"Carabus (Rhabdotocarabus) melancholicus costatus" - Asociación Naturalista "Baixo Miño" (ANABAM)

ANABAM
Apdo 59 (Calvario, 44-baixo) 36780-A Guarda (Po) Móbil-WhasApp: 61 61 80 557 Correo electrónico: anabam.anabam@gmail.com
ANABAM
Vaya al Contenido

"Carabus (Rhabdotocarabus) melancholicus costatus"

BIODIVERSIDADE > FAUNA > ENTOMOLOXÍA
por Agustín Ferreira Lorenzo
Primeira actualización: maio, 2013
Última actualización: xuño, 2020.

Filo: Arthropoda
Clase: Insecta
Orde: Coleoptera
Familia: Carabidae
Xénero: Carabus
Especie: C. melancholicus

Status: Especie escasa no Baixo Miño.
Alimentación: Depredador nocturno. Aliméntanse de miñocas, entre outros pequenos animais.
O exemplar localizouse baixo unha pedra.
Alto da Groba, Oia.
27/IV/2013. Foto: agufelo-anabam
CADRÍCULA
DATA
LUGAR
OBSERVADOR
X:5143
Y:46572
27/IV/2013
Alto da Groba (Baiona)
Agustín Ferreira Lorenzo (ANABAM)
X:510
Y:46354
01/IV/2016
Praia de Camposancos (A Guarda
Agustín Ferreira Lorenzo (ANABAM)
X:5143
Y:46572
17/III/2018
Alto da Groba (Baiona)
Agustín Ferreira Lorenzo (ANABAM)
X:5143
Y:46572
13/VI/2020
Alto da Groba (Baiona)
Agustín Ferreira Lorenzo (ANABAM)
O exemplar localizouse baixo unha pedra.
Alto da Groba, Oia
17/III/2018. Foto: agufelo-anabam
    C. melancholicus é un coleóptero que parece escaso no Baixo Miño e zonas adxacentes a esta bisbarra, de feito, nós só témolo localizado en dous puntos concretos, aínda que, evidentemente ten que estar presente noutros lugares da mesma.
     Os exemplares observados presentan unha cor cobriza, con tres costelas moi pronunciadas en cada élitro.
    O pronoto presenta un sulco lonxitudinal e unha depresión a cada lado.
O exemplar localizouse baixo un tronco depositado pola marea.
Praia de Camposancos, A Guarda.
1/IV/2016. Foto: agufelo-anabam
O exemplar localizouse baixo unha pedra.
Alto da Groba, Oia
13/VI/2020. Foto: agufelo-anabam
HÁBITAT NO QUE SE ATOPARON OS EXEMPLARES


PRAIA DE CAMPOSANCOS:
NOME DO TRAMO:  Puntal.
ALTITUDE: 2 m.
CARACTERÍSTICAS:
    Praia de area, aabrancazada e relativamente fina, bordeada de vexetación dunar na súa parte leste; de rochedos polo norte; rochedos e mar polo oeste e continuación da praia polo sur.


Á dereita: Tramo da praia do Puntal, Camposancos,
onde se localizou un exemplar da especie tratada. 1 abril 2016.
Foto: agufelo-anabam
Poza Negra co nivel de auga bastante baixo. 13 xuño 2020.
Foto: agufelo-anabam

ALTO DA GROBA:
NOME DA CHARCA:  Poza negra.
ALTITUDE: 634 m.
CARACTERÍSTICAS:
    Poza utilizada como bebedoiro para o gando que pasta ceibe polos arredores.
    Auga procedente da chuvia, polo que durante os meses de verán diminúe a cantidade de auga e, mesmo, chega estar en seco.
    Forma circular cun perímetro duns 92 m e unha superficie aproximada de 618 m cadrados.
    O perímetro está bordeado de pedras soltas case todo el.
    Carece de vexetación.
    Habitualmente sopla vento que chega, mesmo nos meses de calor, ser frío.


Regreso al contenido