ÁRBORES  E  ARBUSTOS 
EXTRAORDINARIAS  DO  BAIXO  MIÑO
Guía ANABAM das

A SOBREIRA DE PEXEGUEIRO

(TUI)

Actualizada o  17-07-2012

Nome científicoQuercus suber

 Nome común galego:  Sobreira, corticeiro

 Nome común castelán : Alcornoque

 Idade estimada:  máis de 300 anos

 Localización

 Concello: Tui

 Parroquia: Pexegueiro

 Lugar: O Monte, en finca particular.

 Coordenadas Datum WGS 84, huso UTM 29 T: X 524317   Y 4654766

 Altitude: 204 metros

 Data fotografías e autor:   28 – 6 – 2012     Servando González “Vandi”

 Medidas

 Altura  : 12 metros                                             

 Diámetro  a 1,30 m do chan:2,19 metros

 Perímetro a 1,30 m do chan : 6,90 metros 

 

 

 Observacións: É a sobreira co perímetro máis grande das que coñecemos no Baixo Miño, xunto ca sobreira coñecida por “Carballo verde “ en Tomiño, xa presentada nestas fichas. Atópase en bo estado de conservación.

 Os donos non poñen problemas para que se poida ver este fermoso exemplar e desde aquí amosámoslle o noso agradecemento a Joni e o seu avó e propietario da Sobreira.

 

PORTADA         FLORA         ÍNDICE ÁRBORES EXTRAORDINARIAS