A PORTELA

 

 

POZA DOS CORVOS

 

A PORTELA

VALGA

SERRA DA GROBA

 

      Actualizada o 11-01-2012  
         
     

      A primeira saída de campo deste ano 2012 recén iniciado, realizámola á Portela, do termo municipal de Oia, paraxe corresponde á Valga, pertencente ao Complexo da Serra da Grova.

 
   

     É esta unha ampla extensión na que os catro membros de ANABAM que participaron nesta saída (Manuel A. Pombal, Ricardo da Silva, Antón Ferreira e Agustín Ferreira) prospectaron unha superficie aproximada dunhas 12 hectáreas, recollendo diversa información de campo e da paisaxe.

 

     A principal vía de comunicación é a estrada que vai cara a Torroña e que parte de Oia.

 

    Esta paraxe, de suave pendente e lomas redondeadas, está formada principalmente por monte baixo (toxal, uceiras), pastos e, como cobertura arbórea principal, eucalipto. Destaca un estreito regato estacional e pequenas acumulacións superficiais, tamén estacionais, de auga.

 
         
   

Case que no centro da imaxe unha pequena charca estacional que contribúe a crear o hábitat axeitado para algúns poucos pintafontes, píntegas e ras.

 
         
   

       O monte baixo está formado primordialmente por toxo e sobre todo uces. Mesturado con estes algún pasto.

 
         
   

     Na zona existe unha instalación de enerxía solar que ocupa 3.500 metros cadrados.

 
         
   

       Vista do Monte Corroubelo dende a Portela,  vértice xeodésico con 600 metros de altitude. É unha das máximas alturas da comarca.

 
         
   

          Vista dos arredores da Pedrada. Á esquerda unha canteira e a dereita plantación de kiwi.

 
         
   

      Estreito regatiño estacional. A auga procede da escorrentía das ladeiras próximas.

 
         
   

      Plantas acuáticas presentes no regatiño anteriromente citado. Ranunculo sp, con algunha flor fora de época.

 
         
   

      O pasto é aproveitado polo gando cabalar que pace en réxime de semilibardade pola zona.

 
         
 

 

FAUNA REXISTRADA

      Talpa sp..................................Toupeira

     Trituris boscai...........................Pintafontes común

     Anthus pratensis.......................Pica dos prados

     Turdus merula...........................Merlo común

     Turdus sp.................................Tordo

     Sylvia undata............................Papuxa montesa

     Troglodytes troglodytes.............Carrizo

     Corvus corone..........................Corvo viaraz

     Sturnus unicolor........................Estorniño negro

     Gallinago gallinago....................Becacina cabra