de presencia.