A  INSUA

(ILLA FORTALEZA)

 

Equipo de Campo: Carlos Angíliza Entenza, Silvia Bautista Salgueiriño, Luis Dorado Senra; Agustín Ferreira Lorenzo, Antón Ferreira Lorenzo, Noé Ferreira Rodríguez,  Mª Consuelo González de Dios, Manuel A. Pombal Diego, Ricardo Portela Vilas, Fco. Javier Sánchez González e Ricardo da Silva Diz.

 

 

 

Autor fotografía: descoñecido.

 

Na boca do río Miño, entre Moledo, á esquerda, e á praia de Camposancos, á dereita,

áchase este illote granítico totalmente amurallado e que un día foi convento, fundado por

frades galegos, e fortaleza. Nunca foi utilizado como prisión, como adoitamos oír ás

veces. Aves, como os corvos mariños, utilízano ao atardecer como dormideiro.

(Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam)

 

      Actualizada o 20-11-2014  
 

COÑECER A ILLA FORTALEZA DA INSUA

 

 

Texto: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam

 

 
 

 

     A Ínsua é un illote totalmente fortificado, situado no centro da desembocadura do Miño, pertencente a Portugal.

 

     Dista da praia de Moledo uns 400 metros e da praia do Puntal (Camposancos) 1300 metros.

 

     A superficie da illa é aproximadamente de 4 hectáreas.

 

     O convento que hai no seu interior foi fundado por tres frades galegos no ano 1392. A capelada foi consagrada a Santa María da Ínsua. A fortaleza foi mandada construir polo rei D. Joao IV no ano 1649. A súa construción finalizou no ano 1652. A finalidade desta fortaleza era defender á entrada do río das invasións producidas polos corsarios ingleses.

 

    

Fotografía obtida a finais da década dos oitenta polo autor deste artigo. O interior da fortaleza amosa o estado ruinoso que presentaba. Moitas pezas, incluídas imaxes da capela, foron obxecto de actos vandálicos e de roubos.

 

Foto: Carlos Magalhaes-ANABAM

 
         
 

 

     A lenda conta que houbo varios miragres, o máis destacado é o que fae referencia ao sono que tivo Frai Diego (fundador do Convento) no que se lle apareceo a Virxe para indicarlle onde tiña que escavar coa finalidade de atopar unha fonte de auga doce. Fonte que, ao parecer, é unha das tres que hai no mundo con estas características, ou sexa, un pequeno illote rodeado de mar e na que se atopa auga doce.

  

    A artillería consta de dous canóns que aínda se atopan, ubicados nas murallas.

 

    A Illa fortaleza da Insua foi declarada Monumento Nacional Portugués polo decreto do 16 de xuño do ano 1910.

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM

 
         
 

 

        Escudos gravados en pedra na entrada ao forte.

 

 

 

 

 

 

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM

 

 
 

 

 

 

 
 

 

      Unha das curiosidades que se producen periodicamente é a de que unha vez cada século, a acumulación de area permite o paso a pe dende terra firme á illa. Os tres últimos destes fenómenos tiveron lugar nos anos: 1845, 1947 e, o máis recente, no 2001.

 

 

 

Fotografía da esquerda: varias persoas se dirixen cara a lingua de area que une a praia de Moledo coa Insua no mes de abril do ano 2001, última vez, polo de agora, no que se puido pasar a pe á illa fortaleza.

 

 

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM

 

 
 

 

 

 

 

 

      Actualizado o 11-09-2007  
 

PESQUEIRA NA INSUA

 

  Texto e fotos: Agustín Ferreira Lorenzo-anabam  
 

 

 

 

 

A Insua é un illote rochoso, practicamente convertida toda a súa superficie nunha fortaleza, que se atopa ubicada na desembocadura do Miño, xustamente onde as augas do río e do mar se xuntan, zona que se coñece como "a barra". 

 

      Agás ao Nordeste, que é areoso, toda a súa superficie está bordeada de granito onde bate, con máis ou menos forza, o mar aberto. Este illote-fortaleza, é un bastión emblemático do Miño e particularmente da súa desembocadura.

 

Aos pés da Insua, poden verse os restos dunha antiga pesqueira que debeu funcionar posiblemente ata o século XIX. 

 

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM

 

 
         
 

 

    Os restos da antiga pesqueira, cubertos de algas verdes e parcialmente soterrados pola acumulación de area, aínda poden verse durante a marea baixa. Estas construccións pétreas, de forma semicircular, foron utilizadas con anterioridade ao século XX, e xa no século XVIII estaban presentes na zona. Na veciña marxe galega atópanse os restos de seis delas.  Sería interesante e positivo tratar de recuperalas como parte do patrimonio etnográfico do río, sen embargo ata agora, ningunha administración se preocupou da súa reconstrucción e posta en valor, polo que esta é unha das moitas asignaturas pendientes que aínda quedan por aprobar.

 

 

Foto: Agustín Ferreira Lorenzo-ANABAM